Skip to main content

Se incrementan las plazas para la realización de prácticas en empresas por los universitarios

El Hostal de los Reyes Católicos acogió el acto de entrega de los Premios Fin de Carrera a 53 estudiantes universitarios con los mejores expedientes académicos. El acto estuvo presidido por el titular del Ejecutivo gallego que aprovechó la ocasión para destacar el esfuerzo inversor del Ejecutivo gallego en Educación, incrementando el presupuesto un 17% en dos años. La apuesta por la calidad, la solidaridad y la igualdad de oportunidades centran los esfuerzos de adaptación de la universidad gallega al Espacio Europeo de Educación Superior (EES).

Además, el presidente de la Xunta destacó el incremento de la oferta de plazas para la realización de prácticas en empresas gallegas de las que se pueden beneficiar los universitarios del Sistema Universitario Gallego (SUG).

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, destacou o compromiso do seu goberno co ámbito educativo no decurso da entrega dos Premios Fin de Carreira, en Santiago. Neste sentido, o máximo mandatario autonómico referiuse á educación como “a columna vertebral do Goberno da Xunta de Galicia” e sinalou a aposta pola calidade neste ámbito que se está a promover desde o Executivo autonómico. Precisamente, para Pérez Touriño a educación representa o “instrumento esencial do cambio social” e determina con eficacia “o compromiso político pola solidariedade e a igualdade de oportunidades”.

O titular da Xunta destacou nesta xornada que a cultura do esforzo, do traballo e da constancia guiou a acción do Executivo desde o 2005, “porque hai hoxe dous anos que a cidadanía galega adoptou a decisión de promover o cambio no noso país”, lembrou.

Dentro dos eixes de acción prioritarios, o ámbito educativo ocupa unha das pezas angulares, tal e como salientou o máximo mandatario autonómico. Deste xeito, Emilio Pérez Touriño destacou o forte esforzo investidor da Xunta en materia de educación incrementando, en só 2 anos, un 17 por cento o orzamento destinado ás políticas educativas, “cando o aumento fixado para a lexislatura é dun 20 por cento”.

Paralelamente, o titular da Xunta destacou as “melloras cruciais” desenvolvidas neste tempo no apartado educativo. Entre estas medidas destaca pola súa relevancia a gratuidade dos libros de texto en todo o ensino obrigatorio. “Hoxe podemos dicir que, a partir de setembro, será unha realidade”, significou o presidente da Xunta.

“Tamén nos propuxemos aumentar os recursos destinados aos centros de ensino, a ampliar a política de servizos e a fixar medidas de conciliación”, proseguiu Pérez Touriño. Así, citou exemplos concretos como a ampliación do servizo de comedor e a súa apertura a toda a comunidade escolar; a implantación en todas as rutas de transporte escolar da figura do acompañante; ou a implantación progresiva de ordenadores nas aulas. Dentro deste último apartado, cómpre destacar, tal e como indicou o presidente da Xunta, que xa se dotou aos centros escolares galegos con 35.000 novos ordenadores “que permiten a integración tecnolóxica nas aulas a través das TIC”. Paralelamente, destináronse axudas a máis de 20.000 familias para a compra de equipos informáticos.

Tamén se referiu o presidente da Xunta aos programas desenvolvidos pola Consellería de Educación para garantir a mellora da calidade neste ámbito. Así, referiuse en concreto aos programas PROA, MORA ou o Programa de Atención á Diversidade.

Outro dos apartados nos que se fixo un especial fincapé foi o deseño de políticas para promover o ensino multilingüe na Comunidade Autónoma. “Conscientes de que o coñecemento de linguas estranxeiras se considera como unha das competencias clave que debería enmarcarse na aprendizaxe ao longo da vida, e tendo en conta que se recomenda o ensino de polo menos dúas linguas estranxeiras, puxemos tamén en marcha un plan de idiomas para que os nenos e nenas teñan a opción de iniciar o estudo do inglés aos tres anos”, dixo o presidente da Xunta. Paralelamente, incrementouse notablemente o número de bolsas para estudar idiomas no estranxeiro destinadas a alumnos de ESO e Bacharelato e promoveuse a especialización do profesorado a través dun programa específico denominado PALE, tal e como indicou Emilio Pérez Touriño.

