Skip to main content

Teaxul crea una plataforma on line para garantizar la prcedencia y salubridad del pescado en el mercado

Una nueva plataforma a través de Internet para el control de la cadena de producción del pescado garantizará la procedencia y salubridad del producto con información desde la zona de pesca hasta el consumidor, informó la Consellería de Innovación e Industria. Este proyecto parte de la necesidad de asegurar la trazabilidad de los alimentos, es decir, de «mantener un seguimiento completo en su recorrido para que no se rompa la cadena de frío», asegura el departamento de la Xunta.

La empresa encargada de su elaboración es Técnicas Electrónicas Aplicadas Xulio (TEAXUL), con la que colabora la Consellería, que aporta 70.000 euros en dos anualidades a este proyecto. La finalidad de la iniciativa es «evitar que lleguen a las tiendas pescados en mal estado, de calidad inferior o con una supuesta procedencia que no se puede confirmar». El objetivo de esta actuación es, además, crear una plataforma que sirva como base «para soportar una aplicación de centralización de datos a gran escala, con una alta disponibilidad y de manera segura», con lo que esta herramienta permitiría «localizar productos en caso de crisis alimentaria».

El sistema utiliza «identificación por radiofrecuencia, comunicación sin hilos, captura y transmisión de datos, diseño de redes de comunicaciones y tecnologías de medida y control de temperatura». Asimismo, en el ámbito biológico, usa «técnicas de extracción de ácidos nucleicos, de amplificación de ADN y de secuenciación» para, de este modo, «obtener los resultados antes de 24 horas», con lo que también «se creará una base de datos de especies amenazadas».

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia:

Técnicas Electrónicas Aplicadas Xulio (TEAXUL) traballa nun sistema para o control da seguridade alimentaria dos recursos mariños que parte da integración de todos os pasos da cadea de produción nunha plataforma online de grande envergadura. Esta plataforma constituiría a canle para transmitir información, dun xeito fiable e seguro, desde a zona de pesca ata o consumidor pasando pola lonxa, o distribuidor, o transportista ou a tenda. Este sistema garante a calidade do produto ao ofrecer información fiable e segura sobre a orixe das especies e a trazabilidade das mesmas.

A Consellaría de Innovación e Industria, a través da súa Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación e o Programa de Tecnoloxías da Alimentación, colabora con Teaxul neste proxecto. A contía da axuda é de 70.000 euros dividida en dúas anualidades, 2006 e 2007.

O proxecto parte da necesidade de asegurar a trazabilidade dos alimentos, é dicir, de manter un seguimento completo no seu percorrido para que non se rompa a cadea de frío. De feito, a Unión Europea puxo en marcha unha nova directiva de seguridade alimentaria 178/2002 que establece os principios do control obrigatorio dos alimentos ao longo de toda a cadea comercial.

Os responsables do proxecto de Teaxul explican que se trata dun desenvolvemento innovador pola aplicación da tecnoloxía á cadea de produción do peixe: “Nós fomos os primeiros en utilizar a radiofrecuencia nos produtos pesqueiros e imos un paso por diante garantindo, ademais da trazabilidade, a calidade e a autenticidade dos produtos”.

En primeira instancia, o sistema estuda e identifica ao peixe. Pero o obxectivo é máis ambicioso, xa que se pretende crear unha plataforma que sirva como base de datos para soportar unha aplicación de centralización de datos a grande escala, cunha alta dispoñibilidade e dun xeito seguro. O sistema sería entón algo máis ca unha ferramenta de xestión e permitiría, por exemplo, localizar produtos en caso de crise alimentaria.

A finalidade é evitar que cheguen ás tendas peixes en mal estado, de calidade inferior ou cunha suposta procedencia que non se pode confirmar. Segundo a empresa que traballa no proxecto, non é estraño ver nas peixerías produtos co cartel de procedencia das Rías Galegas sen que existan medios para confirmar onde nin cando foron capturados.

O control que existe ata o momento é moi limitado: un código de barras nas etiquetas das caixas informa sobre a orixe, pero no momento no que se avanza no proceso está información pérdese. A propia empresa TEAXUL desenvolveu este sistema hai sete anos, pero as novas tecnoloxías permiten paliar deficiencias no control da trazabilidade.

A solución proposta combina as tecnoloxías máis avanzadas en comunicacións e en procesamento de datos cun procedemento rápido e eficaz para a análise sanitaria e de ADN do peixe. O sistema inclúe identificación por radiofrecuencia, comunicación sen fíos, captura e transmisión de datos, deseño de redes de comunicacións e tecnoloxías de medida e de control da temperatura. No barco utilízanse robots de etiquetaxe e de pesado coa novidade dun lector, o “LETXU”, un equipo portátil multifuncional de deseño específico para o control e a xestión da información ao longo de toda a cadea de subministro. Ademais, levarán a bordo un software que permita o control da trazabilidade e o cumprimento dos requisitos estipulados na lexislación.

Xa nun plano biolóxico e sanitario, inclúense técnicas de extracción de ácidos nucleicos, de amplificación de ADN e de secuenciación que permiten obter os resultados antes de 24 horas. A partir desta información crearase unha base de datos das especies analizadas.

“O noso sistema vai permitir axilizar os procesos de manipulación, compra e venda dos produtos, e axudará á transparencia das transaccións comerciais”, explica Xulio C. González, Presidente de Teaxul, quen cre que este propósito é posible grazas á implicación por parte de todo o sector. Os case 25 anos que leva a empresa involucrada en proxectos relacionados co mar son considerados un valor á hora de colaborar cos empresarios “respondendo ás súas necesidades e diferenciando os seus produtos nos mercados”. “Intentamos achegar a innovación e as ferramentas necesarias para que a pesca en Galiza siga sendo innovadora e marcando tendencias a nivel mundial”, asegura.
R.