Skip to main content

Presentado el Plan Estratégico de la Conserva en el que se invertirán 150 millones de euros entre 2007 y 2015

El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, ha anunciado que la industria conservera gallega percibirá más de 150 millones de euros en el período 2007-2015 para potenciar la competitividad y el liderazgo actual internacional. Durante su intervención en la presentación del Plan Estratégico de la Conserva para ese período, Pérez Touriño ha informado que esos 150 millones de euros de ayudas públicas, conjuntamente con la iniciativa privada, permitirán «movilizar» una inversión total prevista en el sector de más de 300 millones de euros. «Se trata de un potente volumen de fondos que debe permitir consolidar el sector conservero gallego como líder y referente europeo», señaló el jefe del Ejecutivo.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, anunciou que a industria de transformación pesqueira disporá de máis de 150 millóns de axudas públicas no período 2007-2013. Isto, conxuntamente coa iniciativa privada, permitirán mobilizar, segundo resaltou o máximo mandatario autonómico “un investimento total previsto para o sector de máis de 300 millóns de euros”, un “potente volume de fondos que debe permitir consolidar o sector conserveiro galego como líder e referente europeo”.

O presidente da Xunta fixo esta afirmación durante o acto de presentación do Plan estratéxico para o sector conserveiro en Galicia, 2007-2013, que tivo lugar esta mañá en Vigo e que cualificou como unha ferramenta esencial para a “reorientación estratéxica” e para manter e potenciar a competitividade e o liderado internacional deste sector, partindo da análise conxunta e da converxencia de actuacións de todas as administracións implicadas, así como do propio sector conserveiro, nunha mesma folla de ruta.

“Para min é un pracer estar hoxe neste acto porque con esta presentación do plan cumprimos un compromiso que eu mesmo adquirín o pasado 4 de maio en Vigo: que o plan estivera presentado antes do remate do verán”, aseverou, lembrando que esta iniciativa constitúe “unha aposta firme” do Goberno que preside para reorientar os recursos financeiros dispoñibles para o período 2007-2013, mellorando ao mesmo tempo a efectividade do investimento público.

Observatorio e Comisión de Coordinación e Seguimento
Na súa intervención, Emilio Pérez Touriño tamén avanzou que o Plan estratéxico para o sector conserveiro recolle a creación de dous instrumentos, esenciais para o seu funcionamento: un Observatorio e unha Comisión de coordinación e seguimento.

Respecto do primeiro, o Observatorio do Plan estratéxico, o presidente galego indicou que se trata dun organismo que se encargará do seguimento e a verificación do estado do execución do plan.

Con respecto á Comisión de Coordinación e Seguimento, Touriño explicou que será a encargada de avaliar tanto a repercusión da implantación do plan como os seus resultados, actualizando e reaxustando as propostas e iniciativas de cara ao horizonte do ano 2013.

“Os próximos anos van ser cruciais para o desenvolvemento da industria da conserva”, resaltou o máximo mandatario autonómico lembrando a necesidade de “estar preparados para inclinar a balanza da competitividade no noso favor”, fortalecendo “o posicionamento do sector” e facendo fronte “á competencia dos novos países emerxentes”.

Nesta liña Emilio Pérez Touriño referiuse ás liñas de actuación estratéxicas nas que, asegurou, o sector ten que asumir o papel protagonista, contando co apoio institucional e financeiro da Xunta de Galicia e do resto das administracións.

Como o primeiro deste factores estratéxicos, o presidente da Xunta sinalou a necesidade de apostar por produtos de valor engadido, implementando unha estratexia que permita a diversificación e a diferenciación a través da calidade e da imaxe de marca, tanto dos produtos como do propio sector conserveiro.

Xunto con isto apuntou ao fortalecemento da propia estrutura produtiva como outro dos factores de futuro, apostando pola reorganización da cadea de valor a través da integración vertical do sector e polo desenvolvemento de diferentes modelos de negocio que permitan manter ao sector en condicións de competitividade e sostibilidade. “Con este fin –engadiu Touriño-, estableceranse medidas para favorecer o desenvolvemento de estruturas empresariais máis sólidas”.

“A cooperación sectorial, moi desenvolvida xa a través de organizacións como Anfaco, é sen dúbida un factor de éxito”, remarcou o presidente galego, lembrando que no marco do plan estratéxico da conserva é preciso seguir “profundizando, gañando poder de mercado e desenvolvendo estratexias conxuntas para atender aos intereses colectivos”.

Pérez Touriño salientou como outros factores que deben marcar o futuro do sector a consolidación da súa posición internacional ou a competitividade e o investimento en I+D+i. Respecto do primeiro, o máximo mandatario autonómico explicou que o plan recolle a necesidade de establecer medidas orientadas a fortalecer a posición de liderado en todos os mercados, favorecendo a implementación de estratexias coherentes para potenciar a internacionalización do sector.

Ademais de todas estas liñas de actuación a favor da competitividade do sector, o presidente galego resaltou outra de carácter medioambiental, co establecemento de medidas que permitan reorientar a evolución do sector a un modelo de produción sostible, reducindo o impacto negativo da actividade conserveira sobre o medio ambiente, sen que isto supoña menoscabar a súa competitividade.

Estes son os elementos principais que definen o Plan estratéxico para o horizonte de 2013, aseverou Pérez Touriño, lembrando que o traballo non se acaba só na definición deste plan, senón que tamén é preciso realizar un seguimento e avaliación do mesmo.

O titular do Executivo autonómico aproveitou a súa intervención para poñer de relevo a importancia para Galicia da industria conserveira de pescados e mariscos, lembrando que o valor da produción deste sector rolda os mil millóns de euros anuais e proporciona emprego directo a máis de 12.000 persoas, o 80% delas mulleres.

“A produción conserveira de Galicia supón preto do 80% da produción a nivel nacional”, salientou, asegurando que, dado que España é o maior produtor da Unión Europea, estas cifras converten Galicia no líder do sector da conserva de pescados e mariscos a nivel europeo, con máis de 35% da produción. Pérez Touriño subliñou ademais a vocación “claramente exportadora” do sector, cun 40% da produción dedicada ao comercio exterior, fundamentalmente ao mercado europeo, “que absorbe case o 90% das exportacións do sector”. “Galicia é hoxe a maior produtora exportadora de conservas de peixe e marisco con case o 80% da produción nacional e preto do 75% do volume total de exportacións”, concluíu Touriño ao respecto.

Na súa intervención, o máximo mandatario galego quixo sumarse á dor polo falecemento de Manuel Calvo, pertencente, sinalou “a un grupo empresarial de longa tradición”, una persoa “querida por todos”. Emilio Pérez Touriño tamén expresou o seu sentimento “de soliedariedade e o apoio a súa familia en momentos difíciles”.
R.