Skip to main content

Touriño aborda con Zapatero la financiación autonómica mientras Quintana asiste a la constitución de la Subcomisión de Seguimiento de las Infraestructuras de Galicia

El presidente del Gobierno, José Luis Rodríguez Zapatero, recibe al presidente de la Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, para abordar el nuevo modelo de financiación autonómica, tras reunirse con el presidente catalán, José Montilla, y con la madrileña, Esperanza Aguirre. Según informaron a Europa Press fuentes del Palacio de la Moncloa, la reunión con Touriño intentará ser discreta, según los deseos de Zapatero, al igual que la celebrada con Montilla y con la presidenta madrileña.

Con esta ronda de encuentros, el jefe del Ejecutivo está acelerando los trabajos para intentar pactar un nuevo modelo de financiación autonómica antes de que termine el año -de acuerdo con el compromiso adquirido con el Gobierno catalán- pero Moncloa insiste en que lo más importante no es cumplir un plazo, sino alcanzar un buen acuerdo. Por su parte, el Ministerio de Economía y Hacienda tiene previsto presentar esta semana un documento con su segunda propuesta de modelo de financiación, después de la que elaboró en verano y en la que se han basado hasta ahora las negociaciones con las comunidades autónomas.

Touriño trasladará a Zapatero las demandas gallegas, centradas en lograr el mayor grado de autonomía financiera, corresponsabilidad fiscal y la necesidad de encontrar un importante grado de suficiencia. El presidente gallego solicitará que se tengan en cuenta dos factores diferenciales de gasto en la prestación de servicios que caracterizan a esta comunidad autónoma, como son el envejecimiento y la dispersión territorial de su población.

No obstante, Pérez Touriño viaja a Madrid con la intención de tratar también con Zapatero otros asuntos, entre éstos las obras que impulsa el Ministerio de Fomento en Galicia -en especial las del AVE- y de hacer un balance de la legislatura gallega que ahora termina. El presidente gallego acaba de embarcarse en la precampaña, tras anunciar la semana pasada que las elecciones autonómicas se celebrarán el 1 de marzo.

Esta reunión será el cuarto encuentro entre José Luis Rodríguez Zapatero y Emilio Pérez Touriño en el Palacio de la Moncloa, tras las entrevistas del 31 de agosto de 2005, la de febrero de 2007 y la del 31 de julio de este año. La primera reunión se realizó el mismo mes en el que se produjo la toma de posesión de Pérez Touriño como presidente gallego y en la que se consiguió un esfuerzo especial para Galicia en los Presupuestos Generales del Estado de 2006, según apuntó la Xunta. Durante el segundo encuentro se analizaron especialmente el estado de las obras del AVE en el tramo Vigo-Ourense, la cooperación en materia de incendios, traspaso de competencias o el compromiso de que la Cidade da Cultura se convirtiese en un proyecto de Estado. La última entrevista se centró en la inversión prevista por el Gobierno español en la Comunidad gallega y en la alta velocidad ferroviaria. Además, ambos presidentes se reunieron en otras cinco ocasiones en la II y III conferencias de presidentes y en las cumbres hispano-lusas de Evora (2005), Badajoz (2006) y Braga (2008).

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, destacou a importancia da reunión que manterá no Palacio da Moncloa co presidente do Goberno de España, José Luis Rodríguez Zapatero, nun “momento decisivo” da negociación sobre a revisión do modelo de financiamento autonómico. “Creo que é fundamental que Galicia estea mañá, representada polo seu presidente, na Moncloa, nunha época decisiva, no principio do futuro peche do novo modelo”, remarcou Pérez Touriño, que se amosou convencido da “receptividade” de Zapatero ás demandas da Comunidade Autónoma.

O titular da Xunta asegurou que o seu obxectivo é que Galicia quede “ben financiada”, e que os grandes servizos públicos –a sanidade, a educación e os servizos sociais- obteñan un financiamento “mellorado”. “Diso se trata, de que os cidadáns galegos poidan acceder á mesma calidade na prestación dos servizos públicos que os do resto de España”, remarcou Touriño.

