Skip to main content

Exteriores abre una línea de cooperación entre universidades dotada con más de 100.000 euros

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Xunta de Galicia achegará 40.000 euros a darlle cobertura ás actividades de sensibilización en cooperación exterior que vai desenvolver a Universidade da Coruña entre a comunidade universitaria. Esta liña de financiamento articularase ao abeiro dun convenio de colaboración subscrito entre a Secretaría Xeral de Relacións Exteriores, a través da Dirección Xeral de Cooperación Exterior, e a Universidade da Coruña.

O acordo enmárcase no cumprimento dun dos principais obxectivos do vixente Plan Director da Cooperación para o Desenvolvemento que busca, a través do fomento da oferta formativa na materia, unha cooperación galega de maior calidade. Así mesmo, preténdese concienciar á comunidade universitaria sobre a realidade dos países do sur e a importancia da cooperación para construír un mundo máis xusto. Para iso, a Xunta achegará 40.000 euros dos 104.000 cos que está dotado este convenio.

A través da Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV), a Universidade da Coruña ten previsto organizar tres grandes actividades de sensibilización. En primeiro lugar, celebrarase un ciclo de conferencias sobre cooperación ao desenvolvemento, en colaboración coa ONGD Enxeñería Sen Fronteiras. Con periodicidade semanal, trasladaranse os relatos en primeira persoa de experiencias nos países do Sur, prevense a celebración de vídeo-forums.

A segunda das iniciativas consiste na realización de catro Proxectos de Coñecemento da Realidade (PRC). Grazas a esta actividade, o alumnado da UDC terá a posibilidade de trasladarse a países en vías de desenvolvemento para formar profesionais sobre o terreo naquelas materias que se inclúan no seu eido de estudo. Desa forma, ademais de poder contribuír a xeración de capacidades neses países, os estudantes aplicarán de forma práctica os seus coñecementos.

A última das accións previstas é a creación do Fondo 0’7% da Universidade da Coruña, a través do cal se realizará unha convocatoria de axudas a proxectos de investigación no ámbito da cooperación ao desenvolvemento. Dito fondo estará dotado con máis de 85.000 euros e ademais de incidir nos colectivos desfavorecidos do Sur, tamén contempla o estudo dos grupos excluídos nas sociedades do Norte.
R.