Skip to main content

Galicia afronta la crisis económica con un paquete de 300 medidas por importe de casi 8.000 millones de euros. La confianza del consumidor gallego se desploma, según el Instituto de Estatística

El Acuerdo por la Competitividad de Galicia 2008-2011 pretende configurar un nuevo modelo económico en la Comunidad y servir como «dique de contención» a las «turbulencias» de la economía mundial, con la inversión de 7.866 millones de euros, repartidos en cerca de 300 medidas. Así lo ha asegurado en Compostela el presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, durante la firma del acuerdo con la Confederación de Empresarios de Galicia y los sindicatos UGT y CC.OO., donde apuntó que este pacto supone la «culminación» de las medidas puestas en marcha por el Ejecutivo ante «los primeros síntomas de desaceleración».

El acuerdo se vertebra en torno a cinco ejes estratégicos, que buscan el desarrollo y modernización empresarial, impulsar la demografía y el empleo, fomentar la inversión en I+D+i y desarrollar la sociedad de la información, mejorar las infraestructuras y la conservación del medio y la gestión de los recursos naturales.

Se desploma la confianza del consumidor gallego

El Índice de Confianza del Consumidor (ICC) gallego disminuyó dos décimas en junio con respecto al mes anterior, según el Instituto Galego de Estatística (IGE). El parámetro se situó en -38 puntos y el IGE considera que el comportamiento es debido a la disminución de todos los indicadores parciales, excepto el que corresponde a la evolución del empleo, que se incrementa en 5,2 puntos. La confianza del consumidor gallego disminuyó 26,1 puntos en el último año.

En cuanto a las perspectivas de evolución de los precios y la oportunidad de hacer grandes compras, las primeras disminuyen 2,6 puntos y la segunda cae en 7,4 con respecto a mayo. En los últimos 12 meses la capacidad de ahorro de los gallegos bajó en 20,3 puntos (de -31 a -52,3), el indicador de la situación financiera personal en 22,5 (de -12,8 a -35,3), el de la situación económica en Galicia en 24,8 (de -13,7 a -38,5) y el de empleo en 15,6 puntos (de -10,2 a -25,8). Por su parte, en junio el indicador de perspectivas de la evolución de los precios disminuyó 2,6 puntos con respecto al mes anterior, mientras que el de la capacidad de hacer grandes compras cayó en 7,4 puntos.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, salientou que o Acordo pola Competitividade de Galicia 2008-2011, rubricado entre a administración autonómica, a Confederación de Empresarios de Galicia e as centrais sindicais UXT-Galicia e CC.OO. de Galicia, representa un pacto “histórico”que “xera confianza no país, na súa potencialidade económica e nos seus recursos” e que “ambiciona reconverter a desaceleración económica nunha vantaxe competitiva”. O presidente galego destacou que existen tres factores que lle proporcionan unha “extraordinaria fortaleza” ao documento asinado hoxe: a materia sobre a que versa: a competitividade; o instrumento utilizado para logralo: o diálogo social; e o contexto no que se produce: un escenario de “serias dificultades económicas”.

Así mesmo, o titular galego incidiu, ademais, en que esta iniciativa “ambiciosa” instrumenta medidas “reais e planifica as mellores rutas posibles para que a economía galega viaxe sen sobresaltos no inmediato horizonte”. Pérez Touriño destacou que o acordo se “edificou coa argamasa do diálogo, a conxunción de intereses, o consenso responsable e o compromiso solidario”. “Aí reside a súa forza para xerar confianza e a súa capacidade transformadora”, aseverou ao respecto.

O máximo mandatario autonómico tamén explicou que durante os seus catro anos de vixencia, o acordo vai mobilizar arredor de 8.000 millóns de euros para financiar preto de 300 medidas vertebradas en cinco eixes estratéxicos de actuación que buscan, no seu conxunto, incentivar a economía baseada no coñecemento, fortalecer a cohesión social e potenciar o crecemento equilibrado e sostible.

Na súa intervención, o xefe do Executivo galego incidiu en que a relevancia do acordo asinado hoxe vén dada, en primeiro termo, “pola decisión de poñer en común unha folla de ruta e pola capacidade de consensuar unha estratexia” entre o Goberno autonómico, a patronal e os axentes sociais. Representa “o camiño que queremos seguir”, engadiu Pérez Touriño lembrando que esta iniciativa supón a “plasmación dun compromiso compartido e unha dínamo que fabrica confianza no tecido social, o mellor combustible para os motores de dinamización económica”.

