Skip to main content

Pesca dona al Museo de Historia Natural de la USC el ejemplar de Anchova capturado en Portosín

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos doará ao Museo de Historia Natural Luis Iglesias, pertencente á Universidade de Santiago de Compostela, o exemplar de Anchova capturado a comezos deste mes no porto náutico de Portosín por dous veciños da zona. Concretamente foi o pasado 3 de xuño cando unha Anchova Pomatomus saltatrix (Familia Pomatomidae) de 75 centímetros de lonxitude total e catro quilogramos de peso foi avistada na área portuaria desta localidade coruñesa.

Tras ser capturado o peixe foi entragado á Consellería onde foi estudado por técnicos da Unidade Técnica de Pesca de Baixura (UTPB) do departamento que dirixe Carmen Gallego. Unha vez rematadas as análises o exemplar será doado ao Museo Luis Iglesias para a súa conservación.

A Anchova é un peixe cosmopolita e peláxico de augas subtropicais e temperadas que pode chegar ata os 130 centímetros de lonxitude e que, noutras latitudes, é obxecto de pesca comercial e deportiva. A súa distribución habitual no Atlántico Este abrangue dende o Sur de Portugal ata Sudáfrica.

A presenza de peixes mariños de afinidades tropicais en latitudes máis ao norte da súa distribución habitual é un fenómeno detectado xa dende fai varias décadas, que alcanza ata as costas inglesas e incluso máis alá, e que está ligado probablemente a efectos do cambio climático e quencemento das augas. Galicia é un bo representante deste fenómeno sendo numerosas as especies de carácter tropical que están aparecendo nas nosas costas nos últimos anos, entre as que cabe destacar a Chopa Branca (Kyphosus sectator) e a Corneta Colorada (Fistularia petimba).

R.