“Voulle presentar os criterios que, de forma unánime, defendemos para Galicia e que pasan por que se teñan en conta claramente e se pesen axeitadamente os nosos custos diferenciais, asociados á dispersión poboacional e ao envellecemento, que incrementan a carestía dos servizos públicos básicos como a sanidade, os servizos sociais e dependencia”, explicou Pérez Touriño, quen salientou que, o novo modelo, debe garantir a igualdade entre os territorios e os cidadáns e mellorar a corresponsabilidade e autonomía financeira das comunidades.

“Todos coincidimos en que hai que revisar o modelo porque ten defectos importantes, necesitamos máis recursos, máis financiamento por habitante”, afirmou. “Hai que encaixar as demandas das 17 comunidades”, engadiu Pérez Touriño quen asegurou que non se trata dun todos contra Cataluña. “Cataluña ten as súas necesidades como nós temos as nosas. Isto é a España plural, cada comunidade ten os seus factores diferenciais e debemos de ser capaces de articular un sistema que de garanta un bo financiamento dos servizos e a igualdade entre territorios”, concluíu.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar de la Xunta de Galicia:

O Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e a ministra de Administracións Públicas, Elena Salgado, presidiron en Madrid a reunión da Comisión Bilateral de Cooperación entre ambas administracións que constituíu oficialmente a Subcomisión de Seguimento de Infraestruturas do Estado en Galicia. Ao termo da sinatura, o vicepresidente galego amosou a súa satisfacción porque “se fai realidade o que era unha antiga demanda”. Segundo dixo, coa constitución desta subcomisión “cumprimos co prometido: institucionalizar a relación bilateral Xunta-Estado”, unha relación bilateral desta caste que, segundo lembrou, só teñen nestes intres Galicia e Cataluña. Quintana sinalou que “agora a nosa proposta é que, nas primeiras reunións do órgano, o Estado presente un plan plurianual de investimentos en Galicia para asegurar, entre outra cousas, que a alta velocidade chegue no 2012”. O vicepresidente galego tamén apostou por “ser ambiciosos” e institucionalizar esta relación bilateral noutras cuestións de importancia para Galicia, como a do financiamento.

A Subcomisión, que botou a andar en Madrid, terá como misión o seguimento e control de todos os investimentos do Estado en Galicia. Deste xeito, segundo explicou o vicepresidente da Xunta, “poderemos asegurarnos que unha vez que se presupostan cuestións importantes para Galicia en materia de infraestruturas, se executan na práctica”. “Temos creado unha subcomisión que significa institucionalizar o seguimento de todas as infraestruturas, de xeito que a partir de agora, este seguimento sobre as infraestruturas que o Estado ten que facer en Galicia non vai depender da vontade política dun partido ou dunha persoa particular”, recalcou. “En varias ocasións teño mantido reunións con José Luis Rodríguez Zapatero para falar das infraestruturas en Galicia,e creo que é bo ter ese tipo de reunións, polo que o presidente atopará en min sempre a firme disposición a dialogar e falar sobre as infraestruturas ou sobre calquera outro tema; pero moito mellor que iso é institucionalizar as relacións entre os dous gobernos, de xeito que sexan de obrigado cumprimento e non dependan da vontade do presidente, nin da vontade do Goberno galego, senón que sexa unha obriga legal”, engadiu.

