Skip to main content

Galicia es la única comunidad española que cerrará 2008 con una subida del precio de los pisos usados

La comunidad gallega es la única que saldará este ejercicio con una subida del precio de los pisos usados, cuantificada por el estudio de Facilisimo.com en un aumento del 2,58%, que contrasta con la bajada generalizada de los costes en España. Así, según el referido estudio, el precio de la vivienda usada en el conjunto de España bajará un 7,22%, hasta los 2.288 euros por metro cuadrado, con lo que se sitúa así en los niveles de finales de 2005.

El descenso contrasta con el estancamiento (-0,28%) con que el precio de los pisos de segunda mano cerró 2007 y con la subida del 5,59% que se anotó en 2006, "último ejercicio de un lustro de subidas imparables", según los datos de este portal de intermediación. Los expertos de la firma apuntan que los mayores descensos de 2008 se registran en las comunidades autónomas con gran peso de la vivienda vacacional, sobre todo las ubicadas en la zona de Levante. Baleares lidera las caídas del precio de las viviendas de segunda mano en 2008, con un descenso del 13,78%, por delante de Castilla-La Mancha (-10,8%), Murcia (-9,45%), Navarra (-8,89%), Cataluña (-8,65%) y la Comunidad Valenciana (-8,89%).

Los menores descensos se los anotará La Rioja (-2,69%), Cantabria (-3,16%), Canarias (-4,21%) y Andalucía (5,77%). En la Comunidad de Madrid los pisos de segunda mano se abaratarán un 7,42% (un 7,29% en la capital). Pese a estas variaciones, el País Vasco sigue siendo la Comunidad más cara para comprar un piso de segunda mano, dado que el precio medio por metro cuadrado se situará en los 3.643 euros. En el lado opuesto se sitúa Extremadura, con una vivienda usada a 1.292 euros por metro cuadrado, importe tres veces inferior al de Euskadi.

El director de Facilisimo.com, Juan Ramón Doral, calificó de "nefasto" el ejercicio 2008 para la economía española, en la que "sin duda el sector inmobiliario ha sido el más castigado". "Sin embargo, el final del año, en el contexto de crisis mundial, parece que muestra una ventana de esperanza, con un Euríbor descendente y la posibilidad de que los bancos empiecen a facilitar la concesión de hipotecas", indicó Doral en un comunicado. Con todo, el portal de Internet de intermediación inmobiliaria prevé que los precios se mantendrán, "incluso bajarán ligeramente", en 2009, lo que conllevará a una progresiva recuperación del mercado inmobiliario".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar de la Xunta de Galicia:

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, destacou a enorme importancia que teñen, en momentos de crise económica, actuacións como a que o Goberno galego está a poñer en marcha no Polígono Residencial Parque Ofimático, que servirá para dotar á cidade da Coruña de 1.300 vivendas protexidas. Durante o acto de presentación deste Polígono Residencial, no que participaron tamén a conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, e o tenente de alcalde, Henrique Tello, Quintana sinalou esta actuación como un dos proxectos máis relevantes previstos polo Goberno galego en materia de política social de vivenda, e por iso afirmou que “este é un día moi importante para a cidade no que se dá resposta a unha vella demanda”.

Ante a situación económica e os especiais efectos que está a ter a crise no emprego, o vicepresidente puxo como exemplo de actuación por parte da Administración galega iniciativas como esta do Parque Ofimático, “un traballo que vai nunha dobre dirección: por un lado ponse en marcha solo residencial para a construción de vivendas protexidas en distintas modalidades que posibilitan que tamén en tempo de crise as persoas con rendas máis baixas poidan ter acceso a unha vivenda, e por outro proporciónase carga de traballo a un sector, o da construción, que o está pasando mal coa crise e que hoxe o precisa especialmente”.

O Polígono Residencial Parque Ofimático suporá a construción de 1.300 vivendas protexidas, “vivenda protexida con prezos accesibles ás rendas con máis dificultades, pero tamén ás rendas medias, favorecendo a cohesión social”. Neste senso, Quintana explicou que haberá unha oferta de vivendas tanto para aquelas familias ou unidades convivenciais con ingresos moi limitados, –un total de 82 vivendas promovidas directamente pola Consellería–, como para aquelas familias ou demandantes de ingresos mensuais ponderados de ata 3.300 euros mensuais.

A iniciativa, segundo indicou Anxo Quintana, supón un investimento público por parte da Consellería de Vivenda e Solo estimado en 26,6 millóns de euros para a urbanización do ámbito. “Con este investimento estamos en disposición de ofertar ao sector privado solo residencial a prezo competitivo para poder edificar vivenda protexida”, afirmou.

