Skip to main content

USC y Xunta promueven un estudio para conocer el reparto de las cargas familiares en los hogares

La Consellería de Traballo y la Universidade de Santiago de Compostela (USC) estudiarán las dinámicas familiares, el trabajo doméstico no remunerado y los usos del tiempo en los hogares gallegos con el fin de determinar su aportación a la economía de Galicia y poder fijar actuaciones futuras para alcanzar igualdad entre hombres y mujeres. Así lo suscribieron en Santiago de Compostela el rector de la USC, Senén Barro, y el conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, con la firma de un acuerdo de colaboración entre ambas entidades. Este proyecto responde a las exigencias recogidas por la Ley do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia, que establece la realización de una cuenta satélite como herramienta estadística para cuantificar el valor económico del trabajo doméstico.

El rector de la USC explicó que el estudio analizará qué tipo de tareas domésticas se desarrollan en los hogares gallegos y cómo estas actividades se distribuyen entre hombres y mujeres. Indicó que los resultados permitirán a las diferentes entidades implicadas concretar líneas de actuación en aquellos parámetros en los que así lo consideren oportuno.

En este sentido, Ricardo Varela subrayó la importancia de las futuras conclusiones del estudio porque permitirán, según explicó, conocer la "carga global" de trabajo de los gallegos y su incidencia en las personas a la hora de integrarse en el mercado y vida laboral. Argumentó que este proyecto ofrecerá una "fotografía" sobre los hogares gallegos y que los resultados permitirán determinar las repercusiones de los usos del tiempo en el ámbito doméstico con la conciliación de la vida laboral, empleabilidad de las mujeres o el desarrollo de la carrera profesional. También incidirán sobre la necesidad de contar con medidas específicas de apoyo a la conciliación de los tiempos de vida.

Asimismo, Ricardo Varela explicó que estos datos formarán parte de la cuenta satélite en donde se cuantifica el valor económico del trabajo doméstico, comunitario y de cuidados realizado por mujeres y hombres para determinar su aportación a la economía gallega y dotarlo con una debida cuantificación económica y publicidad social. Este objetivo, según indicó el conselleiro, requiere analizar el volumen de empleo que existe en Galicia en cada una de las actividades económicas y citó la aportación de las tareas domésticas y su contribución al Producto Interior Bruto (PIB).

Ricardo Varela resaltó que en 2003 las tareas y servicios domésticos no remunerados de los hogares gallegos supusieron una aportación estimada al PIB de "más del 30%". Según recogen los datos del Instituto Galego de Estatística (IGE), la estimación del valor añadido bruto (VEB) generado por estos servicios asciende a 15.149 millones de euros. En este sentido, los datos de la cuenta satélite de la producción doméstica -referidos a 2003- muestran que el colectivo femenino realiza el 74% del trabajo productivo del hogar. Por ejemplo, las mujeres gallegas contribuyen con un 81% a proporcionar ropa y comida, frente al 19% de los hombres.

El proyecto, que durará ocho meses, estará liderado por un equipo "plural y multidisciplinar", según subrayó Senén Barro, y correrá a cargo de la Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales de la USC bajo la dirección de la catedrática de Historia e Instituciones Económicas María José Rodríguez Galdo. Para ello, los profesionales tendrán en cuenta los datos obtenidos de la cuenta satélite de producción doméstica del IGE, analizarán los datos extraídos de la encuesta del empleo del tiempo y contarán con herramientas informáticas para estudiar los cambios que se produjeron desde 2003 hasta la actualidad en la distribución de los usos del tiempo.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Traballo de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Traballo promoverá xunto coa Universidade de Santiago de Compostela un estudo en profundidade do uso do tempo na Comunidade Autónoma de Galicia, mediante unha análise exhaustiva dos datos extraídos da enquisa de emprego do tempo. Tamén se terán en conta os datos obtidos da conta satélite de produción doméstica, realizada polo Instituto Galego de Estatística. Ao mesmo tempo, establecerase unha metodoloxía de análise e o deseño dunha ferramenta informática que permita estudar os cambios acontecidos dende o ano 2003 ata a actualidade.

