Skip to main content

CC.OO. tilda de abusivo y desproporcionado el sobresueldo de los funcionarios con cargos políticos

Nota de prensa remitida por el sindicato CC.OO.:

A Federación de Servizos e Administración Pública do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (FSAP-CCOO) rexeita «rotundamente» a medida contemplada na Lei de Función Pública de Galicia que garante un Complemento de Destino (CD) de casi 15 mil euros anuais ó persoal funcionario que fose nomeado alto cargo, parlamentario ou alcalde con dedicación exclusiva, por un período mínimo de dous anos continuados ou tres con interrupción.

FSAP-CCOO considera que o exercicio de cargos de carácter político non deben menoscabar a carreira profesional do persoal funcionario, pero «en caso ningún deben significar privilexios desproporcionados e abusivos, de imposible alcance na carreira administrativa», apuntan.

Desde esta federación lembran que na carreira do persoal funcionario existe o que se chama 'grao', que consiste en consolidar o CD do posto de traballo desenvolvido dous
anos continuados ou tres con interrupción. Pero esa consolidación económica será efectiva de dous en dous niveis, e farase cada dous anos. Isto implica que unha persoa con grao 18 e nomeada para un posto nivel 26, aos dous anos no posto consolida o 20; aos catro, o 22, e tería que estar oito anos no posto 26 para
consolidar ese grao.

En opinión dos responsables da FSAP-COOO, «abondaría con garantir a consolidación do grao en dous niveis superior ao de partida, cada dous anos, en sintonía co recollido na carreira profesional do persoal funcionario».

CCOO acusa a Xunta de se «esconder» tras unha norma básica estatal. Recoñecen que este «abuso» parte dunha emenda presentada polo PP no Parlamento español no trámite do Estatuto Básico do Empregado Público -aprobada co apoio do PSOE-, pero advirten
de que o Goberno galego «tiña unha certa marxe para optar por establecer uns dereitos de consolidación máis proporcionais e eticamente asumibles e, porén, optou polo máximo: consolidar de forma vitalicia o CD dos drectores xerais».

Por este motivo, o sindicato acusa os partidos políticos, tanto estatais coma galegos, de aproveitar que son os que fan a lei para crear unha 'canteira' de posibles cargos públicos ou candidatos para engordar as súas listas electorais. Denuncia tamén o risco que corren con esta medida tanto a independencia na súa actuación do persoal funcionario como a pluralidade dos órganos de representación da cidadanía.
R.