Skip to main content

Gálix conmemora el Día del Libro Infantil y Juvenil con dos nuevos títulos de la colección Lagarto Pintado

Nota de prensa remitida por la Consellería de Cultura e Deporte de la Xunta de Galicia:

O Día do Libro Infantil e Xuvenil celébrase en Oleiros ata o sábado 5 de abril en que transcorre a Semana do Libro e a Lectura. Alí a Consellaría de Cultura e Deporte e a asociación Gálix presentaron dous novos títulos da colección Lagarto Pintado. Son as compilacións de contos “De cando a primavera cría que era inverno, dirixido a menores de dez anos, e “Tres blues e un rap”, para maiores desa idade.

Os novos títulos da colección foron presentados pola delegada provincial da Consellaría de Cultura na Coruña, Milagres Lantes, e por Carlos Labraña, autor dun dos contos compilados e representante de Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).

O libro “De cando a primavera cría que era inverno” está composto por catro relatos de Carlos Labraña, Carlos López, Xosé Ballesteros e María Reimóndez, con ilustracións de Marta Álvarez. “Tres blues e un rap” fórmano catro contos de Xerardo Quintiá, Lourdes Maceiras, Marcos S. Calveiro e María Canosa, neste caso con ilustracións de Ramón Trigo.

As bibliotecas públicas de Galiza realizan numerosos actos de conmemoración do Libro Infantil e Xuvenil. Dentro da Semana do Libro e a Lectura de Oleiros, actuará ás 19 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o grupo The Pinga Teatro, que presenta a obra “O rei dos mares”. Tamén actuará o alumnado do IES María Casares, coa actuación musical “Marusía” e o recital poético “Mar de fondo”.

Por outra parte, está dispoñible en galego a revista Galician Books 2008, que se presentou con gran éxito na Feira de Boloña, o maior evento internacional da literatura infantil e xuvenil. Alí deuse a coñecer a edición en lingua inglesa desta publicación, na que se que ofrece unha mostra da creación contemporánea galega destinada ao público novo.

A publicación en galego poderase descargar desde a web de Praza das Letras (www.prazadasletras.org). Inclúe información ampla sobre as características e potencialidades da LIX galega, a ilustración, a proxección internacional, etcétera. Conta con artigos de escritores como Xabier P. Docampo, Xosé A. Neira Cruz, An Alfaia, Xosé Neira Vilas e Agustín Fernández Paz, entre outros.
R.