Skip to main content

Aumenta el paro en Galicia: casi 12.000 personas se quedaron sin empleo en el primer trimestre de 2008

El paro aumentó en el primer trimestre del año 2008 en Galicia en 11.900 personas, lo que supone un incremento del 12,30% en relación con el trimestre anterior, con lo que el número total de desempleados se situó en 108.400 personas, lo que representa una tasa de paro del 8,35%, según los datos de la Encuesta de Población Activa (EPA) hechos públicos por el Instituto Nacional de Estadística (INE). No obstante, en los últimos doce meses, el desempleo se redujo en 4.300 (-3,78%), mientras que el número de ocupados aumentó en 24.000 personas, lo que supone un aumento porcentual del 2,06% en relación con el mismo trimestre del año anterior. De enero a marzo la cifra de ocupados se redujo en 6.100 personas en relación con el trimestre anterior, lo que supone una caída del 0,51%, de forma que la cifra total de ocupados alcanza las 1.190.000 personas.

En cuanto a la tasa de paro masculino se situó en el 7,41% en el primer trimestre de 2008, ligeramente por debajo de la media nacional entre los hombres (7,87%). En el del desempleo entre las mujeres gallegas (9,54%), es más evidente el distanciamiento en positivo con la media nacional (11,99%). Por lo que respecta a la tasa de actividad en la comunidad gallega, alcanzó el 54,41%, unas cinco décimas por debajo de la media nacional, que es del 59,35%.

Galicia se erigió en el primer trimestre de 2008 con la octava tasa de paro mayor del país, con un 8,35%, encabezando el ranking Melilla (22,74%), Ceuta (16,87), Andalucía (14,83), Canarias (14,70), Extremadura (14,39), Baleares (10,74), Comunidad Valenciana (9,61), Castilla La Mancha (9,57) y Murcia (9,51). Respecto a la tasa de actividad, ocupó el décimo puesto, por detrás de Madrid (63,83), Cataluña (63,05), Baleares (62,57), Murcia (61,44), Valencia (60,97), Canarias (60,76), Aragón (58,88), Andalucía (57,14) y Castilla-La Mancha (56,55).

El secretario xeral del PPdeG, Alfonso Rueda, lamentó que la Xunta acuda a "explicaciones autocomplacientes" para justificar los datos del paro, que aumentó en Galicia en el primer trimestre del año 2008 en 11.900 personas según la Encuesta de Población Activa (EPA), y criticó que "nadie" en el Gobierno gallego ponga en marcha medidas para hacer frente a la "crisis galopante" que, a su juicio, vive tanto la comunidad como el resto de España. En rueda de prensa, el dirigente popular manifestó que "sólo hay una realidad, doce mil gallegos que antes tenían trabajo ya no lo tienen", pero se mostró convencido de que, pese a estos datos, el Gobierno bipartito seguirá instalado en la "autocomplacencia". "Lo malo es que esa autocomplacencia ya sólo complace al conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, y al presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, pero no al resto de la sociedad gallega", apuntó, y lamentó que la Xunta insista "en decir que no pasa nada" y que "no se ponga a trabajar".

Nota de prensa remitida por CC.OO.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CC OO) mostra a súa preocupación pola negativa evolución do emprego, logo dos datos publicados na última enquisa da poboación activa (epa) correspondente ao primeiro trimestre de 2008, que rexistra unha perda de 6.000 empregos (-0,51%) e un incremento do paro en 12.300 (12,3%) respecto ao trimestre anterior, co que o número total de persoas sen emprego en Galicia ascende a 108.400.

A caída da ocupación prodúcese entre os homes, con 8.600 ocupados menos, fronte a un incremento da ocupación feminina de 2.300 persoas. A suba do paro afecta por completo aos homes, xa que o desemprego feminino se reduce nun 2,7%. A construción e a industria deixan de ser os motores da actividade económica, pois en ambos se perde emprego: un 0,6% na construción e un 3,5 na industria. A mellor evolución do emprego dáse nos servizos (medra o 1% debido ao efecto estacional da Semana Santa, que contribúe a mellorar os datos globais).

