Skip to main content

PSA Peugeot-Citroën impulsará medidas que favorezcan la igualdad de oportunidades

Vicepresidencia de la Xunta de Galicia y PSA Peugeot-Citroën de Vigo firman un convenio de colaboración por el que la empresa fabricante de automóviles se compromete a impulsar medidas que favorezcan la igualdad de oportunidades. El vicepresidente de la Xunta y el director de PSA en Vigo firmaron este protocolo por el que se promoverá el acceso de las mujeres a la empresa en igualdad de condiciones. El acuerdo presta especial atención a las mujeres víctimas de la violencia de género.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Vicepresidencia de la Xunta de Galicia:

A Vicepresidencia da Xunta e o grupo PSA Peugeot Citroën Vigo porán en marcha medidas para promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na factoría viguesa. Así se recolle no protocolo de colaboración asinado entre o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana e o director de PSA Peugeot Citroën Vigo, Pierre Ianni.

A Vicepresidencia e PSA Peugeot Citroën pretenden levar a cabo accións conxuntas de colaboración para o desenvolvemento profesional das mulleres no sector do automóbil, contribuíndo así a promover a súa incorporación ao mundo laboral. Prestarase especial atención a aquelas mulleres que teñan sido vítimas da violencia de xénero.

A Vicepresidencia, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, apoiará á factoría viguesa no desenvolvemento do plan de Igualdade e no deseño de actividades encamiñadas a promover a igualdade de trato de mulleres e homes no acceso ao emprego.

En virtude do protocolo asinado en Vigo esta mañá, a Vicepresidencia tamén impulsará campañas de sensibilización para concienciar sobre a necesidade de que homes e mulleres asuman, de maneira igualitaria, as responsabilidades familiares e domésticas, co obxecto de conciliar os ámbitos familiar e laboral. Neste senso, a Vicepresidencia quere que se estimule o uso de premios, licencias e excedencias que contempla a lei en materia de conciliación.

Pola súa banda, PSA Peugeot Citroën comprométese a favorecer o traslado das traballadoras da empresa que sexan vítimas de malos tratos a algún dos seus centros en Galicia ou no resto do territorio do Estado, se así o solicitan. Igualmente, impulsará medidas tendentes a favorecer a conciliación da vida laboral e familiar.

A empresa tamén se compromete a fomentar o acceso da muller a aquelas especialidades técnicas e cualificacións profesionais onde hai pouca participación feminina, así como aos postos de responsabilidade en igualdade de condicións.

Este protocolo enmárcase nas liñas de actuación recollidas no V Plan do goberno galego de Igualdade de mulleres e homes, que a Vicepresidencia está a desenvolver a través da Secretaría Xeral da Igualdade.

A Vicepresidencia, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, e a planta de PSA Peugeot Citroën colaboran tamén, no marco da iniciativa europea EQUAL, no desenvolvemento do proxecto ARCO, co que se pretende establecer un referencial para as empresas en materia de igualdade.


R.