Skip to main content

Conclusiones de las Jornadas sobre el Libro Verde de Política Marítima

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos de la Xunta de Galicia:

Transcurrido un ano dende que a Comisión Europea adoptara o Libro Verde de Política Marítima para a UE, e próximo a concluir o debate e periodo de reflexión aberto sobre o devandito documento, Galicia, como rexión que naceu, medrou e que se sigue a desenvolver vencellada ao mar e a o seu entorno, non podía deixar que pasara esta oportunidade sen que no noso territorio se celebrase un debate multidisciplinar e participativo para
aportar as nosas inquedanzas e suxerencias á Comisión.

Os participantes nas xornadas comparten e aopian a inicativa lanzada pola Comisión de presentar unha visión de espazo marítimo enfocada á definición dunha estratexia multidisciplinar integradora e unificadora da política marítima, que permite reflexionar detidamente sobre as actividades vencelladas a este ámbito: a pesca, o turismo, o naval, a investigación, a formación...

Ao longo de dous días de debate, e nas distintas mesas de traballo realizadas, incidiuse de xeito directo nunha serie de aspectos globais que deberían prantexarse como principios básicos que deberían iluminar o Libro verde.

a)Necesidade dun compromiso serio e firme dos estados membros da UE na aplicación e defensa das políticas que xurdan da aprobación do Libro verde.

b)Necesidade de que o Libro Verde teña en consideración unha maior visión do factor humano nos distintos sectores e non se base exclusivamente en aspectos meramente económicos.

c)Necesidade de que o Libro Verde impulse e contemple como un piar básico de acción da UE a integración, cohesión, coherencia e coordinación dos estados membros e a política marítima.

d)Necesidade de que a formación en todos os sectores e aspectos sexa unha prioridade no deseño da política marítima.

e)Necesidade dun enfoque ecosistemático en consonancia coa Directiva de Estratexia Mariña.

f)Aplicación dos principios de precaución, de desenvolvemento sostible e de solidariedade.

g)Necesidade de que o Libro Verde realice un enfoque holístico e integral do espazo marítimo.

h)Necesidade de ambición na planificación da política marítima como elemento ilusionante na súa definición

CONCLUSIÓNS POR MESAS

MESA I. PESCA E SOSTIBILIDADE

Mellora da comercialización como factor de dinamización e consolidación da actividade pesqueira.

Participación e potenciación das estruturas do sector na toma de decisións que afecten á explotación e xestións dos recursos, creando sinerxias co sector en todos os ámbitos (investigación, formación ...).

Rigor nos datos e nas informacións que fundamentan a toma de decisións.

Visión socioeconómica da pesca e o marisqueo, compatibilizando o
crecemento económico coa sostibilidade.

Creación dun rexistro de hábitats e especies protexidas.

Adopción de medidas de mantemento, preservación e mellora do ecosistema mariño.

Especialización rexional como elemento de liderado ante o deseño de políticas marítimas.

Potenciación e coordinación da investigación.

MESA II. GOBERNANZA E XESTIÓN COSTEIRA INTEGRAL

Apostar por unha xestión integral do espazo marítimo-terrestre como elemento de uso e disfrute das poboacións, costeiras ou non costeiras.

Apostar por un desenvolvemento sostible, equitativo e responsable do litoral na protección dos ecosistemas integrais e no bo uso dos recursos naturais.

Apostar pola creación de áreas mariñas protexidas dentro dun enfoque ecosistémico.

Apostar pola aplicación do principio de subsidiariedade sobre bases xeográficas e as boas prácticas rexionais.

Apostar por unha política integrada e compatible da pesca, acuicultura e desenvolvemento sostible.

Apostar polos acordos tripartitos como instrumento áxil e viable de xestión do litoral, transporte, actividades económicas e de ocio ... das zonas costeiras.

MESA III. TECIDO EMPRESARIAL

Apostar polo desenvolvemento industrial con produción.

Necesidade de crear un marco xurídico-financieiro que aminore os riscos.

Apostar polo capital humano e pola I+D+i como elemento diferenciador e de consolidación da industria.

Apostar pola dotación de infraestruturas portuarias axeitadas.

Apostar pola integración dos estaleiros coas outras actividades que se desenvolven no ámbito portuario.

Apostar por un maior control e rigor nas políticas de control e de calidade dos produtos e dos procesos produtivos.

MESA IV. TURISMO E PATRIMONIO MARÍTIMO

Apostar polo turismo como unha oportunidade para o desenvolvemento das comunidades litorais, creando un mercado para os produtos locais de calidade e produción artesana.

Apostar pola valoración do patrimonio cultural marítimo e pesqueiro.

Crear un marco legal claro en materia de observación da natureza, turismo mariñeiro ..., así como un rexistro de embarcacións históricas e tradicionais.

MESA V. TRÁFICO MARÍTIMO, PROFESIÓNS MARÍTIMAS E SEGURIDADE

Apostar pola creación dun Corpo de Gardacostas Europeo.

Fixar unha política clara contra a pesca IUU, bandeiras de conveniencia e demais factores de risco que inciden no tráfico marítimo, no ecosistema e nas actividades e profesións marítimas.

Realizar unha aposta clara por políticas que garantan o relevo xeracional na actividade pesqueira.

Aposta clara pola formación como elemento dinamizador do sector, deseñando unha carreira profesional e unha mellora da capacitación e formación permanente, creando distintivos de calidade profesional.

Aposta polo principio de tolerancia cero en materia de contaminación marítima, alcanzando a todos os actores da cadea, implantando incluso sistemas de garantía financieira.

Aposta por un maior control e esixencia ás entidades acreditadoras e clasificadoras dos buques.

Aposta clara de aplicación de política sociolaboral rigurosa aplicable tanto aos buques comunitarios como aos buques en tránsito ou que recalen en portos europeos.

Apostar pola cooperación, intercambio de información e coordinación internacional en materia de pesca.

Apostar por unha visión e xestión integral do espacio portuario.

Apostar pola intermodalidade e a especialización dos portos como elemento integrador do territorio.

Apostar pola concepción dos portos como centros de xestión e de servizos, con implicación das cidades, axentes sociais, portos e a súa área de influencia.

Apostar pola creación das autoestradas do mar e polas liñas de cabotaxe interior.

MESA VI. O MAR COMO FONTE DE ENERXÍA E COÑECEMENTO

Apostar pola mellora e rigor nos datos científicos, promovendo a eficacia e eficiencia na xestión dos recursos humanos, económicos e de coñecemento.

Apostar pola creación dunha rede de centros de investigación
pluridisciplinares e de tratamento da información, garantindo a
accesibilidade. Apostar pola I+D+i como elemento de liderado da UE, así como para mellorar a produtividade.

Apostar por unha investigación integral (social, económica,
medioambiental....) e ecosistemática.

Aposta polas enerxías renovables, compatibilizando cos usos e actividades profesionais e tradicionais.

Avanzar así mesmo na definición do potencial enerxético mariño nas diferentes zonas do espazo marítimo europeo, con especial incidencia no aproveitamente da enerxía das ondas en Galicia.
R.