Coa constitución desta Subcomisión, cúmprese o acordo acadado entre o vicepresidente da Xunta de Galicia e o presidente do Goberno español nos pasados meses, e ademais faise efectiva a proposición non de lei que os tres grupos votaron de xeito unánime no Parlamento Galego o pasado mes de xullo, e tamén a iniciativa liderada polo BNG neste mesmo camiño nas Cortes do Estado. Ao respecto, nas súas declaracións despois da xuntanza desta mañá, Quintana expresou tamén a súa alegría porque, “a pesar de que cando o propuxemos moitas forzas políticas eran escépticas sobre a oportunidade e a conveniencia de crear este instrumento, hoxe todos estamos de acordo coa necesidade de establecer esta relación bilateral. É un avance moi importante que demostra tamén que a perseverancia e o uso dos principios en política dá bos froitos”.

Esta Subcomisión está formada por catro membros por parte da Administración do Estado e outros catro por parte da Xunta de Galicia e presidida polos responsables do Ministerio de Fomento e a Consellería de Política Territorial, e no seu caso quen estes titulares designen.

Segundo explicou o vicepresidente, a Subcomisión ten previsto celebrar a súa primeira reunión no primeiro trimestre do 2009, de maneira que comece a controlar os investimentos do Estado no noso país previstos nos recentemente aprobados Orzamentos Xerais do Estado para 2009 dende o primeiro momento da súa andaina, prestando especial atención ás infraestruturas básicas que o Estado ten pendentes e comprometidas con Galicia, nomeadamente coa Alta Velocidade Ferroviaria e as conexións do noso país coa Meseta, poñendo sobre a mesa prazos, orzamento e un calendario de execución.

Neste senso, Anxo Quintana dixo que “hai que recuperar a confianza da xente nun asunto tan importante coma este”. Así, afirmou que “hai a promesa de que a alta velocidade chegue a Galicia no 2012, e eu non teño por que dubidar dela”, pero engadiu que “o que hoxe temos feito é dar un paso máis: xa non vale unha palabra nin a outra, o que vale é a realidade que imos comprobar día a día na Subcomisión de seguimento”. Polo tanto, agarda agora “que se presente o plan plurianual de investimentos en Galicia e que a Subcomisión faga o seu seguimento, para asegurarnos de que no 2012 teremos alta velocidade ou, de non ser así, que se nos diga tamén cando vai ser”.

Quintana tamén lembrou que o Investimento do Estado en Galicia en 2009 en materia de infraestrutura superará os 2.000 millóns de euros en tres eixos fundamentais: as infraestruturas portuarias, as autovías e a alta velocidade. “Son os tres paquetes importantes de investimento e todos van ser obxecto de seguimento nesta subcomisión”, sinalou.

O vicepresidente da Xunta considerou que é “un gran paso e o maior símbolo de autogoberno que podemos ter en Galicia”. Nas súas palabras, “o autogoberno demóstrase de moitos xeitos –ter identidade propia, defender un ámbito competencial importante e un nivel de financiamento que defenda ese ámbito competencial–, pero un país ten autogoberno cando é capaz de relacionarse en pé de igualdade con outros gobernos e cando ademais esta relación non obedece á coxuntura ou á vontade política, senón que depende e se deriva dun acordo institucional que obriga ás dúas Administracións”. Por iso se declarou “enormemente satisfeito, pero sen caer na autocompracencia”. “Hoxe tamén é un día para ser ambiciosos e mirar cara adiante, e se temos conseguido isto, podemos conseguir máis cousas”, dixo.

Ao respecto, engadiu que “se fomos capaces de institucionalizar a relación bilateral en materia de infraestruturas, temos que ser ambiciosos e ir pensando agora que isto é para o que é, pero sabendo que temos un cauce de colaboración para que esa negociación bilateral entre Galicia e o Estado se dea noutras cuestións de importancia para Galicia, como a do financiamento, tan de actualidade”.

Para o vicepresidente, resulta lóxico que Cataluña queira ter unha relación bilateral co Estado para negociar o financiamento, e segundo dixo, Galicia tamén o debe de facer facer: “O debe institucionalizar”. Quintana considerou este “un reto de futuro que nos debemos de marcar”. “Debemos de ser ambiciosos e aspirar a máis”, apostilou.

Fotografía: archivo GD.
R.