Skip to main content

El presidente de la Xunta apuesta por racionalizar la Administración pública dialogando con los sindicatos y reduciendo la libre designación

El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, consideró hoy que la "necesaria e ineludible racionalización" de la Administración Pública pasa por "la modernización de las fórmulas de gestión y prestación de servicios" y manifestó la voluntad del Gobierno gallego de dialogar con los sindicatos, que ayer criticaron la política del Ejecutivo autonómico al respecto.

Concretamente, los sindicatos UGT, CC.OO., CIG y CSI-CSIF denunciaron que los denominados 'chiringuitos', la administración paralela de la Xunta, generan "un volumen de 1.060 millones de euros" y criticaron que el actual Gobierno, lejos de disminuir estas prácticas, las ha incrementado.

Frente a ello, Touriño defendió, tras el Consello de la Xunta, la labor llevada a cabo por el Ejecutivo gallego en materia de Función Pública e indicó que la reforma de la Administración "pasa no por detraer del ámbito de lo público, del concurso del mérito y la transparencia en la gestión, sino por la modernización de las fórmulas de gestión y de prestación del servicio". Esa será una de las premisas con las que el jefe del Ejecutivo gallego acudirá al diálogo con los sindicatos, a los que hoy ofreció el "puente de comunicación" que demandaron. En todo caso, consideró que no hay precedentes de un Gobierno "más comprometido con la mejora de las condiciones de trabajo de los empleados públicos del país".

Destacó que la Administración Pública, que era en 2005 "la mayor fábrica de precariedad de Galicia", con un índice del 25 por ciento, presentaba en enero del actual ejercicio una ratio del 17 por ciento y tiene el objetivo de reducir la temporalidad hasta el 8 por ciento. En esa línea, subrayó que la Xunta ha convocado "la mayor Oferta Pública de Empleo de la historia de la comunidad autónoma" y apuntó además que está prevista una reducción de más del 50 por ciento de los cargos de libre designación, que definió como "puestos de designación digital de la anterior administración".

Finalmente, también aseguró que los empleados públicos del ámbito de la Sanidad y la Educación han disfrutado de "la mejora retributiva más importante de la comunidad" e insistió en que el Gobierno gallego lleva a cabo una apuesta por la profesionalización y la potenciación de la Función Pública.

El presidente, que se mostró seguro de que se abrirá un periodo de «reflexión conjunta» con las centrales sindicales sobre esta denuncia y se establecerá un «puente de diálogo», indicó que no hay precedente de un Gobierno «más comprometido» que el actual con la mejora de la profesionalización de las condiciones de trabajo de los empleados públicos. Así, recordó que en abril se firmó un acuerdo con los sindicatos que permitirá rebajar la tasa de precariedad en la administración, que era del 24,77%, que en enero se redujo en ocho puntos y se espera llegar al ocho, lo que supone una reducción «drástica, de fondo calado». Además, Pérez Touriño indicó que con los acuerdos establecidos con las centrales también se producirá una reducción de más del 50% en los nombramientos de libre designación. El presidente de la Xunta sostuvo que el actual Gobierno también ha hecho la mayor oferta pública de empleo mayor de la historia de la autonomía e insistió en que los trabajadores de la enseñanza y la sanidad han experimentado la mayor subida de sus remuneraciones.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

“O Goberno que presido está facendo unha aposta de profesionalidade, de mellora retributiva, unha aposta de redución da precariedade e unha aposta de potenciación da función pública”. Así o asegurou o xefe do Executivo galego, Emilio Pérez Touriño, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, onde remarcou que estas son “as liñas mestras” da actuación do Goberno autonómico en materia de función pública.

“Non creo que se poidan encontrar precedentes, ningún Goberno da Xunta neste país máis comprometido co que é xustamente a mellora da profesionalización e das condicións de traballo dos empregados públicos”, aseverou Pérez Touriño, incidindo na redución das taxas de precariedade e de estacionalidade.

A este respecto, o presidente da Xunta sinalou que se está a traballar “con eficacia e co concurso dos sindicatos” -grazas ao acordo asinado coas centrais sindicais da CIG, UXT e CC.OO. o pasado 21 de abril-, na redución das taxas de temporalidade dos traballadores da administración pública.