Así se recolle no acordo de colaboración asinado entre o conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro, para a posta en marcha dun estudo sobre as dinámicas familiares, o traballo doméstico non remunerado e os usos do tempo nos fogares de Galicia. O presuposto para a posta en marcha deste proxecto ascende a preto de 120.000 euros.

Ricardo Varela sinalou que os obxectivos desta actuación son coñecer dun xeito máis profundo os comportamentos dos fogares galegos e a distribución das responsabilidades familiares nos fogares e detectar as novas necesidades de información. Este último reto permitirá profundizar con máis detalle en determinados aspectos, que xa se recollen na enquisa que elabora o Instituto Galego de Estatística.

Recordou que este proxecto está recollido na Lei do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia, promovida pola Consellería de Traballo. No texto establécese o compromiso de elaborar unha conta satélite onde se cuantifique o valor económico do traballo doméstico, de coidados e comunitario realizado por mulleres e homes, para darlle a debida cuantificación económica e publicidade social.

Destacou que o cumprimento deste obxectivo require o coñecemento, con perspectiva de xénero, do volume de emprego que existe en Galicia en cada actividade económica. Puntualizou que se debe prestar unha especial atención a aquelas formas de traballo que non gozan dunha valoración económica axeitada.

En definitiva, a conta satélite- recalcou- permitirá coñecer a carga global de traballo que desenvolven os traballadores e as traballadoras. Ademais, argumentou que esta carga ten unha incidencia definitiva na posición que homes e mulleres asumen no mercado laboral, como por exemplo: no acceso ao traballo remunerado, na empregabilidade das mulleres, na necesidade de contar con medidas específicas de apoio á conciliación dos tempos de vida, e no desenvolvemento da carreira profesional.

Tamén explicou que influe nas posibilidades de reciclaxe profesional e de formación ocupacional, na participación en órganos de representación, na posibilidade de ocupar postos de dirección, na aparición de enfermidades profesionais e na accidentabilidade.

Ambas partes coincidiron en que a valoración económica do traballo non remunerado é fundamental para modificar a súa percepción social e acadar a igualdade no seu reparto.

Ricardo Varela destacou que para a Consellería de Traballo a resposta á desigualdade non se atopa soamente na conciliación da vida laboral e familiar, senón que ten que ir moito máis alá dun asunto de horas ou dun reconto das achegas dos homes e das mulleres.

A Consellería de Traballo dispón de datos que reflicten as grandes diferenzas que hai na distribución dos tempos no fogar entre homes e mulleres .

A conclusión inicial que se pode deducir é que as mulleres realizan o 74% do traballo produtivo do fogar. Soamente a función traballo voluntario é compartida (un 46% os homes e un 54% as mulleres).

Proporcionar roupa e comida supón a metade do traballo produtivo do fogar; nestas dúas funcións as mulleres aportan o 81,3%, máis das tres cuartas partes. En proporcionar aloxamento e coidados as mulleres aportan máis das dúas terceiras partes (67,8%), supoñendo o 43,9% do total.

Estes datos reflicten a necesidade de equilibrar o traballo produtivo dos fogares entre homes e mulleres que, segundo a Conta Satélite, recae en case nas súas tres cuartas partes (73,9%) nas mulleres, de tal xeito que permita conciliar a vida laboral e familiar.

Tal e como se recolle no texto do acordo asinado, a USC, a través da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, comprométese a realizar este estudo para coñecer as dinámicas familiares, o traballo non remunerado e os usos dos tempo. O equipo de traballo deste proxecto estará dirixido por María Xosé Rodríguez Galdo, catedrática de Historia e Institucións Económicas. A duración total deste proxecto é de 8 meses.

O estudo baséase en dous bloques, un centrado na análise da familia e a actividade económica e outro centrado nas dinámicas familiares, traballo de coidados e traballo doméstico non remunerado, así como o uso do tempo nos fogares galegos.

Deste xeito, estudaranse as debilidades e fortalezas da situación económica e social de Galicia e a necesidade de ampliar o marco de análise das actividades produtivas. A información básica será a enquisa do uso do tempo, realizada polo Instituto Galego de Estatística en colaboración co Instituto Nacional de Estatística.
R.