Skip to main content

El Inega subvencionará con hasta 2.000 euros la compra de un vehículo híbrido o eléctrico

El Instituto Enerxético de Galicia (Inega), dependiente de la Consellería de Innovación, subvencionará con hasta 2.000 euros -o en su caso el 15% del valor total- a los que decidan adquirir un vehículos eléctrico o híbrido. El titular de Innovación, Fernando Blanco, presentó esta línea de ayudas, que en total superará los 187.000 euros, y destacó que permitirá apoyar "la compra de 93 vehículos de este tipo, casi el doble de los que se vendieron en Galicia en un año, que fueron 50".

El plazo para beneficiarse de estas ayudas será del 15 de octubre al 30 de junio de 2008, o hasta acabarse los fondos. Innovación estima un ahorro energético de 14 tep/año, consumo eléctrico equivalente de 46 familias en un año. Este Plan de Vehículos Eficientes contribuirá a reducir la contaminación al evitar la emisión de 155 toneladas de CO2 anuales.

Los potenciales beneficiarios son las personas físicas o jurídicas residentes en Galicia que compren un vehículo eléctrico o híbrido, con capacidad de tracción eléctrica al 100% mediante baterías y que tengan emisiones de CO2 inferiores a 140 gramos por kilómetros. Están excluidos vehículos adquiridos mediante mecanismos financieros, leasing o renting.

Fernando Blanco explicó el proceso para obtener las ayudas por parte de consumidor, que tendrá varios pasos. Después de que el usuario compre el vehículo con las características de eficiencia energética, será el comerciante quien cubra el formulario de solicitud de ayuda. El comprador, tras pagar el importe total del vehículo -IVA incluido- con el descuento de los 2.000 euros de ayuda, deberá firmar la conformidad en el citado formulario de solicitud. El concesionario adherido enviará al Inega, a mes vencido, todas las solicitudes por las ventas que realice y, finalmente, el Inega abonará el importe de la subvención al comerciante. Para obtener la ayuda por parte del Inega, el concesionario deberá acercar la factura de compra y las fotocopias del carné del comprador, del permiso de circulación y del impuesto de matriculación del turismo.

La Xunta calcula que habrá un ahorro energético de 14 tep/año -toneladas equivalentes al petróleo-, lo que supone el consumo energético anual de 46 familias, y que evitará así la emisión de 155 toneladas de CO2. El responsable de Industria indicó que el objetivo de esta iniciativa, a la que se adhirieron cinco comunidades en España, es «contribuir a renovar el parque automovilístico» y aprovechar la mayor eficiencia energética de estos turismos, además de dar a conocer a la sociedad la existencia de este tipo de alternativas. Manifestó, asimismo, que la intención de la Consellería es aumentar el presupuesto en próximos años, «en función de la respuesta» a la iniciativa.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia:

A Consellaría de Innovación e Industria pon en marcha o Plan de Vehículos Eficientes, unha liña de axudas que por primeira vez subvencionará a compra de vehículos novos eléctricos ou híbridos, unha actuación encadrada no capítulo de aforro e eficiencia enerxética da Estratexia Energos da Consellaría de Innovación e Industria. O titular deste departamento, Fernando Blanco, presentou esta liña de axudas que pretende modernizar o parque automobilístico de turismos aproveitando as vantaxes da maior eficiencia enerxética dos novos vehículos alimentados con enerxías alternativas ás convencionais (gasolina e gasóleo). Trátase dunha medida pioneira no conxunto do Estado, que polo momento está a ser desenvolta por só cinco comunidades autónomas, incluída Galiza.

Segundo explicou Fernando Blanco, poderán ser beneficiarios destas axudas todas as persoas físicas ou xurídicas residentes en Galiza que compren un vehículo eléctrico ou híbrido, con capacidade de tracción eléctrica ao 100% mediante baterías e que teñan emisións de CO2 inferiores a 140 gramos por quilómetro. Debe tratarse de vehículos novos e non se subvencionarán aqueles adquiridos mediante mecanismos financeiros como o leasing ou o renting.

O importe das axudas será de 2.000 euros por vehículo adquirido, sempre que non supoña máis do 15% do custo total do coche. As axudas estarán operativas dende o vindeiro 15 de outubro e ata o remate dos fondos asignados ou, como horizonte temporal máximo, ata o vindeiro 30 de xuño de 2008.

As subvencións articularaas o Instituto Enerxético de Galiza, INEGA, dependente da Consellaría de Innovación e Industria, que abre dende hoxe un prazo de 15 días para que os concesionarios se adhiran ao plan. Poderán ser concesionarios adheridos as empresas autorizadas para a comercialización de vehículos de propulsión eléctrica a partir de baterías e híbridos que operen en Galiza e que acrediten estar dados de alta no Imposto de Actividade Económicas. O modelo de documento de adhesión xa está dispoñíbel na páxina web do INEGA, www.inega.es.

Fernando Blanco informou sobre o proceso para obter as axudas por parte do consumidor, que terá varios pasos. Logo de que o usuario merque o vehículo coas características de eficiencia enerxética, será o comerciante o que cumprimentará o formulario de solicitude de axuda. O comprador, logo de pagar o importe total do veículo –IVE incluído- co desconto dos 2.000 euros de axuda, deberá asinar a conformidade no devandito formulario de solicitude. O concesionario adherido enviará ao INEGA, a mes vencido, todas as solicitudes polas vendas que realice e, finalmente, o INEGA aboará o importe da subvención ao comerciante. Para obter a axuda por parte do INEGA, o concesionario deberá achegar a factura de compra e as fotocopias do carné do comprador, do permiso de circulación e do imposto de matriculación do turismo.

Innovación e Industria estima un aforro enerxético, ao remate dos fondos do plan, que superan o montante global de 187.000 euros, de 14 tep/ano, consumo eléctrico equivalente de 46 familias nun ano. O Plan de Vehículos Eficientes contribuirá a reducir a contaminación ao evitar a emisión de 155 toneladas de CO2 anuais. Segundo explicou o titular nacionalista, de esgotarse o orzamento total do Plan teríase case duplicado o número de coches eléctricos e híbridos vendidos respecto ao ano anterior (de 50 vehículos ata os 93), o que suporía fomentar de maneira importante o seu uso. En función da resposta que xere a liña de axudas presentada hoxe, Innovación e Industria fomentará e incrementará os fondos deste tipo de medidas.

Medidas de aforro e eficiencia enerxéticas en 2007-09-25
O Plan de Vehículos Eficientes completa o cadro de investimentos da Consellaría de Innovación e Industria en materia de aforro e eficiencia enerxéticas deste ano 2007, que ascenden no seu conxunto a 16 millóns de euros.

Por unha banda, están a destinarse 2,5 millóns a proxectos de diversificación enerxética, auditorías en edificacións, novas instalacións térmicas de alta eficiencia, renovación de alumeado público e coxeración industrial. Outros 2 millóns de euros achegados pola Consellaría están a sufragar plans de transporte para empresas, estudos de mobilidade urbana sustentábel, desenvolvemento de envolventes térmicas dos edificios e melloras da iluminación interior de edificios, entre outras.

Ao mesmo tempo, o convenio asinado pola Consellaría de Innovación e Industria e o IDAE permitiu dispor dun orzamento de 12 millóns de euros para pór en marcha o Plan Renove de Electrodomésticos, o Plan de Vehículos Eficientes presentado hoxe e os convenios para o fomento do uso da bicicleta nas cidades, entre outras medidas.
R.