O titular da Xunta explicou, ademais, que o Acordo pola Competitividade de Galicia 2008-2011 recolle cinco eixes de actuación estratéxicos que xiran en torno ao desenvolvemento e modernización das empresas; ao mantemento do peso demográfico e a garantía do crecemento do emprego; a I+D+i e a sociedade da información; a aposta pola modernización das redes de transporte e das infraestruturas enerxéticas; e a preservación do territorio e o medio ambiente.

O primeiro eixe, o relativo ao desenvolvemento e modernización das empresas, inclúe, segundo relatou o presidente galego, medidas de apoio específico a novos emprendedores, incentivos á modernización do tecido produtivo e o fomento da innovación, a cooperación e o asociacionismo empresarial. Así o acordo pretende que a conexión entre o sistema ciencia-tecnoloxía-empresa reciba un pulo co reforzamento do clúster intersectorial do coñecemento e propón a activación dun ambicioso Plan de Internacionalización da Empresa galega apoiado en tres vías: a do ordenamento, a dos incentivos económicos e a da estrutura institucional. Destacan ademais os apoios ao sector turístico e a difusión de Galicia como país e marca “con identidade propia”.

Do mesmo xeito, recolle solucións dirixidas ao fomento do investimento empresarial e do espírito emprendedor que van desde un programa de incentivos económicos e liñas de financiamento industrial ata o impulso de préstamos participativos e o reforzamento do sistema galego de capital risco e de garantía recíproca; propostas específicas para empresas familiares, como un programa integral de apoio aos procesos de transmisión e sucesión; ou respostas para empresas en situación de crise ou inmersas en procesos de reestruturación. Ademais este eixe de actuación prevé a creación dun Centro de Servizos Adaptados ás necesidades das pemes, ou a futura aprobación da Lei de Ordenación do Comercio Interior de Galicia.

Respecto do segundo eixe, que ten como finalidade acrecentar o peso demográfico de Galicia e garantir o crecemento do emprego, Pérez Touriño destacou que o acordo articula unha combinación de programas: como un sistema de incentivos á natalidade; accións encamiñadas a captar fluxos de inmigración e apoiar o retorno de emigrantes; unha política de vivenda encamiñada a facilitar a emancipación; ou medidas concretas para conciliar a vida familiar e laboral. “Mentres, o autoemprego, a economía social e a integración de colectivos desfavorecidos desempeñan un papel nuclear no impulso da empregabilidade”, engadiu Touriño indicando, que tamén a mellora do capital humano está moi presente no Acordo pola Competitividade.

“O terceiro eixe do acordo fai referencia á I+D+i e a sociedade da información e ten por finalidade converter Galicia nunha comunidade plenamente inserida na sociedade da información e na economía do coñecemento”, sinalou o presidente galego. Neste sentido lembrou que o Acordo pola Competitividade coincide en obxectivos co Plan Galego de I+D+i pero que tamén propón iniciativas novidosas, entre elas, o tratamento especial da fiscalidade dos investimentos en I+D+i.

Xunto con iso, subliñou o conxunto de medidas no ámbito da sociedade da información, que van desde a posta en marcha do plan de dixitalización das pemes, ata incentivar a incorporación das TIC aos sectores agrario, forestal, acuícola, conserveiro, comercial e turístico; ou que a carón do Plan Estratéxico da Sociedade da Información o acordo rubricado reforza a importancia de universalizar as infraestruturas de telecomunicacións, incidindo nas poboacións do medio rural e do litoral.

O cuarto eixe do acordo, que está integrado por máis de cincuenta medidas, fai unha “singular” aposta pola modernización das redes de transporte e das infraestruturas enerxéticas. En canto ao que ten que ver coas infraestruturas viarias, Pérez Touriño destacou que a mellora da malla de comunicacións se acompaña de actuacións sobre o 100 por cento dos treitos onde se concentra o maior número de accidentes. Así as doce medidas coas que se pretende impulsar as infraestruturas viarias da comunidade autónoma, comezan, segundo relatou Touriño, coa execución do Plan de Infraestruturas de Transporte de Galicia e continúa coa definición, en coordinación co Ministerio de Fomento, da rede de altas prestacións. “O obxectivo –lembrou Touriño-, é que todos os asentamentos de poboacións estean a menos de media hora dunha vía de altas prestacións”. Pero o acordo, segundo lembrou Touriño, recolle outras importantes iniciativas nesta materia que comparten empresarios, sindicatos e Xunta.

