Skip to main content

Los periodistas del Parlamento de Galicia premian a Núñez Feijóo (PPdeG) y Laura Seara (PSdeG) como diputados del año

El grupo de periodistas que desarrolla su labor profesional en el Parlamento gallego acaban de convocar los primeros premios Tribuna del Hórreo, que galardonan a aquellos diputados que durante un año de sesión destacaron por alguna faceta. En esta primera edición, el presidente y diputado del PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, y Laura Seara (PSdeG) han sido galardonados como diputados del año.

En total, se convocaron un total de seis categorías: 'diputado del año', 'minuto de oro', 'labor de látigo', 'iniciativa más peregrina', 'honorífico a toda la carrera' y un premio especial. Tras un proceso de selección de los finalistas y de las posteriores votaciones en cada categoría, Laura Seara y Alberto Núñez Feijóo, y Fernando Blanco Parga (BNG) se disputaron el premio 'Bla, bla, bla, al diputado del año', resultando premiados los dos primeros que empataron a puntos.

El premio 'Honorífico la toda la la carrera política' es para el diputado ourensano Maximino Rodríguez (PPdeG), si bien también fueron finalistas a obtener este galardón el portavoz del PSdeG-PSOE, Ismael Rego, que ocupa escaño en el Hórreo desde 1986, y el nacionalista Pablo González Mariñas, que formó parte del primero Parlamento autonómico, en 1981.

Una de las categorías más disputadas fue la de la 'Iniciativa más peregrina', que finalmente ganó por uno solo voto de diferencia el acuerdo de la ponencia conseguido por todos los grupos para reformar el voto emigrante e implantar el sufragio en urna, propuesta asumida por todos y que no tuvo recorrido, pero que seguirá dando que hablar los próximos meses dada la cercanía de las elecciones autonómicas. Este galardón está personificado en los representantes de la ponencia: José Manuel Castelao Bragaña (PPdeG), Xaquín Fernández Leiceaga (PSdeG) y Carlos Aymerich (BNG).

Otra iniciativa, firmada por la diputada socialista ourensana María del Carmen Acuña relativa a los datos y al impulso de la "práctica deportiva denominada del cachibol", se situó en segunda posición, mientras que otra propuesta, del diputado César Pérez Aires (PPdeG), en la que propuso crear una Indicación Geográfica Protegida para lo kiwi de Tomillo e incluso se presentó en la Cámara con una 'cestiña' de fruta para convencer a diputados y periodistas de las excelencias del kiwi del Baixo Miño se quedó también finalmente fuera. El último puesto en este apartado fue para el diputado nacionalista Xosé Ramón Paz Antón (BNG), que defendió en el Hórreo una iniciativa en defensa de los derechos lingüísticos de los guaranís.

La 'Labor de látigo' realizada durante lo 2008 por los diputados gallegos también será premiada en esta convocatoria y, en este caso, hubo unanimidad entre el jurado: Ignacio López-Llaves (PPdeG), resultó elegido en esta categoría por la fiscalización hecha -factura a factura y bien marcado con rotuladores de diferentes colores- de la Consellería de Cultura. Cabe destacar, en este caso, que "no se trata de la labor más ecológica", dice el comunicado, pues supuso un importante gasto en papel por parte de este departamento de la Xunta. En la tarea de látigo se situaron como finalistas dos diputadas: Mar Barcón (PSdeG), por la abundante producción de frases y notas de prensa desde que es la 'número 3' del partido; y Carme Da Silva (BNG), por ser considerada entre los periodistas como un modelo de defensa del bipartito en las áreas de Vivienda y Urbanismo.

En el apartado del 'Minuto de oro', que premia la proyección mediática de una frase o un hecho parlamentario, se impuso el nacionalista Bieito Lobeira, por proponer el eurovisivo 'chiki-chiki' como letra del himno de España. También fueron finalistas el propio presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, por espetarle a Núñez Feijoo que "se agarra a las estadísticas como los borrachos a las farolas"; y la diputada 'popular' Susana López Abella (PPdeG), por descubrir con sus acusaciones veladas la nevera del coche oficial de Anxo Quintana.

Al margen de las categorías expuestas, existe un Premio Especial que se dará a conocer en el propio acto de entrega de estos galardones, que tendrá lugar el miércoles, 17 de diciembre, a las 21.00 horas, en el Club Internacional de Prensa, en Santiago de Compostela. Los periodistas Susana López (Correo TV) y David Lombao (Xornal de Galicia), arropados por los demás compañeros, serán los encargados de presentar y entregar los premios. Al término del acto, se servirá un vino gallego.

En el proceso de selección y votación de los primeros premios periodísticos 'Tribuna del Hórreo' participaron 16 profesionales de otros tantos medios de comunicación que, de manera habitual, se ocupan de informar de la actualidad parlamentaria. Los medios que estuvieron representados en la votación fueron los siguientes: Europa Press, AGN, EFE, TVG, TVE, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego , El Progreso/Diario de Pontevedra, El País, ABC, Xornal de Galicia, Cadena SER, Radio Galega, RNE y Cadena COPE.

