Skip to main content

Alfageme y la Xunta analizan la creación de un grupo conservero que se integrará con Peña y Marsac

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos de la Xunta de Galicia:

A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, e o director xeral de Estruturas e Mercados da Pesca, José Manuel López Rodríguez, mantiveron unha xuntanza de traballo co presidente da conserveira Alfageme, Juan Lago.

No encontro, celebrado en Santiago de Compostela, o responsable da compañía viguesa presentoulle á titular de Pesca un plan estratéxico polo que as conserveiras Bernardo Alfageme, Conservas Peña e Marsac se integrarán no Grupo Bernardo Alfageme S.A. (BASA).

Este documento analizado na xuntanza de hoxe concrétase en diversos plans de acción a nivel industrial, comercial e de marketing, de organización e sistemas, así como de I+D+i. Ademais, o proxecto inclúe o obxectivo de poñer en marcha o deseño de novas liñas de produtos que poidan chegar ao mercado.

A Conselleira comprometeuse a realizar dende o seu departamento un estudo pormenorizado da nova andaina que se iniciará coa creación de BASA. Nesta dirección, Carmen Gallego manifestou que se analizará a iniciativa co fin de determinar se poderá beneficiarse das axudas que Pesca destina á industria transformadora.
R.