A taxa de temporalidade aumenta un punto respecto ao trimestre anterior e sitúase no 30% por mor da destrución de emprego indefinido e polo incremento do emprego temporal. A temporalidade afecta máis ás mulleres (cuxa taxa se sitúa xa no 33% ao aumentar tres puntos) ca aos homes (cunha taxa do 27%, logo de se reducir dous puntos).

Respecto ao ano anterior, o emprego mantén as súas taxas de crecemento, debido á boa evolución do emprego nos servizos, que medra un 5,6%, mentres que a construción e a industria perden postos de traballo. A situación segue a ser máis favorable para as mulleres (xa que o emprego medra nun 4% e o paro se reduce nun 21%) que para os homes (a ocupación increméntase nun 0,5% e o paro nun 23%).

Neste contexto, a Secretaría de Emprego do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia amosa a súa preocupación pola evolución negativa do emprego e do paro. A anunciada desaceleración da actividade económica comeza a percibirse xa no emprego, pois neste primeiro trimestre a economía galega non foi capaz de xerar emprego para todas aquelas persoas que estaban dispostas a traballar, o que se traduce nun importante incremento do paro.

CC OO demanda dos gobernos autonómico e central unha reorientación das súas políticas económicas cara aos investimentos produtivos, as actividades de máis alto valor engadido e a protección social que garanta a cobertura de todas as persoas que poidan verse afectadas pola desaceleración da actividade.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Traballo de la Xunta de Galicia

Segundo se recolle na Enquisa de Poboación Activa correspondente ao primeiro trimestre de 2008, feita pública hoxe polo Instituto Nacional de Estatística, a poboación activa galega chega a 1.298.300 persoas, das que o 8,35% están en paro (108.400).

Galicia incrementa o seu número de parados en 11.900 persoas con respecto ao cuarto trimestre do ano pasado, ata sumar 108.400. Este incremento é similar ao experimentado nos pasados anos entre estes mesmos trimestres. A taxa de paro increméntase tres centésimas máis que en 2006 e unha décima máis que en 2007.

Neste trimestre prodúcese unha redución de ocupados de 6.100 con respecto ao trimestre anterior, o que supón en termos porcentuais unha diminución do 0,51%, similar á experimentada entre os mesmos trimestres de 2007, un 0,4% menos. Esta redución é sensiblemente superior á experimentada pola afiliación á Seguridade Social neste mesmo trimestre, que foi de 3.132 afiliados menos.

A comparativa entre o primeiro trimestre de 2008 e o mesmo período de 2007, dá como resultado un importante incremento de activos e ocupados, un incremento da contratación indefinida e un forte descenso de parados.

Neste sentido, a taxa de estabilidade aumenta en 2,5 puntos, ao situarse 0,4 puntos por enriba da media estatal e experimentando un diferencial de incremento de 0,6 puntos.

A taxa de paro no primeiro trimestre de 2008 experimenta unha variación de -0,52 puntos debido á redución de 4.200 parados.

Segundo se desprende dos datos aportados pola EPA correspondentes ao primeiro trimestre deste ano, o número de parados galegos sitúase en 108.400, dos cales 40.600 son homes e 55.900 son mulleres.

A taxa de paro feminino reduciuse en 2,77 puntos ata o 9,54% ata ficar 2,45 puntos por debaixo da taxa de paro feminina do Estado (11,99%)

Con respecto á poboación ocupada, neste cuarto trimestre contabilízanse 1.190.000 traballadores, deles 674.500 son homes e 515.500 son mulleres. En relación co mesmo trimestre de 2007 experimenta un incremento de 24.000, un 1,54%.

Mentres que as mulleres só representan o 43,3% do total de ocupados, supoñen o 50,2% dos parados. Continuar equiparando estas dúas cifras é o reto pendente do mercado de traballo.

En Galicia hai no primeiro trimestre de 2008 un total de 913.500 traballadores asalariados. Deles, 271.600 teñen un contrato temporal. A taxa de estabilidade galega sitúase no primeiro trimestre de 2008 no 70,3%. Isto implica un incremento de 2,5 puntos sobre o mesmo trimestre de 2007.
R.