Skip to main content

Se celebra por primera vez el Día de Galicia en Madrid

El presidente de la Xunta presidió en Madrid el acto conmemorativo del Día Nacional de Galicia. Con este evento, celebrado por primera vez, se pretende instaurar una nueva costumbre que una a todos los gallegos. Pérez Touriño aprovechó la ocasión para definir la Galicia actual como una tierra “aberta e traballadora, inserida en España, en Europa e no mundo”, que desea desempeñar “un papel activo e cada día máis relevante no ámbito da política, da economía e da cultura”.

Touriño remarcó que la consecución de una Galicia moderna incluye también que “que Galicia siga sendo Galicia”, manteniendo vivos y activos los trazos culturales y lingüísticos propios. Asegura que el objetivo es “erguer unha Galicia máis moderna, xusta e solidaria e contribuír, ao tempo, ao fortalecemento dunha España máis rica, máis unida, máis plural e máis de todos”.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O titular do Goberno galego, Emilio Pérez Touriño, presidiu esta tarde en Madrid a celebración do Día Nacional de Galicia ante unha nutrida representación da comunidade galega na capital de España, un evento que celebra o Goberno autonómico por vez primeira en Madrid. O xefe do Executivo galego ofreceu unha recepción aos representantes do mundo político, económico, social e cultural na Casa de Galicia, un lugar que, segundo sinalou, “quere ser casa común de todos os galegos e as galegas que residades en Madrid”. Na súa intervención, Emilio Pérez Touriño avanzou que, co acto de hoxe, o Goberno da Xunta pretende inaugurar un novo costume: “o de celebrar anualmente en Madrid, na capital de España, o Día Nacional de Galicia”.

Segundo explicou o titular do Goberno galego, aínda que esta celebración non coincida coa data exacta do 25 de xullo, a súa intención é compartir con todos os galegos e galegas residentes na capital de España, ano tras ano, “esta data festiva que de forma entrañable nos une a todos os galegos.”. O seu obxectivo, engadiu, non é “oficiar unha cerimonia nostálxica, inspirada por unha morriña e unha melancolía ritualizadas”, senón “reafirmarnos no espazo dunha galeguidade afirmativa, optimista e ateigada de esperanza”. A mensaxe dunha “Galicia aberta e traballadora, inserida en España, en Europa e no mundo, desexosa de desempeñar un papel activo e cada día máis relevante no ámbito da política, da economía e da cultura”.

Na recepción ofrecida esta tarde polo presidente da Xunta na Casa de Galicia en Madrid participou unha nutrida representación da comunidade galega na capital de España. Asistiron ao acto tres ministros: a titular de Administracións Públicas, Elena Salgado; a ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación, Elena Espinosa; o ministro de Cultura, César Antonio Molina; así como a presidenta do Tribunal Constitucional, Emilia Casas Baamonde; o fiscal xeral do Estado Cándido Conde-Pumpido; ademais da presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino, deputados, senadores e representantes do mundo empresarial, social e cultural. Tamén estiveron presentes tres conselleiros do Goberno autonómico: a conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride; a conselleira de Sanidade, María José Rubio; e o titular de Traballo, Ricardo Varela.

Cambio de prioridades
Na súa intervención, o presidente do Goberno galego lembrou que a Galicia actual, “viva e esperanzada” ten tras de si unha historia e unha tradición que apoian e avalan as súas novas angueiras. Un grande obxectivo que pasa por que Galicia acade un “novo impulso modernizador que nos conduza á converxencia económica, social e política con España e coa Europa máis avanzada”.

Neste sentido, Pérez Touriño apuntou que a aposta do Goberno que preside pasa por seguir medrando –Galicia medra desde hai dous anos a un ritmo que supera a media española e europea-, pero non só por medrar máis, senón tamén por medrar mellor, apostando pola cohesión e o benestar dos cidadáns, pero tamén acometendo “tarefas inaprazabres” como a ordenación racional e sostible do territorio, a preservación do medio ambiente ou a multiplicación dos investimentos en educación, en formación e en investigación.

