Skip to main content

El CGAI estrena la copia restaurada de El andamio y el documental 50 años en el andamio

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) pecha o martes 16 de decembro -ás 20,30 horas- o ciclo Contos de Marineda. A Coruña e o cine coa proxección con carácter de dobre estrea da copia restaurada de El andamio (1958) de Rogelio Amigo e o documental sobre a película, 50 años en el andamio (2008) de Ángel Rueda.

A presentación, que tivo na sede do CGAI, contou coa presenza do director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, do director Rogelio Amigo, o actor José María Pujalte, un dos produtores e responsables técnicos da película, Antonio Docampo, o director do documental Ángel Rueda e a concelleira de Asuntos Sociais do concello da Coruña, Silvia Longueira, organismo que sufragou en boa medida o documental e co que o CGAI organizou o ciclo Contos de Marineda durante a primavera e outono deste ano con motivo do 800 aniversario da cidade.

El andamio (1958), película rodada na cidade da Coruña en formato 16 mm. baixo a dirección de Rogelio Amigo e produción e realización dos irmáns Docampo cumpre 50 anos. Restaurado o negativo orixinal da película (que se pensaba pouco menos que perdida, aínda que en posesión dos irmáns Docampo) polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) en 2008, son moitos os elementos de interese contidos neste traballo que se proxecta en sesión dobre con 50 años en el andamio (2008), documental de Ángel Rueda que desentraña as claves e elementos de pervivencia do título orixinal.

Partindo do traballo de Lili Films, produtora cinematográfica que desenvolve unha labor de investigación e recuperación de arquivos cinematográficos e que logra recuperar a única copia existente da película orixinal, ponse en marcha simultaneamente un proxecto de recuperación da película e unha reflexión sobre as súas claves e itinerarios, contando coa colaboración e patrocinio da Concellaría de Asuntos Sociais do Concello da Coruña.

O contexto no que se desenvolve o relato (inicios guerra civil, anos 50), o inusual do seu formato e duración (35 minutos), a presenza de compoñentes derivados dalgunhas das máis distinguidas tendencias das cinematografías mundiais por entón influentes e a erudición contida en ela, unido ao rotundo esforzo de produción realizado, o guión e discursos planteados, así como a contemporaneidade de varios dos seus presupostos, permiten aproximarnos a un título atípico e moi capaz de destruír os a veces finos límites establecidos entre o cine aficionado e o cine profesional.
R.