Skip to main content

Enagás invertirá 400 millones de euros en un nuevo gaseoducto entre Galicia y Madrid

La empresa de suministro de gas en España, Enagás, prevé presentar al Gobierno el proyecto de ingeniería del gasoducto central de Galicia en cuanto se apruebe el Plan Energético Nacional 2007-2017, antes de final de año, con el objetivo de acelerar la tramitación ambiental para iniciar las obras en 2010 y concluirlas entre 2012 y 2013. Así se lo trasladó el presidente del Consejo de Administración, Antonio Llardén, al titular de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, en el transcurso de una entrevista de algo más de una hora en la residencia oficial de Monte Pío, en la que garantizó su intención de otorgar "máxima prioridad" a esta infraestructura que conectará la planta de Reganosa con Madrid y que el propio Touriño definió como la "autovía del gas de Galicia".

En una comparecencia posterior ante los medios de comunicación, Llardén reconoció que la comunidad se encuentra "relativamente aislada" del resto del sistema gasístico estatal, motivo por el que la empresa reclamó al Ministerio de Industria la inclusión en el Plan Energético Nacional de este canal de 550 kilómetros de longitud y un coste estimado de 410 millones, de los que unos 70 se destinarán al tramo gallego. Técnicamente el proyecto establece cuatro fases que, no obstante, se ejecutarán de forma simultánea. Se trata de la conexión Guitiriz-Lugo, que con sus 30 kilómetros prevé una fecha de puesta en gas en 2012; la Lugo-Ponferrada -120 kilómetros-, la Ponferrada-Zamora -170 kilómetros- y la unión entre Zamora y Algete -230 kilómetros-, cuyas estimaciones de funcionamiento apuntan a 2013.

Con todo, las obras están pendientes de que el Gobierno dé luz verde al Plan Energético Nacional, si bien tanto Llardén como Touriño se mostraron convencidos del respaldo del Ministerio de Industria. "En la última reunión que mantuvimos, Joan Clos comprometió públicamente su apoyo a la propuesta de gasoducto central de Galicia y su disposición a asumir los planes de Enagás", que se hará cargo de la totalidad del coste, declaró el titular de la Xunta. En este sentido, la compañía prevé presentar formalmente antes de final de año el proyecto para acelerar los trámites medioambientales, que si se resuelven en los plazos habituales, entre 18 y 24 meses, permitirían iniciar las obras en 2010, rematar las del primer tramo en dos años y los otros tres entre 2012 y 2013.

El presidente de Enagás explicó que el gasoducto servirá para "dar mayor seguridad" de suministro a Galicia, ya que, de sufrir algún problema, podría recibir gas del centro de España, y viceversa, ya que si el resto del Estado padeciese alguna contingencia, la comunidad estaría en disposición de insuflar gas al conjunto del territorio. Antonio Llardés explicó que la estructura prevista es "de última generación" y aspira a otorgar al gasoducto el "máximo tamaño posible", hasta 30 pulgadas -80 centímetros-, pese a que esta capacidad "no será indispensable desde el principio". "Pero permite pensar que esta obra de romanos no tendrá que tocarse en unos 40 años", añadió, ya que estas dimensiones permitirían suministrar 2,5 veces más gas que los actuales canales de 20 pulgadas.

De igual modo, el dirigente empresarial aprovechó para subrayar que, "desde el punto de vista técnico", la planta de Reganosa "es necesaria", puesto que, aunque actualmente los tres gasoductos con los que cuenta Galicia cubren unos 6.300 gigavatios (Gw)/hora, cuando los ciclos combinados funcionen a plena capacidad, el consumo se disparará hasta los 17.000 y "sin Reganosa no sería suficiente". "La planta de Mugardos tiene su razón de ser", manifestó.

[FOTO2]Este gasoducto, propuesto por Enagás, como Gestor Técnico del Sistema Gasista, al Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, para que se incluya en la Planificación Obligatoria de las redes de electricidad y gas 2007-2016, supondrá una inversión superior a 400 millones de euros, de los cuales más de 70 millones corresponderán al tramo gallego.

La reunión del Presidente de Enagás con el Presidente de la Xunta de Galicia se enmarca dentro de la ronda de visitas que Antonio Llardén esta realizando a las Comunidades Autónomas en las que Enagás cuenta o tiene previsto desarrollar infraestructuras especialmente relevantes.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O máximo mandatario galego, Emilio Pérez Touriño, e o presidente de Enagás, Antonio Llardén, acordaron, durante a xuntanza mantida en Santiago, darlle a máxima prioridade á construción do gasoduto central, que conectará Galicia ao sistema gasístico español. Durante a reunión, Pérez Touriño e Antonio Llardén concretaron os prazos para a posta en marcha desta infraestrutura, de 550 quilómetros de lonxitude e na que se investirán máis de 400 millóns de euros, que se espera que poida estar operativa en 2012-2013.