“Gústame dicir que o cambio que hoxe está en marcha en Galicia se sustenta fundamentalmente en catro grandes piares que sinalan á súa vez catro grandes obxectivos persoais, de goberno e de país que todos podemos compartir”, engadiu Pérez Touriño lembrando que quere unha “Galicia limpa, verde e ordenada, na que crecemento económico e desenvolvemento urbanístico non sexan sinónimos de destrución do litoral e da paisaxe”; unha Galicia ben comunicada con España, con Portugal e con Europa, que saiba facer das súas vías de comunicación elementos de vertebración e riqueza para o país; unha Galicia plenamente incorporada á sociedade do coñecemento, dende a convición de que han ser a educación e a innovación os motores desa Galicia creadora de riqueza e de emprego; e unha Galicia cunha mocidade ben formada, familiarizada desde a nenez coas novas tecnoloxías, lingüisticamente competente en galego, castelán e inglés.

“A Galicia que queremos é unha Galicia socialmente protexida, na que as persoas estean no centro da acción gobernamental, na que a cidadanía poida compracerse dunha sanidade, unha vivenda e uns servizos sociais de calidade, unha Galicia que vexa progresivamente suturada a fenda entre a Galicia interior e a litoral”, engadiu o presidente da Xunta aludindo tamén á necesidade de construír unha Galicia “plenamente transparente e democrática”, cunha sociedade participativa e na que todos os cidadáns teñan as mesmas oportunidades.

Seguir sendo Galicia
“O noso soño, pois, é o dunha Galicia moderna, plenamente inserida nos procesos económicos, tecnolóxicos e culturais dun mundo cambiante e en continua transformación”, remarcou o presidente galego, consciente de que este “soño” significa que “Galicia siga sendo Galicia”, mantendo vivos e activos os “mellores trazos que ao longo da historia foron definindo e facendo dela un país singularizado, diferente e admirado dentro do gran mosaico hispánico”.

Entre estas peculiaridades de Galicia, Emilio Pérez Touriño referiuse, principalmente ao riquísimo patrimonio cultural e á lingua galega, que cualificou como “a nosa máis importante e duradeira creación colectiva”, así como ao valioso patrimonio natural e paisaxístico con cuxa preservación, asegurou, “estou plenamente comprometido xunto con todo o Goberno e o conxunto da sociedade galega”.

Galicia máis moderna, xusta e solidaria
“Coidando da nosa fala e da nosa paisaxe, velando pola formación da nosa mocidade, promovendo a igualdade entre homes e mulleres, impulsando un urbanismo sostible, construíndo mellores escolas e hospitais, apoiando as nosas empresas e as nosas universidades. Esa é a maneira na que, dende a miña responsabilidade como presidente da Xunta, pretendo erguer unha Galicia máis moderna, xusta e solidaria e contribuír, ao tempo, ao fortalecemento dunha España máis rica, máis unida, máis plural e máis de todos”, aseverou Touriño ao respecto.

O presidente da Xunta non quixo rematar a súa intervención sen resaltar a importancia da presenza e da acción dos galegos residentes en Madrid, lembrando que na capital de España sempre houbo un “enorme continxente de galegos” que contribuíron co seu traballo “ao progreso desta gran capital de todos os españois” e que, ao mesmo tempo, souberon manter sempre os seus vínculos “sentimentais e materiais” con Galicia.

“Vós, os galegos de Madrid, sodes continuadores de todos os que vos precederon e sodes parte moi principal desa Galicia espallada coa que o Goberno da Xunta de Galicia quere seguir contando estreitamente para seguir construíndo o gran soño colectivo do Fogar de Breogán, da Nación de Breogán”, concluíu.




SAÚDOS,
GABINETE DE COMUNICACIÓN DA XUNTA DE GALICIA
R.