Skip to main content

Se invertirán 5 millones de euros en recuperar el uso ciudadano de la Plaza de España de Ferrol

La conselleira de Política Territorial, María José Caride, firmó con el alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, el convenio de colaboración por el que la Xunta aportará 5,2 millones de euros para pagar a la empresa Abeconsa, tras la decisión de paralizar las obras de la plaza de España con el fin de recuperar el uso ciudadana. Con esta partida económica, Política Territorial aporta 5,2 millones de euros de los 7,9 millones que recibirá Abeconsa por las obras que ya ejecutó en la Plaza de España. En concreto, en la plaza de España de Ferrol, en el ámbito delimitado por el barrio de la Magdalena, las avenidas de Rey y Vigo, y la calle Roi Xordo, se construyó un vial subterráneo, se desviaron los servicios urbanos existentes y se urbanizó la superficie de la plaza.

El anterior Gobierno local, de PP e Independientes por Ferrol, había realizado la concesión de obras a Abeconsa. En base a este acuerdo, la empresa construiría además un edificio de 21 metros de altura que explotaría de modo privado durante 60 años. Sin embargo, el plan urbanístico establecía que la zona era de uso viario, por lo que la dirección xeral de Urbanismo determinó en marzo de este de año que el edificio era ilegal, y ordenó la paralización de las obras, una paralización que solo se ejecutó tras el cambio de gobierno municipal. María José Caride destacó tras la firma del convenio, que el acuerdo respondía a dos cuestiones básicas: la mejora de los espacios urbanos, y el mantenimiento de la legalidad. En este último caso, insistió en que los acuerdos anteriores que permitieron la concesión de las obras eran "nulos de pleno derecho" e ilegales. Destacó que el acuerdo ratificado hoy daba respuesta a la "reivindicación ciudadana" de "ganar una zona urbana para el uso y disfrute de todos los ciudadanos y para mejorar la calidad urbana de Ferrol".

Por otra parte, Caride señaló que con esta actuación se contribuye a consolidar un escenario de cambio positivo en Ferrol que invierte la tendencia anterior: "Tenemos que contribuir con distintas acciones a consolidar ese escenario positivo, esta me parece una de ellas, para darle seguridad al patrimonio de los ferrolanos y por supuesto para mejorar su calidad de vida". El convenio firmado ya había sido ratificado por unanimidad por todos los grupos políticos de la corporación, en el pleno municipal extraordinario.

Por su parte, el alcalde de Ferrol inició la rueda de prensa posterior a la firma del convenio con la palabra "gracias" en un agradecimiento público que extendió a la Xunta de Galicia y a la Consellería de Política Territorial, por facilitar una solución a un problema que definió como "una pesadilla" que "hipotecaba" el futuro de la plaza y que hasta hace poco se consideraba "irresoluble". Irisarri subrayó que se estaba cumpliendo el compromiso adquirido por PSOE y Esquerda Unida-Izquierda Unida durante la campaña electoral sobre el futuro de la plaza, al tiempo que aseguró que la decisión adoptada "no le costará ni un euro a los ferrolanos". El proyecto municipal estima que la cantidad que resta por abonar a Abeconsa será aportada por la empresa a la que se le conceda la explotación como balneario del subsuelo ya construido. Por último, el regidor municipal manifestó la voluntad del Gobierno local de ser "garante de la legalidad" en materia urbanística y avanzó que la plaza, cuando finalicen las obras de urbanización de la superficie, será un espacio sin edificios y dedicado al ocio de los ciudadanos.

Por otra parte, la conselleira de Política Territorial, a preguntas de los medios de comunicación, también se refirió a la situación actual de las obras del auditorio municipal de Ferrol, que se construye en el barrio de Caranza. Se iniciaron en enero de 2005 pero se encuentran paradas desde hace meses. Caride señaló que se trata de "un tema complejo" y admitió que la situación aún no tiene solución. El problema actual, como recordó la conselleira de Política Territorial, reside en las diferencias surgidas entre la Xunta y la dirección de obra del proyecto, ya que el coste real del proyecto es muy superior a la la estimación económica inicial. "El compromiso de la consellería de Política Teritorial es claro, nosotros queremos que Ferrol tenga un auditorio, queremos resolver la situación cuanto antes, una situación sin perjuicio ni para la Xunta ni para los ferrolanos, pero indudablemente surgieron algunos problemas por el medio que tenemos que solucionar y solucionar bien", concluyó.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del Concello de Ferrol:

O alcalde da cidade, Vicente Irisarri, asinou coa conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María Xosé Caride, o convenio de colaboración para o financiamento da humanización da praza de España. Con este acordo, a Xunta achegará mediante unha subvención ao Concello de Ferrol un total de 5,2 millóns de euros que servirán para restaurar a legalidade urbanística nese espazo e resolver así unha importante demanda da cidadanía ferrolá: a eliminación dun edificio de 21 metros na superficie da praza.

O rexedor agradeceu públicamente o apoio da Xunta de Galicia, e máis concretamente da consellería, para achar unha solución ao que definiu como “un pesadelo” que hipotecaba para sempre o futuro da praza. Unha solución que, segundo destacou Irisarri, vai solventar un problema considerado ata hai ben pouco irresoluble. E, será, sen sacrificar a praza de España.

