Skip to main content

La Xunta estudiará como mejorar la financiación de la actividad audiovisual gallega. Presentado Curtocircuito 2008 en Santiago de Compostela

Curtocircuito 2008, festival promovido por el Ayuntamiento de Santiago de Compostela en colaboración con otras entidades, aspira a aumentar el número de cortos participantes y tener mayor difusión internacional. En dos semanas ya se han recibido 600 cortos, según la organización, que además de introducir novedades en esta edición, prevé invitar a periodistas especializados para dar dotar al evento de mayor proyección.

La V edición del Festival Internacional de Cortometrajes de Santiago de Compostela-Curtocircuito 2008 fue presentada, entre otros, por el concejal de Promoción Económica y Turismo, Xosé Manuel Iglesias, quien avanzó que el evento se desarrollará este año en medio de un proceso de traspaso de la organización a la Concejalía de Cultura. En la presentación también participó el teniente de alcalde y concejal de Cultura de Santiago, Néstor Rego, quien aseguró que la asunción de la organización por su departamento se hará "con absoluta normalidad". Según dijo, este cambio en la organización se vincula con la idea de que "parece razonable" que esta actividad audiovisual, como ya sucede con Cineuropa, se integre bajo las competencias de Cultura. No obstante, tanto Iglesias como Rego rechazaron que se vayan a traspasar más competencias de Turismo a Cultura. En concreto, la Santiago de Compostela Film Commissión (SCFC), la oficina de gestión de rodajes en la ciudad, se entiende más vinculada con la promoción turística de la ciudad.

Según el concejal de Promoción Económica y Turismo, la edición de 2007 convirtió a Curtocircuito en "el certamen internacional de cortos más importante de la Península Ibérica", con 2.864 trabajos recibidos desde 84 países. Como objetivos para la presente edición, señaló la intención de "consolidarlo" con la captación de más cortos a concurso y de potenciar este evento como "elemento promocional de Santiago en el mundo", para lo que se difundirá e invitará a periodistas especializados.

Por su parte, el director de Curtocircuito, Tim Redford, expuso las características de la nueva edición, de la que dijo cuenta con "un interesante programa de actividades", y algunas de las novedades, que pasan por el aumento en la cuantía de premios y por la creación de una categoría para premiar a los mejores cortos hechos en el conjunto del Estado español.

Entre las novedades destaca el incremento en la cuantía de los premios y la creación de una categoría para premiar las mejores cortas hechas en el conjunto de España. Los plazos ya están abiertos para participar el concurso internacional hasta el 27 de junio, y para formar parte del catálogo del III Mercado de Cortometrajes, hasta el 24 de julio.

Curtocircuito 2008 convoca de nuevo el Concurso de guiones para cortometrajes Compostela Plató, que tiene como premio la producción del guión ganador. Este será rodado en el verano en Santiago, con el objetivo de promocionar la ciudad como escenario ideal para rodal cualquier tipo de historia.

Otras de las actividades será la proyección al aire libre de Curtocircuito na Rúa, los jueves de julio y agosto, hasta llegar a la Semana Oficial del Festival, del 17 al 24 de octubre. Esta amplía su duración a siete días, lo que permitirá realizar una oferta más variada de actividades. También se amplía la duración del III Mercado Internacional de Cortometrajes, que durante cinco jornadas será un punto de encuentro de referencia para profesionales de todo el mundo.

Xosé Manuel Iglesias evitó concretar el presupuesto para la celebración de este evento, aunque dijo que cuenta con aportaciones de los dos departamentos municipales implicados y de varias entidades a las que pueden sumarse otras en próximas fechas. Como muestra del respaldo a esta iniciativa en la presentación estuvieron presentes el director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel Fernández Iglesias; por la Diputación da Coruña, Caridad González Cerviño (Comisión de Cultura); por la Axencia Audiovisual Galega, Manolo González; y por la Fundación Caixa Galicia, Ana Salgado.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, mantivo un almorzo de traballo cos representantes das principais asociacións do sector audiovisual de Galicia. Durante a xuntanza, e logo de repasar os desafíos que afronta o sector e as súas relacións coa Administración, Pérez Touriño anunciou que estudará as posibles vías para mellorar o financiamento da actividade audiovisual en toda a súa escala de valor.

O xefe do Executivo autonómico comprometeuse, así mesmo, a impulsar unha mesa de diálogo entre os representantes do sector e as distintas áreas de Goberno para reforzar a política integral e intensificar os esforzos de promoción desa actividade, considerada estratéxica pola Lei do Audiovisual de Galicia, aprobada no seu día por unanimidade.

Á xuntanza co xefe do Executivo autonómico asistiron a presidenta da Academia Galega do Audiovisual, María Bouzas; o presidente e o vicepresidente da Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual, Ramón Domínguez e Jorge Algora; a presidenta e un membro da directiva da Asociación Galega de Produtoras Independentes, Dolores Ben e Antonio Varela; o presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Vicente Montoto; Carlos L. Piñeiro, membro da directiva da Asociación Galega de Guionistas; a presidenta da Asociación de Profesionais da Rama Artística da Dobraxe de Galicia, Ana Lemos; o da Asociación dos Técnicos de Galicia do Audiovisual, Juan Morgade; o presidente da Asociación de Directores e Realizadores de Galicia, Xabier Bermúdez, e Héctor Carré, membro da directiva deste colectivo; e a presidenta de Empresas Galegas Adicadas a Internet, Beatriz Legerén.

A Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual (AEGA), é unha asociación de produtoras constituída no ano 2001 que na actualidade agrupa 11 empresas. A Asociación dos Técnicos de Galicia do Audiovisual (ATEGA) foi creada en 2006 co obxectivo de defender os intereses dos traballadores e traballadoras dos distintos oficios técnicos vencellados ao audiovisual.

Pola súa banda, a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia, (CREA), naceu no 2003 co obxectivo de impulsar, desenvolver e fomentar o debate entre os profesionais da dirección cinematográfica e a realización televisiva, ademais de servir de canle de comunicación coa Administración.

Empresas Galegas Adicadas a Internet (EGANET) é unha asociación formada por empresas e profesionais galegos do sector de internet e das novas tecnoloxías nacida no ano 2000 co obxectivo de representar aos especialistas galegos en novas tecnoloxías informáticas e da información, defendendo os seus intereses, promovendo a súa formación e facilitando o seu desenvolvemento profesional, e a día de hoxe agrupa 30 empresas do sector.

A Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), pola súa banda, foi constituída no 1994, e actualmente integra 35 produtoras.

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), agrupa aos actores, actrices e directores de escena de Galicia, e conta con 258 socios, mentres que a Asociación Galega de Guionistas foi constituída no 1997, e hoxe integra a meirande parte dos guionistas de obras para televisión e cinema realizadas polas empresas produtoras da nosa Comunidade.

Por último, a Asociación de profesionais da Rama Artística da Dobraxe de Galicia (APRADOGA) é unha asociación de dobraxe creada en 2006 co obxectivo de defenderse do intrusismo profesional e dignificar o traballo de actor de dobraxe.

Nota de prensa remitida polas asociacións empresariais e profesionais do audiovisual galego:

Reunidas por primeira vez, todas as asociacións empresariais e profesionais relacionadas co sector audiovisual galego, (AEGA, AAAG, AGAG, AGAPI, APRADOGA, ATEGA, CREA, EGANET), co Presidente da Xunta de Galicia, presentóuselle un decálogo consensuado das prioridades que afetectan ó sector.

Esta reunión deu lugar a un diálogo positivo e necesario no que constatamos a coincidencia da visión do Presidente coas nosas demandas expresadas no decálogo. O Presidente manifestou o seu compromiso de traballar na solución dos problemas presentados, acordando constituir de inmediato unha mesa de dialogo entre a administración e o sector audiovisual, e unha próxima reunión nos vindeiros meses.

O diálogo, deu lugar a varios requerimentos, e entre eles:

-Por en marcha unha política única, que afecte o sector.

-E o cumprimento por parte da TVG da lei do 5%.

DECÁLOGO: DEMANDAS DO SECTOR AUDIOVISUAL GALEGO Ó GOBERNO GALEGO.

1º/ Demandamos a aplicación da vixente Lei do Audiovisual de Galicia coa concreción dunha política audiovisual única para evitar a paralización do sector por mor de criterios contrapostos dentro da administración.

2º/ Demandamos a optimización das partidas orzamentarias comprometidas destinadas á industria audiovisual.

3º/ Propoñemos o establecemento dunha dotación orzamentaria
especifica para que a Televisión de Galicia cumpra coa Lei do 5%
segundo os criterios contables de dita lei.

4º/ Reclamamos a posta en marcha da Segunda Canle da Televisión de Galicia cumprindo o compromiso público adquirido no seu día.

5º/ Reclamamos urxentes medidas con dotación orzamentaria
específica para que as obras audiovisuais galegas atopen a distribución e a promoción necesarias para facerse visíbeis e rendíbeis. Tódolos esforzos que se leven a cabo na produción tornaranse ineficaces se nón empregámos o mesmo esforzo na difusión.

6º/ Demandamos unha xestión coordinada entre a Televisión de Galicia e a Axencia Galega do Audiovisual para o apoio conxunto dos formatos admitidos na Lei do 5%.

7º/ Reclamamos incrementar o esforzo inversor da Televisión de Galicia nos formatos contratados ás produtoras independentes.

8º/ Demandámos a garantía de que a adxudicación de contratos e subvencións non recaian en empresas do sector que incumpran a legalidade no tocante os convenios colectivos vixentes.

9º/ Propoñemos a inclusión da materia audiovisual no ensino
obrigatorio.

10º/ Reclamamos a participación vinculante do sector audiovisual galego nos órganos de dirección das entidades xestoras da política audiovisual galega e esiximos un organismo único que garanta o cumprimento das reivindicacións do sector.

AEGA (Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual)

AAAG (Asociación de Actores e Actrices de Galicia)

AGAG (Asociación Galega de Guionistas)

AGAPI (Asociación Galega de Productoras Independientes)

APRADOGA (Asociación de Profesionais da Rama Artística da Dobraxe de Galicia)

ATEGA (Asociación de Técnicos de Galicia de Audiovisual)

CREA (Cineastas e Realizadores Asociados)

EGANET (Empresas Galegas Adicadas a Internet)



R.