Para a mellora das infraestruturas portuarias prevense medidas na dirección do ordenamento, como a aprobación da Lei de Portos de Galicia e do Plan director de instalacións náutico-deportivas. Tamén se prevén solucións no ámbito do transporte de viaxeiros e mercadorías encamiñadas a desconxestionar as vías convencionais e conectar os portos, os aeroportos e as plataformas loxísticas coas liñas ferroviarias e coas vías de alta capacidade. Deste xeito, indicou que se aposta por un modelo “concertado de transporte público” que suporá “un avance substancial na extensión do transporte metropolitano a todas as cidade de Galicia”. “O obxectivo –engadiu- é convertelo nun servizo atractivo para os usuarios, con tarifas homoxéneas e competitivas e coa dotación das infraestruturas precisas”. Desde xeito, a través da futura Lei de transporte público de viaxeiros definirase e acometerase a renovación integral do sistema público de transportes na totalidade do ámbito autonómico. Aspírase a incrementar o número de usuarios nun 50% no horizonte do 2012 e a reducir as tarifas en máis dun 40%.

Xunto con isto, as actuacións relacionadas coas infraestruturas enerxéticas parten dun dereito básico: garantir a subministración de calidade ao conxunto da poboación. Inclúen, ademais, a aspiración de que unha parte dos beneficios que se xeran na produción enerxética sexa empregada na mellora do benestar dos cidadáns e a aposta polo aforro e a eficiencia enerxética.

“A xestión do ciclo da auga, a conservación da natureza, a calidade e avaliación ambiental, así como a protección do territorio e a sustentabilidade, constitúen os temas cardinais do pacto” en materia de territorio e medio ambiente, aseverou Touriño lembrando que do paquete de medidas específicas forman parte os plans e incentivos para a xestión sustentable da minaría, os plans de xestión forestal, as políticas preventivas en materia de prevención de incendios forestais, a mobilidade das terras improdutivas e o apoio para o desenvolvemento da pesca artesanal e da acuicultura.

Na súa intervención o presidente da Xunta resaltou, ademais, que o Acordo pola Competitividade de Galicia 2008-2011 “eleva o concepto da excelencia competitiva ata o cerne das políticas e das liñas estratéxicas do Goberno galego”, posto que a competitividade, indicou, “constitúe un obxectivo de vital importancia para Galicia”.

“A mellora da competitividade é tamén a máis eficaz protección que lle podemos ofrecer aos traballadores, a fonte máis segura de emprego estable e de calidade e o máis eficaz imán para seducir aos emprendedores e atraer inversións cara á nosa terra”, aseverou Pérez Touriño sinalando que por iso “hoxe nos debemos felicitar mutuamente por esta suma de esforzos que callou no primeiro Acordo pola Competitividade que se asina na nosa comunidade autónoma”.

“Galicia non se cruza de brazos, nin perde o tempo en queixas e lamentos, nin responde con medidas illadas e improvisadas nos momentos de dificultade”, sinalou o presidente da Xunta remarcando que, pola contra a comunidade “toma a iniciativa, intensifica o diálogo social, une as súas forzas e planta cara aos desafíos”. “Este acordo nace da confianza absoluta en Galicia e representa un exercicio colectivo de confianza no noso futuro, nas nosas posibilidades”, aseverou Touriño remarcando que o resultado diso “é este acordo histórico que ambiciona reconverter a desaceleración económica nunha vantaxe competitiva”.

Culminación da batería de actuacións fronte á desaceleración económica
Na mesma liña, Pérez Touriño lembrou que o Acordo pola Competitividade de Galicia 2008-2011 supón “a culminación da batería de actuacións” que puxo en marcha o Goberno que preside ante os primeiros síntomas de desaceleración económica.

Así mesmo resaltou que o acordo de hoxe é o resultado de tres anos de diálogo permanente, entre sindicatos, empresarios e Xunta de Galicia, e o segundo que se ten asinado, logo de terse rubricado en febreiro do ano pasado o Acordo polo Emprego, que “foi un factor impulsor da excelente colleita rexistrada pola economía galega nos últimos dous anos”, segundo sinalou Touriño.
R.