Skip to main content

Caladero presenta a la Consellería de Pesca el nuevo proyecto para Cefrico

Durante la reunión, representantes de la empresa explicaron a la conselleira de Pesca su intención de convertir estas instalaciones situadas en el Puerto de Vilagarcía en una gran depuradora de moluscos gallegos, especialmente de mejillón.

Nota de prensa remitida por la Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos de la Xunta de Galicia:

A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, mantivo en San Caetano unha xuntanza de traballo cos responsables da empresa Caladero, que acaba de adquirir o Centro Frigorífico Conserveiro de Vilagarcía de Arousa (Cefrico). O motivo desta xuntanza foi o de dar a coñecer o proxecto que esta compañía quere desenvolver nas instalacións de Cefrico.

Os representantes de Caladero explicáronlle a Carmen Gallego en que consiste o seu proxecto para as instalacións de Cefrico. En termos xerais, o plan que teñen previsto desenvolver ten por obxectivo converter as instalacións actuais da empresa nunha grande depuradora de toda clase de moluscos galegos, e moi especialmente de mexillón. Así mesmo, a súa intención é concentrar nestas infraestruturas todo o procesado de peixe fresco que a compañía merca dende Matosinhos ata Xixón.

Actualmente Cefrico atópase situado no Porto de Vilagarcía de Arousa e conta cunhas instalacións que ocupan 27.000 metros cadrados de superficie. Coa reforma que Caladero pretende realizar nestas instalacións prevese o mantemento do plantel de traballadores, ao redor de 150, e unha inversión de aproximadamente 12 millóns de euros.

A Conselleira de Pesca amosou o seu interese nesta iniciativa e trasladoulles aos responsables da compañía todo o apoio do seu departamento para a posta en marcha da mesma.

A nova propietaria de Cefrico

Caladero S.L., con sede en Zaragoza, está constituída por un grupo de empresas especializadas na importación e comercialización de peixes e mariscos, tanto frescos como conxelados. A súa creación xurde como resposta á ascendente demanda por parte dos consumidores de novos produtos de pesca e á necesidade da busca de caladoiros alternativos. Na actualidade Caladero é o primeiro subministrador de peixe da cadea de supermercados Mercadona.
R.