De feito, segundo explicou, á súa chegada ao Goberno da Xunta, a administración pública galega tiña unha alta taxa de temporalidade. “A administración pública que herdamos era a mellor fábrica de precariedade, o centro de traballo empresarial múltiple co nivel de precariedade máis alto de toda Galicia, o 24,77 por cento”, aseverou. Unha taxa de precariedade que desde o ano 2005 ata xaneiro de 2008 se logrou reducir en 8 puntos, ata chegar ao 17 por cento. Pérez Touriño subliñou, ademais que o obxectivo do Goberno que preside é lograr chegar a reducila ata o 8 por cento.

Xunto con isto, Emilio Pérez Touriño tamén se referiu ao acordo polo que se reducirán en máis da metade, máis do 50 por cento, os postos de libre designación da anterior administración.

“Polo tanto –afirmou-, estamos falando dunha redución da precariedade de fondo calado, drástica, substancial e radical; e tamén dunha redución da libre designación, substancial, radical, medible e cuantificable”.

Así mesmo, Emilio Pérez Touriño explicou que tamén se está levando a cabo unha política de renovación e ampliación da función pública, “dunha potencia nunca antes coñecida”, posto que, sinalou, “acabamos de aprobar o acordo hai pouco da maior oferta pública de emprego da historia da comunidade”, máis de 3.400 prazas, incrementando, “por moito todo o anterior”.

“Polo tanto, estamos expandindo a base da función pública e da potenciación en recursos humanos, non só reducindo precariedade senón ampliando a capacidade e renovando recursos”, engadiu Touriño ao respecto.

Na mesma liña, tamén salientou que tanto os traballadores da sanidade como os do ensino, “os dous grosos fundamentais do emprego público e do traballo na comunidade autónoma”, coñeceron “a mellora retributiva máis importante da historia” da comunidade. “Están aí os datos, están publicados e foron rubricados polas centrais sindicais”, aseverou Touriño.

Xunto con isto, o presidente da Xunta tamén sinalou que existe “unha necesaria e ineludible” modernización e racionalización da administración, que pasa, “non por detraer do ámbito do público, polo tanto, do concurso do mérito e da transparencia da xestión ámbitos da función pública, senón pola modernización das fórmulas de xestión e das prestacións dos servizos”, sinalou.

O xefe do Executivo autonómico manifestou, por último, a vontade do Goberno “a dialogar, a seguir acordando e a seguir impulsando a mellora da función pública” coas centrais sindicais.

Directrices de ordenación do territorio, antes do verán
Na rolda de prensa do Consello da Xunta, Emilio Pérez Touriño tamén avanzou que “antes do verán e de maneira inmediata” se vai facer a presentación das directrices de ordenación do territorio, “tal e como estaba comprometido”.

“Este Goberno dentro de escasos días, antes do verán en todo caso, vai aprobar e presentar as Directrices de ordenación do territorio. Polo tanto –aseverou-, retrasos nós ningún”, aseverou Pérez Touriño, indicando que “será difícil que exista un Goberno -probablemente ningunha comunidade autónoma de España-, tan comprometido coa protección do litoral, coa protección das nosas costas, do noso medio ambiente e coa protección dun urbanismo razoable e sostible, e coa busca, polo tanto, comprometida da calidade e da excelencia; comprometido coas persoas e cos territorios do noso país”, aseverou.

“Con esta política que estamos a facer, con esa Lei do Litoral e co plan que sacaremos no prazo marcado pola lei, xunto coas Directrices de ordenación do territorio, creo que imos nun avance importante nesta dirección”, aseverou o presidente da Xunta ao respecto.

Así mesmo, Pérez Touriño sinalou que na actualidade, “hai sitio dabondo onde construír”, que “o problema non é falla de espazo” e que nada “se vai conseguir por pretender gañar os 500 metros protexidos da nosa costa” para a construción.

“Por aí non fai o futuro deste país nin do sector inmobiliario”, aseverou o mandatario galego, quen lembrou que desde o Goberno que preside hai unha política “activa” de impulso á vivenda de protección e de impulso á vivenda en aluguer. “Creo que por aí é por onde temos que camiñar e sacar toda a fortaleza do país e de recuperación e saída do axuste do sector”, concluíu Touriño ao respecto.

Fotografía: Carlos Rodríguez Arias.
R.