Skip to main content

Se invierten casi 200.000 euros en la redacción del Diccionario Enciclopédico Galego das TIC

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Innovación e Industria:

A Consellaría de Innovación e Industria asina un convenio de colaboración coa Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia para a realización do Dicionario Enciclopédico Galego das TIC, que incluirá os termos e definicións conceptuais que expresan o universo das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións. O desenvolvemento deste dicionario precisará un investimento de 167.040 euros, achega que será sumida integramente pola Consellaría.

Trátase dun proxecto que contará coa colaboración técnica e científica da Escola Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación de Vigo e a colaboración lingüística da Real Academia Galega.

A produción do dito dicionario desenvolverase en tres anos e aloxarase nos dominios de Internet das dúas asociacións citadas e da Real Academia Galega, actualizándose de xeito permanente, e creándose no seu entorno grupos de traballo para o desenvolvemento conxunto da lingua e das tecnoloxías.

Asemade, celebraranse catro seminarios lingua-tecnoloxía en cidades galegas, co propósito de difundir este proxecto a través dos medios de comunicación e incorporar, ao mesmo tempo, a personalidades locais dos ámbitos de interese.

Esta iniciativa responde ao interese da Consellaría porque as comunidades profesionais tecnolóxicas e empresariais, así como alumnos e profesores do ensino en bacharelato e na universidade dispoñan de ferramentas lingüísticas que permitan expresar e entender na lingua propia todos os termos e conceptos que definen as tecnoloxías TIC e a Sociedade da Información.
R.