Nota de prensa remitida por el Grupo de Xornalistas do Parlamento Galego:

O grupo de xornalistas que desenvolve a súa labor profesional no Parlamento galego veñen de convocar os primeiros premios ‘Tribuna do Hórreo’, que galardoan a aqueles deputados/as que durante un ano de sesión destacaron por algunha faceta e son quen de ser incluidos nalgunha das seis categorías establecidas: deputado do ano, minuto de ouro, labor de látigo, iniciativa máis peregrina, honorífico a toda a carreira e premio especial.

Tras un proceso de selección dos finalistas e das posteriores votacións en cada categoría, Laura Seara (Grupo Socialista), Alberto Núñez Feijóo (Grupo Popular), e Fernando Blanco Parga (Grupo do BNG) disputáronse o premio ‘Bla, bla, bla, ao deputado do ano’, resultando premiados os dous primeiros que empataron a puntos.

O premio ‘Honorífico a toda a a carreira política’ é para o deputado ourensano Maximimo Rodríguez (PPdeG), se ben tamén foron finalistas a obter este galardón o portavoz do PSdeG-PSOE, Ismael Rego, que ocupa escano no Hórreo dende 1986, e o nacionalista Pablo González Mariñas, que formou parte do primeiro Parlamento autonómico, en 1981.

Unha das categorías máis disputadas foi a da ‘Iniciativa máis peregrina’. Gañou por un só voto de diferencia o acordo da ponencia acadado por todos os grupos para reformar o voto emigrante e implantar o sufraxio en urna, proposta asumida por todos e que non tivo percorrido, pero que seguirá dando que falar os vindeiros meses dada a proximidade das eleccións autonómicas. Este galardón está personificado nos representantes da ponencia: José Manuel Castelao Bragaña (PPdeG), Xaquín Fernández Leiceaga (PSdeG) e Carlos Aymerich (BNG).

Outra iniciativa, asinada pola deputada socialista ourensana María del Carmen Acuña relativa aos datos e ao impulso da “práctica deportiva denominada do chabibol”, situouse en segunda posición, por riba doutra proposta do deputado César Pérez Ares (PPdeG), na que propuso crear unha Indicación Xeográfica Protexida para o kiwi de Tomiño e mesmo se presentou na Cámara cunha cestiña de froita para convencer a deputados e xornalistas das excelencias do kiwi do Baixo Miño.

O último posto neste apartado foi para o deputado nacionalista Xosé Ramón Paz Antón (BNG), que defendeu no Hórreo unha iniciativa en defensa dos dereitos lingüísticos dos guaranís.

A ‘Labor de látigo’ realizada durante o 2008 polos deputados galegos tamén será premiada nesta convocatoria e, neste caso, houbo unanimidade entre o xurado: Ignacio López-Chaves (PPdeG), resultou elixido nesta categoría pola fiscalización feita -factura a factura e ben marcado con rotuladores de diferentes cores- da Consellería de Cultura. Cabe destacar, neste caso, que non se trata da labor máis ecolóxica, pois supuxo un importante gasto en papel por parte deste departamento da Xunta.

Na tarefa de látigo situáronse como finalistas dúas deputadas. Mar Barcón (PSdeG), pola abundante producción de frases e notas de prensa dende que é a ‘número 3’ do partido; e Carme da Silva (BNG), por ser considerada entre os xornalistas como un modelo de defensa do bipartito nas áreas de Vivenda e Urbanismo.

No apartado do ‘Minuto de ouro’, que tenta premiar a proxección mediática dunha frase ou un feito parlamentario, impúxose o nacionalista Bieito Lobeira, por propoñer o eurovisivo “chiki-chiki” como letra do himno de España. Tamén foron finalistas o propio presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, por espetarlle a Núñez Feijoo que “agárrase ás estatísticas como os borrachos ás farolas”, e a deputada popular Susana López Abella (PPdeG), por descubrir coas súas acusacións veladas a neveira do coche oficial de Anxo Quintana.

Á marxe das categorías expostas, existe un Premio especial que se dará a coñecer no propio acto de entrega destes galardóns, que terá lugar o vindeiro mércores, 17 de decembro, ás 21 horas, no Clube Internacional de Prensa, en Santiago de Compostela. Os xornalistas Susana López (Correo TV) e David Lombao (Xornal de Galicia), arroupados polos demáis compañeiros, serán os encargados de presentar e entregar os premios. Ao término do acto, servirase un viño galego.

No proceso de selección e votación dos primeiros premios xornalísticos ‘Tribuna do Hórreo’ participaron 16 profesionais de outros tantos medios de comunicación, que de xeito habitual se ocupan de informar da actualidade parlamentaria. Os medios que estiveron representados na votación foron os seguintes: TVG, TVE, Efe, AGN, Europa Press, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego, El Progreso/Diario de Pontevedra, El País, ABC, Xornal de Galicia, Cadena SER, Radio Galega, Rne e COPE.
R.