“Hoxe demos un paso de futuro decisivo que é que Galicia vai ter no prazo máis curto de tempo posible unha obra que, como tantas, faltaba en Galicia, que é a autovía do gas, a autopista do gas, a central, a que nos comunica con toda a rede de gas nacional”, remarcou o presidente galego logo da reunión, amosando a súa satisfacción por lograr este acordo co presidente de Enagás para “adiantar ao máximo posible” esta infraestrutura.

Segundo explicou Antonio Llardén, Enagás propuxo incluír este gasoduto central que unirá Galicia con Madrid dentro do novo Plan Enerxético Nacional 2007-2016, que o Goberno español ten previsto aprobar antes de finais de ano. Tanto o presidente de Enagás como o xefe do Executivo galego resaltaron, nesta liña, o apoio do Goberno central a esta infraestrutura. “Cónstanos –asegurou Llardén- que o Ministerio de Industria apoia esta medida”.

Nesta mesma liña se pronunciou o máximo mandatario autonómico, que lembrou que nunha xuntanza que mantivo recentemente co ministro Joan Clos, concretamente no mes de xullo, este comprometeu publicamente o apoio do ministerio que dirixe á proposta do gasoduto central de Galicia, asegurando que o seu departamento asumiría “os prazos, as propostas e o proxecto que presentara Enagás”. Por iso, engadiu Pérez Touriño, a noticia de hoxe deste acordo con Enagás “ten un carácter decisivo” porque, “é a peza que faltaba para que teñamos a garantía de que así vai ser”, remarcou.

Antonio Llardén explicou que, durante a xuntanza co presidente galego se estableceu “tecnicamente un proxecto” no que se distinguen catro fases do gasoduto que se farían simultaneamente: o treito Guitiriz-Lugo; o treito Lugo-Ponferrada; o Ponferrada-Zamora e o Zamora-Algete (localidade das aforas de Madrid onde se pecha o sistema de gasodutos que rodean a capital e onde se conecta toda a rede nacional de gas).

“Estes catro treitos suporían 550 quilómetros cun custe estimado de algo máis de 400 millóns de euros, 410-420 millóns”, engadiu o presidente de Enagás, asegurando que neste momento, a construción deste gasoduto depende, unicamente de que o Goberno de España aprobe o Plan Enerxético Nacional 2007-2016.

O gasoduto central tería dous obxectivos prioritarios: dar maior seguridade de subministro a Galicia, por se algún día xurdira algún problema de abastecemento e, ao tempo poder insuflar gas desde Galicia ao resto do país.

Durante a súa intervención, o presidente de Enagás explicou que, unha vez que o Ministerio de Industria aprobe o Plan Enerxético Nacional 2007-2016, “nós presentaremos formalmente o proxecto de enxeñería e a partir de aí abriranse os trámites medioambientais”. “Polo tanto, calculo que entre 2008-2009 poderemos ter todos os trámites medioambientais”, asegurou Antonio Llardén, quen se amosou confiado en que as obras se poidan iniciar “a principios de 2010”. “Se isto se cumpre –engadiu-, terminariamos o treito de Lugo a mediados de 2012 e os outros tres treitos entre mediados de 2012 e finais de 2013”. O obxectivo, asegurou, é adiantar “ao máximo o gasoduto”, dada a importancia que ten para Galicia.

“Temos decidido facer un gasoduto do máximo tamaño posible, que serían unhas trinta pulgadas, case 80 centímetros, un gasoduto cunha gran capacidade de transporte, que non é quizais indispensable ao principio, pero que permite pensar que tes unha obra ‘de romanos’, durante 20, 30 40 anos ese gasoduto non fai ser necesario dobralo”, engadiu o presidente de Enagás asegurando que esta infraestrutura achegaría “máis de 2,5 veces o que achega agora”.

Durante a xuntanza, o presidente galego e o presidente de Enagás tamén tiveron a oportunidade de repasar como está a infraestrutura gasística na comunidade galega, neste momento, alimentada por tres vías: o gasoduto que vén a través de Portugal; o que vén desde Asturias; e a través da planta de Reganosa. Neste sentido, Antonio Llardén cualificou de “necesaria” esta planta e lembrou que Enagás ten colaborado para favorecer o período de proba da regasificadora.

Xunto con isto, o presidente de Enagás sinalou que está en contacto coa súa homóloga portuguesa e estudando a petición dos gobernos español e luso para establecer un protocolo de seguridade en materia de subministro, algo que será levado a un cumio bilateral que terá lugar, previsiblemente, no mes de novembro, e que permitiría que se hai un problema en España, Portugal poida cedernos gas, e viceversa.
R.