Skip to main content

Primera reunión de la Comisión de Seguimiento del convenio entre Pesca y Fomento sobre salvamento y lucha contra la contaminación

La Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos de la Xunta de Galicia acogió la primera reunión de la Comisión de Seguimiento del convenio de colaboración entre la Xunta de Galicia y el Ministerio de Fomento para regular la cooperación entre ambas administraciones en materia de salvamento marítimo, prevención y lucha contra la contaminación marina, y seguridad de la actividad pesquera.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos de la Xunta de Galicia:

Este acordo fora asinado polo presidente do Goberno galego, Emilio Pérez Touriño, e a Ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, o pasado mes de setembro en Madrid.

Nesta primeira reunión, presidida polo director xeral de Recursos Mariños, Antonio García Elorriaga, abordáronse cuestións como os informes elaborados polo grupo de traballo encargado de realizar o seguimento técnico do convenio, o procedemento operativo de actuacións conxuntas en caso de emerxencia no mar ou o protocolo de comunicación en tempo real para o intercambio de información relativa a emerxencias. Así mesmo, analizouse o plan de exercicios programados polas dúas administracións (24 en total dende a sinatura do actual convenio, incluíndo o simulacro extraordinario realizado na Ría de Vigo o pasado mes de abril) e puxéronse os primeiros chanzos para a programación de novos exercicios conxuntos.

Por outra banda, e tamén no marco deste convenio, a Consellería de Pesca ofreceu o seu apoio á Marina Mercante para a realización de programas de divulgación sobre seguridade marítima e medio ambiente, tanto nos que xa se están a desenvolver en confrarías para a pesca profesional, como na campaña sobre seguridade nas embarcacións de lecer que está próxima a ser presentada pola administración marítima. Ademais, na xuntanza o director xeral de Recursos Mariños solicitou a inclusión dun representante de Pesca nos grupos de traballo creados ao abeiro do acordo tripartito de ámbito estatal, entre os ministerios de Fomento, Traballo e Pesca, en materia de seguridade marítima na actividade pesqueira.

Na xuntanza celebrada en Santiago participaron por parte do Ministerio: o subdirector general de Seguridad Marítima y Contaminación da Marina Mercante, Francisco Suárez-Llanos Galán; o xefe da Área de Contaminación Marítima, Javier Villanueva Santaulari; a directora da Sociedad de Salvamento y Seguridad Marítima (Sasemar), Pilar Tejo Mora-Granados; o xefe do Centro Nacional de Coordinación de Salvamento Marítimo, Pedro Sánchez Martín; o sub-xefe do Centro Zonal de
Coordinación de Salvamento Marítimo de Fisterra, Manuel Iglesias, así como o Consejero en Galicia en materia de loita contra a contaminación do Director General da Marina Mercante, Francisco Alonso.

Por parte da Xunta de Galicia, asistiron, ademais do director xeral de Recursos Mariños, o subdirector xeral do Servizo de Gardacostas da Consellería de Pesca, Pedro Siaba Piñeiro; a directora xeral de Protección Civil, Mª Ester González Saavedra; a directora de Portos de Galicia, Ana Isabel Calzadilla Bouzón, e a subdirectora xeral de Calidade Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, María José Echevarría Moreno.

O obxectivo do convenio asinado o pasado mes de setembro foi o de establecer a colaboración entre a Consellería de Pesca e o Ministerio de Fomento no desenvolvemento de protocolos e plans de actuación de cara a coordinar as actividades no ámbito do salvamento marítimo, de acordo co establecido no Plan Nacional de Salvamento 2006-2009. Desta forma, o documento determina que os centros de Salvamento Marítimo do Ministerio de Fomento de Fisterra, A Coruña e Vigo son os que dirixen as operacións de busca e loita contra a contaminación, utilizando os seus propios medios e os que o departamento de Pesca pon á súa disposición.

Deste xeito, o acordo rubricado por Pérez Touriño e Magadalena Álvarez permitiu establecer un mando único e que tanto os equipos da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos como do Goberno Central funcionen como unha unidade en caso de necesidade. Así mesmo, o documento contempla a mellora na formación de todo o persoal implicado neste tipo de actuacións e así o puxeron en práctica cos cursos aos que asistiron no Centro Jovellanos de Xixón.

O acordo inclúe, en materia de salvamento marítimo, o desenvolvemento e implantación de procedementos de activación, operativos e de comunicacións para unha maior eficacia co establecido no Plan Nacional de Salvamento. Tamén recolle a realización periódica de exercicios e prácticas conxuntas.

No tocante á prevención e loita a contaminación marítima, o convenio recolle a colaboración entre as dúas administracións no estudo e desenvolvemento de plans de protocolos para o intercambio de información e o emprego coordinado dos medios materiais e recursos dos que tanto o
Servizo de Gardacostas como Fomento dispoñen nesta materia.

Finalmente, o documento fai fincapé tamén na colaboración no ámbito da actividade pesqueira e de seguridade dos buques pesqueiros. Neste apartado, as partes asinantes apostaron por armonizar os procedementos para as autorizacións dos barcos de pesca que sexan competencia das partes, e dos despachos de ditos buques. Ademais, tamén contempla o intercambio da información precisa para as actividades sinaladas e de cantos datos poidan ser de utilidade para ambas as dúas administracións en relación coa seguridade da vida humana no mar, salvamento e loita contra a contaminación.
R.