En total, a actuación do departamento da Xunta desenvólvese sobre o 51% do total dos 394.000 metros cadrados da bolsa de solo que ten o Parque Ofimático, porcentaxe que é propiedade da Consellería. As vivendas protexidas do Parque Ofimático ocupan unha superficie de 25.826 metros cadrados cunha edificabilidade de 117.000 metros cadrados. Este espazo distribúese nun total de 16 parcelas, cunha edificabilidade contida, con alturas que van dende o baixo máis dúas plantas, a baixo máis cinco plantas. A Consellería resérvase dúas destas parcelas para a construción directa das 82 vivendas de promoción pública. As 14 parcelas restantes para uso residencial, máis outras tres para uso terciario, están no proceso de concurso público de compravenda que permanece aberto ata o 30 de decembro. Ata esa data, as empresas construtoras, promotoras e cooperativas poderán presentar as súas ofertas nas oficinas Xestur-A Coruña, a un prezo de 324 euros o metro cadrado.

Na súa intervención a conselleira Teresa Táboas, asegurou que “o Parque Ofimático será a constatación práctica para os cidadáns de que se pode ofertar, nun concello coma o da Coruña, vivenda de calidade a prezo accesible”. Como exemplo, sinalou que un piso de 45 metros cadrados útiles con garaxe e rocho terá un prezo de entre 83.000 e 93.250 euros; de 70 metros cadrados, entre 114.900 e 129.226 euros; e se a vivenda ten 90 metros cadrados, o prezo oscilaría entre 140.450 e 158.000 euros. A adxudicación das vivendas efectuarase entre os inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida.

O ámbito complétase con 22.680 metros cadrados reservados para uso terciario –oficinas ou similares–, 19.400 para equipamentos deportivos, 38.750 para equipamentos escolares, 4.500 para equipamentos sociais e preto de 70.000 de zonas verdes. As comunicacións articúlanse cun viario perimetral de 24 metros de ancho que percorre o Parque de xeito case circular, dende o que se abren diversos accesos que comunican o interior do ámbito. En canto ás conexións exteriores, destacan os enlaces co barrio de Matogrande, con Alfonso Molina e con Eirís e o Barrio das Flores.

O vicepresidente e a conselleira coincidiron en sinalar que o Parque Ofimático se vai converter nun referente da política social de Vivenda que impulsa o Goberno Galego, “unha política de Vivenda que se define pola calidade da que queremos que o Parque Ofimático sexa exemplo”.

En primeiro lugar, Quintana falou de calidade das vivendas, e explicou que todas cumprirán os novos estándares de calidade recollidos nas Normas do Hábitat Galego. Ademais, segundo explicou, á hora da adxudicación das parcelas en compravenda ao sector privado prímase, sobre todo, a calidade do proxecto arquitectónico.

En segundo lugar, destacou a calidade na localización, xa que estas 1.300 vivendas protexidas estarán ubicadas nunha zona de máximo atractivo do municipio, ben comunicada co centro urbano e coas saídas da cidade, e con servizos de ocio e comerciais moi próximos: “A xente con menos recursos vai vivir nos mellores sitios da cidade”, dixo.

Ademais, aludiu á calidade na urbanización dos espazos públicos, cunha reserva do 20% para zonas verdes e con importantes espazos para albergar equipamentos deportivos, educativos e sociais.

Anxo Quintana lembrou que non é esta a única actuación de solo residencial que o Goberno galego vai desenvolver na cidade da Coruña en aras de favorecer o acceso a unha vivenda protexida e, ao mesmo tempo, incentivar a actividade económica dun sector afectado pola situación de crise económica.

O Plan Sectorial Galego de Solo Residencial que ten posto en marcha a Consellería de Vivenda e Solo recolle tamén outras actuacións en materia de solo residencial para A Coruña, onde se prevé a construción doutras 2.328 vivendas protexidas ou de prezo limitado, con 197.000 metros cadrados de zonas verdes e equipamentos e 86,3 millóns de euros de investimento público e privado. En total, A Coruña disporá no curto e medio prazo dun total de 3.628 vivendas protexidas.

Quintana sinalou que se trata de actuacións que benefician aos máis de 243.000 habitantes da cidade, ás que só se poden opoñer os intereses especulativos duns poucos, e engadiu que “é polos intereses da maioría dos cidadáns polos que han de velar os gobernos democráticos”.

O vicepresidente puxo de relevo a necesidade de contar con solo para poder construír vivendas protexidas, e explicou que, “por sorte, nun Estado democrático e de dereito hai solo regulado, polo que ninguén se vai ver perxudicado”. “Todo o mundo vai ser compensado de acordo co que estipula a Lei”, asegurou.

Anxo Quintana concluíu que “agora é o momento para a valentía política e para exercer a política de verdade, a que garanta o benestar da cidadanía”, porque, segundo dixo, “o mercado só non serve”. “Hai que ter valentía para cumprir o que é un compromiso de goberno cos cidadáns, que é o que estamos a facer, e estou seguro de que ao final con todo este labor conseguiremos que isto sexa beneficioso para todo o sector”, apostilou.

O Plan Sectorial implica en todo o país a mobilización de 8 millóns de metros cadrados de solo residencial para a creación de 45.000 vivendas protexidas nunha detallada planificación ata 2017.
R.