Skip to main content

Galicia expondrá en Nagasaki (Japón) su experiencia en planes de repoblación y creación de reservas marinas

En un comunicado de prensa, el departamento autonómico indicó que la conselleira inicia mañana su "primer viaje oficial" a Japón en el marco de un encuentro organizado por la Fundación Consejo España-Japón que se desarrollará hasta el próximo 21 de octubre. Pesca señaló que Carmen Gallego Calvar aprovechará su visita al país del sol naciente para recoger el testigo del Foro, que el próximo año se desarrollará en Santiago de Compostela.

La conselleira también visita las instalaciones del puerto pesquero de Nagasaki, el segundo de Japón en cuanto al valor de las capturas, y el Instituto de Investigación Marina. La consellería señaló que la Fundación España-Japón es una institución sin ánimo de lucro que tiene como finalidad el fomento de las relaciones bilaterales en los ámbitos económico, comercial, empresarial, científico y cultural.

Pesca destacó que por medio de esta institución nace en 1994 la idea de celebrar los Foros. Desde entonces se han celebrado nueve ediciones anuales, la primera en el año 1997 y la última y décima en Nagasaki.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos de la Xunta de Galicia:

A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, inicia a súa primeira viaxe oficial a Xapón, que se prolongará durante catro días. A titular de Pesca participará no X Foro España-Xapón, que se celebrará na cidade de Nagasaki, onde impartirá unha ponencia sobre a experiencia galega no ámbito da repoboación de especies no litoral, así como na creación de reservas mariñas.

Este encontro está organizado pola Fundación Consejo España-Japón e celebrarase en Nagasaki os días 20 e 21 de outubro. Aproveitando a súa estancia no país do sol nacente e a súa participación nesta convención, Carmen Gallego recollerá o testigo do Foro, que o vindeiro ano 2008 se desenvolverá en Galicia, en concreto na cidade de Santiago de Compostela.

Ademais disto, a responsable de Pesca visitará as instalacións do porto pesqueiro de Nagasaki, o segundo de Xapón atendendo ao valor das capturas, e o Instituto de Investigación Mariña desta cidade.

A Fundación España-Japón é unha institución privada sen ánimo de lucro que ten como finalidade principal o fomento das relacións bilaterais entre este país asiático e España nos ámbitos económico, comercial, empresarial, científico e cultural. Ao abeiro desta entidade nace a idea da celebración dos Foros, no ano 1994.

Dende entón, xa se teñen celebrado nove edicións deste encontro que ten unha periodicidade anual. A primeira edición tivo lugar no ano 1997 e a última o pasado ano, en Madrid. Co encontro de Nagasaki cumprirase a décima edición e, o vindeiro ano, a undécima en Galicia.

Estes simposios articúlanse en torno ao encontro das dúas Delegacións Nacionais, integradas por representantes do Goberno e outras esferas públicas, a empresa, a cultura e a sociedade civil de Xapón e España. O obxectivo primordial destas celebracións é propiciar o intercambio de ideas, experiencias e proxectos sobre as diferentes temáticas que cada ano se van abordando. Con isto preténdese acadar un mellor coñecemento de ambos os dous países, así como profundizar nas relacións bilaterais.
R.