O máximo mandatario galego sinalou, así mesmo, que este ano convocouse unha oferta de emprego público de 3.125 prazas, que non conta con precedentes na Comunidade Autónoma.

Sen dúbida, segundo destacou o presidente da Xunta, outro dos ámbitos nos que se está a realizar un especial esforzo é na adaptación das universidades galegas ao Espazo Europeo de Educación Superior. Neste obxectivo investíronse, en dous anos, un total de 1.340.000 euros.

Precisamente, cumprir os obxectivos marcados na Declaración de Bolonia suporá, nos vindeiros anos, unha “reforma transcendental” para o sistema universitario de Galicia. Esta reforma, en verbas do presidente da Xunta, vaise traducir “nunha maior autonomía das universidades para deseñar a súa oferta de titulacións” e, eximirá, ao tempo, “unha renovación a fondo das metodoloxías de ensino”. En definitiva, trátase de procurar “un sistema máis aberto, diverso e versátil” co dobre obxectivo de “favorecer unha maior adaptabilidade a unha realidade laboral cambiante”.

Pérez Touriño fixo tamén referencia ao implemento, por parte do Goberno galego, do sistema de bolsas e axudas ao estudo. “O noso sistema de bolsas e axudas en pouco tempo acadou un grao de madurez considerable, que nos sitúa entre as comunidades máis avanzadas nesta materia”, asegurou o máximo mandatario galego. Neste sentido, destacou que o crecemento en orzamento destinado a bolsas, axudas e premios a alumnado universitario no ano 2007, con respecto a 2005, é de case o 100 por cento.

Ademais, o presidente da Xunta sinalou que a Xunta está a traballar nun Plan de Inserción Laboral “que poñerá a disposición dos titulados universitarios 600 bolsas máis para a realización de prácticas en empresas galegas, unha medida coa que contribuiremos a reforzar o acceso ao mercado laboral dos nosos mozos e mozas”.

En paralelo, o presidente do Goberno galego significou a introdución de melloras cualitativas “no noso sistema de ciencia e tecnoloxía, a través de cambios no deseño xeral das políticas de fomento da investigación, nas estruturas das institucións públicas que xestionan estas políticas e no funcionamento dos centros de investigación”.

Por último, o máximo mandatario galego concluíu o acto felicitando aos premiados en nome do Goberno galego “e da comunidade educativa deste país”. Touriño expresou os seus parabéns aos 53 merecedores do premio fin de carreira e desexoulles que, nos vindeiros anos, “ademais deste recoñecemento, contedes co agradecemento do conxunto da sociedade galega polo labor que, sen dúbida, ides desenvolver”.

Pola súa banda, a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, salientou que estes galardóns constitúen unha “homenaxe á excelencia académica no ámbito universitario”, así como unha “recompensa ao compromiso dos universitarios, que foron quen de reflectir nos seus expedientes a dedicación ás súas carreiras, como inicio dun prometedor futuro profesional”.

A máxima responsable do departamento educativo galego explicou que os premios fin de carreira suman xa ao longo da súa historia máis de 580 titulados que recibiron a distinción, e son unha mostra do “compromiso do Goberno galego cos estudantes na conquista de melloras académicas”. Ademais, subliñou Sánchez Piñón, “constitúen un incentivo importante para favorecer a competencia e a igualdade de oportunidades no ensino universitario, no noso compromiso de fortalecer o sistema educativo, garantindo a cohesión social e a equidade sen renunciar á excelencia académica”.

Por último, a conselleira explicou que dos 53 galardoados nesta convocatoria, os tres mellores expedientes pertencen a mulleres, e que algúns dos premiados posúen varias titulacións universitarias e outros incluso acadaron este mesmo recoñecemento en carreiras de ciclo curto.
R.