Skip to main content

Innovación e Industria concede 55.000 euros a los grupos gallegos de usuarios de software libre para su promoción

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia:

A directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Consellaría de Innovación e Industria, Helena Veiguela, asinou, en calidade de apoderada da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, un convenio de colaboración cos representantes dos Grupos Galegos de Usuarios de Software Libre (GGUL) para a realización de actuacións que contribúan ao desenvolvemento e a difusión das
tecnoloxías de código aberto no noso país. Esta iniciativa, promovida dende o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza- Mancomún, disporá dun orzamento total de 55.000 euros, achegados a través da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, os cales serán distribuídos en partidas de 5.000 euros para cada unha das asociacións.

Segundo explicou a directora xeral -que estivo acompañado no acto polo coordinador do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre, Xesús M. Benítez Baleato, e máis polo xerente da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento
Tecnolóxico de Galicia, Xosé Lois Villasante - este convenio reafirma a aposta decidida do goberno galego pola difusión do Software Libre, e animou aos membros dos GGUL a “seguir apostando polo modelo cooperativo de desenvolvemento de software”.

O convenio incentivará, así, a organización de eventos de carácter divulgativo entre os GGUL, así como a elaboración de material de interese para a toda a comunidade (CD, publicacións...), co fin de acadar unha maior implantación das tecnoloxías e os estándares
abertos entre a sociedade galega. Estes obxectivos enmárcanse dentro do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI) que define as políticas para que Galiza se introduza plenamente na sociedade da información, seguindo os criterios
de accesibilidade e interoperabilidade administrativa.
R.