Skip to main content

Presentada la marca Mejillón de Galicia en el XXI Salón Internacional del Club de Gourmets

La marca Mejillón de Galicia se dio a conocer en el XXI Salón Internacional del Club de Gourmets que se celebra en Madrid y en el que participan 1.300 expositores de 14 países. Entre los asistentes figuran una veintena de empresas gallegas y otras tantas instituciones que encuentran en este salón una interesante ventana promocional.

Además, en esta edición Galicia es la comunidad invitada al conocido como Taller de los Sentidos: una actividad abierta al público que permite dar a conocer los productos gastronómicos típicos de Galicia que también degustan los expertos en este salón.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de las Consellerías de Pesca e Asuntos Marítimos y de Medio Rural:

Galicia protagoniza o Taller dos Sentidos do XXI Salón Internacional do Club de Gourmets, como comunidade autónoma convidada do Certame. Galicia accede, desta forma, a un escaparate privilexiado a partir do que presentar tanto as súas riquezas e particularidades gastronómicas como os seus atractivos turísticos. O XXI Salón Internacional do Club de Gourmets ten unha superficie de exposición de 16.940 m2 e conta ata o xoves 19, cunha presenza total de 1.306 expositores no recinto Feiral do Casarío de Madrid. O Certame foi inaugurado polo subsecretario de Agricultura, Pesca e Alimentación, Santiago Menéndez de Luarca, o conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia, Alfredo Suárez Canal e a conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego, entre outras autoridades.

Desde o Taller dos Sentidos, a única zona do Salón aberta ao público en xeral, Galicia ten a oportunidade de achegar o mundo da alimentación aos consumidores (nenos e adultos), sendo unha oportunidade única para que os visitantes poidan familiarizarse cos produtos que se exhiben para profesionais nesta Feira. Catas comentadas, conferencias e degustacións axudan a un mellor coñecemento do sector.

Así, na primeira xornada, as denominacións de orixe do Mexillón, a Pataca, o Lacón e os viños da Ribeira Sacra de Galicia presentaron os seus produtos, mediante degustacións ás que asistiu unha nutrida representación de público, encantado de descubrir e comprobar as bondades nutricionais e as posibilidades gastronómicas destes produtos.

Unha empresa galega é tamén a encargada do restaurante e o bar de tapas do Recinto Feiral, co cociñeiro Luís Ferreiro, do establecemento Ruta Xacobea á fronte, que serve, durante os catro días de duración do certame un menú elaborado a base de produtos galegos de calidade.

O Salón tamén acolle a celebración da V edición de Gourmetquesos, a final da Cata Concurso dos mellores queixos de España. Na categoría “Vaca Mozos”, dos 8 queixos a concurso, 5 son galegos, das DD.OO.PP. Queixo Tetilla, Arzúa-Ulloa e San Simón da Costa. Na categoría “Vaca Curados”, 3 dos 8 queixos a concurso son tamén de San Simón da Costa. O xoves coñeceranse os resultados do concurso.

A Consellería do Medio Rural estará presente, como expositora, cun stand de 198 m2, no que se sitúan 21 empresas relacionadas co sector agroalimentario. Neste pavillón terá lugar unha importante actividade comercial, mediante citas de negocios preestablecidas, degustacións e presentacións promocionais aos clientes.

Como Comunidade Autónoma convidada, Galicia dispón, ademais, de 288 m2 nunha área institucional onde sitúanse os 17 Consellos Reguladores das Denominacións de Calidade (16 de Medio Rural e 1 de Pesca); e os organismos Galicia Calidade e Turgalicia. Os distintos CC.RR. ofrecerán degustacións e explicacións do feito diferencial dos nosos produtos agroalimentarios. Pola súa banda, Galicia Calidade e Turgalicia contarán tamén con espazos promocionais que van destacar a importancia da vinculación entre a gastronomía e o patrimonio rural galegos. Neste sentido, é salientable que a gastronomía é a segunda razón pola que os visitantes deciden achegarse a Galicia, polo que no Salón tamén haberá espazo para a súa promoción como turismo gastronómico de calidade.


R.