Skip to main content

Pesca financia una sala de procesado de pulpo y cámaras frigoríficas para la flota de bajura de A Coruña

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos de la Xunta de Galicia:

A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, e o presidente da Autoridade Portuaria de A Coruña, Macario Fernández-Alonso Trueba, mantiveron unha xuntanza de traballo, na que fixeron un repaso ás inversións que o departamento autonómico está levando a cabo nas instalacións portuarias da cidade herculina.

Neste eido, cabe sinalar que entre as vindeiras actuacións da Consellería de Pesca atópase a reforma dunha nave ubicada no Porto para construir unha sala de procesado de polbo xunto con cámaras frigoríficas das que se beneficiará a flota de baixura coruñesa.

Deste xeito, o vindeiro mes de setembro Carmen Gallego e Macario
Fernández-Alonso asinarán un convenio para materializar esta colaboración para a que a Consellería de Pesca aportará un orzamento de algo máis de 402.000 euros.

Ademais, no encontro celebrado esta mañá en Santiago de Compostela, o presidente da Autoridade Portuaria de A Coruña trasladoulle Conselleira outras necesidades que teñen os profesionais do mar relativas a melloras de infraestruturas nos peiraos, comprometéndose a titular de Pesca a buscar fórmulas que dean resposta a estas necesidades.
R.