O alcalde tamén amosou a súa satisfacción porque, dixo, se cumpriron tres circunstancias moi importantes para a cidade. Por unha banda, o compromiso adquirido polo actual goberno municipal durante a campaña electoral respeto do futuro da praza. Por outra, a decisión adoptada polo executivo local non lle vai a custar nin un só euro á cidadanía ferrolá. Neste senso, apuntou que o goberno se vira obrigado a desenvolver un traballo intenso nun proceso longo e compricado que acaba de rematar cunha solución satisfactoria para as partes. Unha solución que chega, apostillou, grazas ao diálogo e á negociación e que, segundo puido constatar no contacto diario coa rúa, se viu que tivo unha excelente acollida na cidade. E, por último, Irisarri reiterou o compromiso deste goberno local de ser “garante da legalidade” en materia urbanística atendendo así ao requirimento realizado pola Xunta no mes de marzo para anular os acordos plenarios relativos ao proxecto de urbanización da superficie da praza de España.

Por último, o rexedor municipal agradeceu públicamente o compromiso adquirido pola Xunta de Galicia na recuperación dun espazo para a convivencia de toda a cidadanía ferrolá: “unha praza magnífica onde se vai a poder vivir e convivir sen ningún aditamento de grandes edificios”. Agradeceu especialmente que entre as prioridades da consellería esté Ferrol. E, sobre o futuro deseño da praza, indicou que non se ía inventar nada, senón que se procurará un espazo adecuado para o paseo, para o xogo dos nenos e nenas… Para, en definitiva, a convivencia entre os ferroláns e ferrolás.

Pola súa banda, María Xosé Caride declarou que o documento asinado esta mañá dá resposta a dúas cuestións nas que o seu departamento está fortemente implicado: a mellora da convivencia entre o tráfico rodado e o peonil, contribuíndo así á humanización das cidades, e o mantemento da legalidade urbanística. Subliñou, deste xeito, que os cidadáns e cidadás non perderán patrimonio por unha decisión da anterior corporación e que se gañará definitivamente a praza para o uso e disfrute dos ferroláns e ferrolás. Nesta liña, Caride tamén asegurou que o seu departamento apoiará aos concellos que, como Ferrol, queren facer as cousas ben e conforme á legalidade. Un espíritu de colaboración que puido constatar na cidade naval e que garantizou o propio Irisarri.

A conselleira, quen asegurou que na comarca de Ferrolterra as cousas están cambiando e se está rachando coa tendencia contraria de hai anos, asegurou que o pagamento do custo do convenio farase efectivo de xeito inmediato.

Previamente, o pleno da corporación aprobaba por unanimidade a sinatura do dito convenio entre as dúas Administracións.

Na sesión, o edil de Urbanismo, Angel Mato tendía a man aos grupos da oposición para consensuar un proxecto de praza de España “de todos”. Neste senso, o responsable de Urbanismo facía un chamamento aos partidos políticos con representación no Concello “para mirar ao futuro, porque do pasado xa se falou dabondo”. Pretende, deste xeito, “construír un proxecto de todos”. Asegurou tamén que “o que podía ter sido non foi”, pero que en cinco meses o actual goberno fora quen de darlle unha solución inalcanzable nos derradeiros catro anos.

Angel Mato lembrou que o goberno municipal levou a cabo unha negociación coa máxima discreción. A mesma que, asegurou, manterá na segunda fase a afrontar: o deseño da futura superficie da praza.

Na praza de España de Ferrol, no ámbito delimitado polo barrio da Magdalena, a avenida do Rei, a avenida de Vigo e a rúa Roi Xordo, realizáronse as obras de execución dun vial subterráneo, desvío dos servizos urbanos existentes e urbanización e acondicionamento da superficie da praza. O contrato do anterior goberno local concesionou á empresa contratista un espazo na praza de España para executar un edificio de 21 metros de altura sen cumprir os requirimentos da normativa urbanística. A achega da Consellería para recuperar estas actuacións para o uso público acadará unha cantidade máxima de 5,2 millóns de euros.

Co convenio asinado hoxe, a Consellería de Política Territorial e o Concello de Ferrol establecen as bases de colaboración técnica e económica para o financiamento e posta a disposición do uso público destas actuacións. Así, o Concello de Ferrol repón a legalidade de acordo co requirimento realizado polo departamento que dirixe María Xosé Caride ao anterior goberno local da cidade. Segundo viña reclamando Política Territorial, o Concello debía anular os acordos plenarios que amparaban as obras que se pretendían realizar na praza de España por ser nulos de pleno dereito e restrinxir as actividades permitidas nesa superficie exclusivamente a usos públicos de servizo directo aos cidadáns, como recolle o propio Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ferrol.

A humanización da praza de España inclúe a construción dun túnel entre a avenida do Rei e a avenida de Vigo que supón cambios importantes na circulación, xa que elimina o tráfico rodado pola superficie entre ambas rúas, o que xera un espazo peonil que comunica o Barrio da Magdalena coa praza de España. Esta actuación conleva unha profunda transformación dun entorno ata o de agora sometido a un intenso tráfico rodado e a súa conversión nun espazo de ocio, comunicación e atracción social que mellora a imaxe da cidade. Por iso, esta achega económica enmárcase dentro das competencias da Consellería de Política Territorial para realizar actuacións de mellora de contornos urbanos, de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e de equipamentos públicos que teñen por finalidade a revitalización do territorio.
R.