Skip to main content

Emigración y la Fundación Galicia Salud mejorarán la sanidad de los gallegos residentes en Buenos Aires

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Secretaría Xeral de Emigración:

O Consello da Xunta autorizou que a Secretaría Xeral de Emigración estableza un marco de colaboración coa Fundación Galicia Saúde coa fin de contribuír á atención das necesidades sanitarias e socioasistenciais básicas daquelas persoas de orixe ou ascendencia galega residentes en Bos Aires que se atopen en situación de vulnerabilidade.

O departamento de Emigración do Goberno galego acorda coa Fundación Galicia Saúde, responsable de planificar e executar as actuacións en Arxentina, dous programas, por unha parte, de condonación e bonificación de cotas sociais en función da situación económica, a idade e a antigüidade como socios dos beneficiados, e por outra, de realización de consultas, prácticas médicas e ingresos hospitalarios de persoas en risco de exclusión social.

A Secretaría Xeral de Emigración, coa sinatura do convenio, achegará a contía de 300.000 euros, que se distribuirá entre os distintos programas de acordo co seguinte: 110.000 euros para o programa de condonación e bonificación de cotas sociais, e 190.000 euros para o programa de realización de consultas, prácticas médicas e ingresos hospitalarios.

O convenio estende a súa vixencia dende a súa sinatura ata o 31 de decembro de 2007.

A Fundación Galicia Saúde ten como obxecto a xestión e administración hospitalaria da Mutual do Centro Galego de Bos Aires, co compromiso de dar cobertura a todos os seus asociados presentes e futuros, na súa maioría persoas de orixe galega e descendentes destas. Este hospital presta, en colaboración coa Xunta de Galicia e de xeito excepcional, cobertura sanitaria gratuíta ás ditas persoas, sempre que se atopen en situación de e que non podan afrontar o pago das correspondentes cotas sociais, gastos de asistencia sanitaria e adquisición de medicamentos a prezo de mercado.
R.