Skip to main content

Presentado el nuevo Carné Xove de ámbito europeo con servicios para jóvenes de entre 12 y 30 años

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar de la Xunta de Galicia:

Representantes de Vicepresidencia, Caixa Galicia e Obra Social Caixa Galicia asinaron hoxe en Santiago un convenio para o desenvolvemento e promoción de programas destinados á xuventude, entre os que destaca a difusión do Carné Xove Euro <30. Por parte da Vicepresidencia estiveron a secretaria xeral do Benestar, María Xesús Lago, e o director xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela. Dende Caixa Galicia estivo na sinatura o director da Obra Social de Caixa Galicia, Manuel Aguilar.

Vicepresidencia, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, e Caixa Galicia xa veñen colaborando nos últimos anos no mantemento e promoción do Carné Xove Euro <30. Este ano, Caixa Galicia e a obra social Caixa Galicia achegan ata 216.000 euros para esta iniciativa.

Como novidade este ano, ponse en marcha o novo Carné Xove Euro <30, un carné europeo de servizos para a mocidade de entre 12 e 30 anos. Deste xeito, refúndense neste novo instrumento os antigos Carné Xove, que era para mozos e mozas de 12 a 26 anos, e o Carné Máis, para os de 26 a 30 anos. Así unifícanse os dous carnés, o que simplifica os trámites para usuarios e entidades asociadas, ao tempo que se manteñen e melloran todos os servizos e prestacións para os mozos e mozas de entre 12 e 30 anos de idade.

Dende a Vicepresidencia reitérase este compromiso co Carné Xove como unha aposta pola cercanía aos mozos e mozas de Galiza e por coñecer as súas necesidades e expectativas. A secretaria xeral do Benestar destacou ademais que esta ferramenta financeira implica tamén un proxecto por tecer unha rede de entidades e centros que oferten servizos e prestacións con descontos para os mozos e mozas a nivel europeo.

O Carné Xove é un programa europeo no que participan un total de 41 países e todas as comunidades do Estado, co obxectivo de favorecer o acceso a diferentes bens e servizos a través de descontos ou de calquera outra vantaxe, facilitando así unha maior mobilidade en todo o ámbito europeo. Este carné permite, polo tanto, aos seus titulares un acceso privilexiado a diferentes bens e servizos, que abranguen dende o ámbito cultural ao aloxamento, o transporte, os comercios ou o ensino.

O Carné Xove ten unha validez de dous anos dende a data da súa emisión ou ben ata a data en que o mozo ou moza titular cumpra a idade que o exclúa do colectivo ao que se dirixe esta tarxeta. Ademais, se o mozo ou moza ten entre 16 e 30 anos, pode solicitar a tarxeta Visa Electrón Xove, que nunha soa tarxeta une as vantaxes do Carné Xove e unha Visa Electron Caixa Galicia.

En Galiza hai máis de 37.000 mozos e mozas que posúen o Carné Xove e hai máis de 300 centros expendedores deste carné.

Para obter o Carné Xove é preciso cubrir un impreso, acompañado dunha foto de tamaño carné, presentar o DNI e aboar 6 euros. Os lugares nos que se expiden son os servizos provinciais, as oficinas locais de xuventude e as oficinas integradas na Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil. No caso do modelo bancario do carné é preciso acudir a calquera oficina de Caixa Galicia.
R.