Skip to main content

El Club Internacional de Prensa estrena web

Nota de prensa remitida por el Club Internacional de Prensa de la Xunta de Galicia:

Co fin de ofrecer un maior e mellor servizo á sociedade, e responder tamén á demanda transmitida polo público asistente ás súas actividades, o Club Internacional de Prensa estrea na rede a súa propia web, www.clubinternacionaldeprensa.org, na que tanto os profesionais da comunicación como todo o tecido social potencialmente interesado na programación do C.I.P., poderá consultar todo o referente a esta.

Esta páxina presta un dobre servizo, toda vez que informa das Roldas de Prensa e outras actividades levadas a cabo por outras entidades ou organizacións, ás que se cede gratuitamente o uso das instalacións do C.I.P.

A posta en marcha desta páxina web, coincide no tempo coa campaña de difusión do Simposio Internacional que sobre Pobreza e Desigualdade no Mundo, Pobre Mundo Rico, organiza o Club Internacional de Prensa (dependente da Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia), e no que colabora singularmente a Obra Social Caixanova, ademais da dirección xeral de Cooperación Exterior, e as universidades galegas de Santiago de Compostela e Vigo.

A interactividade que se propicia con esta web ten como obxectivo seguir abrindo as portas, nesta ocasión a través da rede, á sociedade galega e aos pobos e países lusófonos e ós de fala hispana, toda vez que tanto os distintos Ciclos de Conferencias, como fundamentalmente o Simposio "POBRE MUNDO RICO", teñen alcance internacional, tanto polos contidos tratados,coma polas personalidades que neles participan.

Así mesmo, e nuns días, estará tamén colgado da rede o Blog específico do Simposio Internacional, que terá acceso á páxina oficial do C.I.P. e no que se establecerán enlaces coas distintas institucións, organizacións, asociacións e entidades que colaboran e/ou participan no Programa do Simposio.