Skip to main content

La ministra de Fomento asegura que el tren de alta velocidad unirá Santiago y Ourense en 25 minutos

La ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, confirmó que durante el mes de septiembre saldrá a información pública el estudio informativo de la Variante de Cerdedo, en la línea del tren de alta velocidad entre Vigo y Ourense. Este anuncio se produce tres días después de que el presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, le advirtiese a Magdalena Álvarez de la importancia de cumplir este compromiso de sacar a información pública la Variante de Cerdedo. Álvarez, que realizó esta confirmación en Lalín (Pontevedra) durante la visita a las obras del AVE entre Santiago y Ourense, recordó que su "compromiso" era sacarlo a información pública "a finales de verano y así será". "Lo que se dice es lo que se hace", destacó.

La titular de Fomento subrayó que "más del 50% de la plataforma" del AVE entre Santiago y Ourense ya está ejecutada y todo el trayecto "está en obras, salvo los accesos a ambas ciudades, que están en proyecto". Así, confirmó que en el tramo que afecta a la mina de Serrabal, entre Vedra y Boqueixón -y que no será modificado a pesar de las protestas de los trabajadores de la explotación- también se han iniciado las obras. A pesar de ello, Magdalena Álvarez eludió dar una fecha de conclusión del tren de alta velocidad entre Santiago y Ourense y se limitó a recordar que la finalización prevista para la conexión global del tren de alta velocidad entre Galicia y Madrid es "el año 2012".

Tanto la ministra como el presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño -que le acompañó en su visita-, resaltaron que cuando esté en servicio el tren de alta velocidad entre Santiago y Ourense recorrerá la distancia entre ambas ciudades "en 25 minutos", lo que supondrá "un ahorro en tiempo de más de una hora". Álvarez y Touriño también se refirieron al "importante avance" de las obras del AVE y el presidente gallego aseguró que supondrá "un cambio cualitativo". Además, la ministra no quiso referirse a otras actuaciones de su departamento en Galicia, pues adelantó que viajará en más ocasiones a esta comunidad para visitar las obras del Eje Atlántico y de la Autovía del Cantábrico.

Así, no confirmó partida presupuestaria alguna para el tramo Ourense-Lubián -clave en el acceso por AVE a la Meseta- y apuntó que no sólo ese trayecto, sino todos, "son fundamentales". "Estamos trabajando en los dos sentidos, tanto desde Madrid a Valladolid -que se pondrá en servicio el 22 de diciembre- como desde Santiago a Ourense", dijo.

La ministra se desplazó en un primer momento al tramo Ourense-Amoeiro, donde la comitiva se dirigió hasta el túnel de Coto Formigueiro y, con posterioridad, al viaducto del río Deza, dos de los elementos más singulares del trayecto hasta Lalín. En cuanto a una posible entrevista de Touriño con el presidente del Gobierno, José Luis Rodríguez Zapatero, para abordar los presupuestos de 2008 en una ronda de contactos de éste con los máximos mandatarios autonómicos, el titular de la Xunta se limitó a señalar que mantiene "un contacto fluido y permanente" con Zapatero, y que recientemente tuvo un encuentro con él en A Fonsagrada (Lugo).

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

“A visita permitiunos certificar, e que todos os galegos poidan constatar, o importantísimo esforzo, investimento e avance que se está facendo na construción do AVE en Galicia”. Así se expresou hoxe o titular do Goberno galego, Emilio Pérez Touriño, durante a visita que realizou, xunto coa ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, e a conselleira de Política Territorial, María José Caride, ás obras de construción da liña de alta velocidade entre Ourense e Santiago.

Emilio Pérez Touriño remarcou que con esta visita se acaba de ratificar que o AVE chegará a Galicia no ano 2012, tal e como tiña comprometido o presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, co máximo mandatario galego.

O xefe do Executivo autonómico sinalou que as obras visitadas hoxe supoñen unha redución dunha hora sobre o tempo de viaxe actual, o que suporá que o treito entre Santiago e Ourense se cubrirá en 25 minutos coa posta en marcha do tren de alta velocidade.

Na súa intervención ante os medios, o presidente da Xunta de Galicia quixo remarcar o contacto “fluído e permanente” que mantén co presidente do Goberno español, e lembrou o compromiso de Zapatero de que a alta velocidade fose unha realidade en Galicia no ano 2012. “Coa visita de hoxe puidemos constatar o volume, a importancia e o avance das obras do AVE, de gran complexidade”, sinalou Pérez Touriño, subliñando que van supoñer un “cambio cualitativo” nas comunicacións na Comunidade galega.

Neste mesmo sentido pronunciouse a ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, que remarcou que o máis importante é que a conexión en alta velocidade dende Ourense a Santiago se poderá facer en 25 minutos, e dende o viaduto sobre o río Portos ata o viaduto do Deza, obras visitadas hoxe, o tempo será tan só de 10 minutos. “Iso é o importante para o cidadán e para a conexión de todas as comunicacións en Galicia”, indicou Álvarez, engadindo que se está a avanzar nas obras do AVE “dunha maneira moi importante”, reducíndose o tempo de percorrido en máis dunha hora entre Ourense e Santiago.

En declaracións aos xornalistas, a titular do Ministerio de Fomento confirmou que neste mesmo mes de setembro sairá a información pública o estudo informativo da alta velocidade no treito Vigo-Ourense, tal e como se tiña comprometido. “Dixen que a finais de verán estaría, e a finais de verán estará”, aseverou a ministra.

Ademais, Magdalena Álvarez explicou que o treito Ourense-Santiago, cun investimento de 1.841 millóns de euros, está “todo en obras” e que se está a traballar nos proxectos de acceso a estas dúas cidades. Xunto con isto indicou que se está a traballar no resto dos treitos da alta velocidade en Galicia co fin de darlle “o máximo pulo e a máxima celeridade”.

A ministra de Fomento asegurou ademais que á súa chegada ao Goberno non había “nin un só proxecto aprobado de todo o treito Ourense-Santiago” e que coa visita de hoxe pon de manifesto “a complexidade, a importancia e o nivel de avance das obras” desta infraestrutura.

“Multiplicamos por 40 o ritmo investidor para conseguir que a obra de plataforma estea xa por enriba do 50%”, aseverou a titular de Fomento, engadindo que o esforzo investidor do Goberno español se pon de manifesto cando vemos “esta infraestrutura, con esta complexidade, con esta importancia e con esta beleza”.

A visita que realizaron o presidente da Xunta, a ministra de Fomento e a conselleira de Política Territorial comezou no viaduto sobre o río Portos, pertencente ao subtreito do AVE Ourense-Amoeiro, que está actualmente en fase de construción e ten unha lonxitude de 756 metros. Así mesmo, visitaron o túnel de Coto Formigueiro, tamén no mesmo subtreito e cunha lonxitude de 710 metros, e finalizaron a visita no viaduto do Deza, pertencente ao treito do AVE Ourense-Lalín, de 913 metros de lonxitude.

Na visita, acompañaron ao titular do Goberno galego e á ministra de Fomento a conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride; o delegado do Goberno en Galicia, Manuel Ameijeiras; o director xeral de Ferrocarrís, Luis de Santiago; o presidente de ADIF, Antonio González e o presidente de RENFE, Luis Salgueiro.

Por último, a ministra de Fomento indicou que a de hoxe será a primeira das visitas que se irán facendo ás obras da alta velocidade en Galicia para que os cidadáns poidan coñecer o avance das mesmas e comprobar “a grande aposta do actual Goberno español pola alta velocidade en Galicia”.
R.