Skip to main content

Financiación autonómica: Touriño pide a Zapatero que tenga en cuenta el coste añadido de las comunidades con lengua propia como Galicia

El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, planteó al titular del Gobierno español, José Luis Rodríguez Zapatero, que en el futuro sistema de financiación autonómica que se está negociando "se tenga en cuenta el coste añadido" que representa "el hecho diferencial" de las comunidades que, como la gallega, tienen una lengua propia.

Tras mantener su cuarta reunión con Zapatero en La Moncloa durante más de dos horas, Touriño destacó la "receptividad" del presidente del Gobierno a este planteamiento y mostró su satisfacción por el compromiso adquirido de que factores diferenciales de coste para prestar los servicios, como la dispersión y el envejecimiento poblacional, tendrán "un mayor peso y ponderación" en la revisión del modelo. Además, el presidente gallego anunció que "habrá solución" para la ampliación de la Autopista del Atlántico (AP-9) que se conocerá "en enero", reiteró que en 2009 "se licitarán los nueve tramos que restan en el AVE gallego" y negó que exista "un conflicto político" en el bipartito gallego debido al abandono de los representantes de las consellerías del PSOE de la comisión de valoración del concurso eólico.

Según un comunicado del Ministerio de la Presidencia, Rodríguez Zapatero ha calificado la reunión con Touriño de satisfactoria y «tiene la impresión de que el presidente de la Xunta ha acogido favorablemente» las líneas generales del nuevo modelo, que garantizará iguales recursos para cubrir los servicios públicos esenciales que reciben los ciudadanos, independientemente de donde residan. Rodríguez Zapatero también ha calificado de «razonable» la petición de Pérez Touriño de plantear los costes diferenciales procedentes del envejecimiento y la dispersión de la población. Así, según este comunicado, el presidente del Ejecutivo ha asegurado que estos criterios «se tendrán en cuenta».

El PPdeG interpreta que Touriño regresa a Galicia "con los bolsillos vacíos" tras su reunión con Zapatero

El secretario xeral del Partido Popular de Galicia (PPdeG), Alfonso Rueda, lamentó que el presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, regrese a Galicia "con los bolsillos vacíos" tras su reunión con el jefe del Ejecutivo español, José Luis Rodríguez Zapatero, en la que, a juicio de la oposición, no consiguió "ningún compromiso" para mejorar la financiación de esta comunidad. En un comunicado, Rueda interpretó que esto demuestra el "nulo peso" de Touriño en Madrid, a donde, en su opinión, acudió de "segundón" después de que Zapatero "se plegase" a los intereses de Cataluña en la reunión que mantuvo con el presidente de esta comunidad, José Montilla.

Tras poner de manifiesto la "amenaza" de que parte de los recursos que le corresponden a Galicia acaben siendo destinados a Cataluña por los "pactos secretos" entre Zapatero y Montilla, el 'número dos' de los populares gallegos reclamó la necesidad de una negociación multilateral para pactar el nuevo modelo de financiación autonómica. En este sentido, pidió a Touriño "plenas garantías" de que Galicia no va a perder peso relativo en el nuevo modelo financiero así como de que no se verán mermados los recursos necesarios para sanidad, educación, dependencia u obras pendientes en Galicia, como el AVE o las autovías interiores.

Rueda apuntó que la fecha elegida para la reunión entre Touriño y Zapatero no es "fruto de la casualidad". Así, interpretó que este encuentro pretendía "desviar la atención" sobre las discrepancias surgidas en el seno del bipartito debido al concurso eólico y, además, frenar la "ofensiva mediática" del vicepresidente de la Xunta, Anxo Quintana, en la capital española, donde tuvo hoy varios actos. "Para volver a Galicia con los bolsillos vacíos, a Touriño le habría sido mejor quedar en San Caetano -sede de la Xunta- para poner orden en el concurso eólico", resumió Rueda, convencido de que los problemas "no se resuelven con fotos demagógicas".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, cualificou de “fructífera e positiva” para Galicia a xuntanza que mantivo co presidente do Goberno de España, José Luís Rodríguez Zapatero, e na que se acordou que no novo modelo de financiamento autonómico aumentará “de maneira significativa” a ponderación dos criterios diferenciais de dispersión e envellecemento da poboación. Así o transmitiu o xefe do Executivo autonómico na rolda de prensa na que deu conta do contido da reunión celebrada esta mañá no Palacio da Moncloa por espazo de máis de dúas horas e na que tamén participaron o conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, e o secretario de Estado de Hacienda, Carlos Ocaña.

O máximo mandatario galego manifestou a súa satisfacción polo resultado dun encontro no que ambos mandatarios abordaron os criterios da “necesaria revisión do modelo de financiamento autonómico” e na que, explicou, puido constatar que “é un proceso aberto”, e “en absoluto está pechado”. Tamén certificou Pérez Touriño a súa tese de que a revisión do financiamento autonómico é “un proceso complementario entre o diálogo bilateral” das diferentes autonomías co Goberno de España, e o imprescindible e mutilateral acordo que debe pecharse no Consejo de Política Fiscal y Financiera.

O presidente da Xunta de Galicia explicou que a súa xuntanza co presidente do Goberno foi acordada a semana pasada, e que nese momento xa coñeceu que Rodríguez Zapatero mantería tamén unha xuntanza co presidente da Generalitat de Cataluña, José Montilla. Nese sentido, o titular do Executivo galego considerou “razoable” que o xefe do Executivo español se reúna cos reponsables das autonomías, igual que fixo onte coa presidenta da Comunidad de Madrid, Esperanza Aguirre, e seguirá facendo esta tarde cos presidentes de Extremadura e Asturias.

Nas súas declaracións, Pérez Touriño destacou que a reunión co presidente do Goberno derivou en elementos “positivos” para Galicia. Entre eles, destacou que “Galicia terá máis recursos dos que actualmente ten, terá máis recursos por habitante, despois do acordo e tal e como o contrastei”.

O xefe do Executivo autonómico insistiu na importancia da incorporación dos novos criterios ao modelo de financiamento e asegurou que estes suporán “moitos millóns de euros para Galicia” que permitirán financiar os servizos públicos nunhas condicións de calidade equiparables ao do resto das comunidades autónomas.

“Aumento significativo na ponderación” dos criterios diferenciais
O titular da Xunta presentou como “un avance significativo e importante” o acordo político acadado co presidente do Goberno de España que permitirá que se teñan en conta “os custos diferenciais na prestación dos servizos públicos básicos na nosa Comunidade Autónoma”, de tal xeito que estes teñan “unha ponderación de maior peso” e se produza “un aumento significativo na ponderación”.

Trátase, abondou, de ter en conta o aumento dos custes que a dispersión poboacional supón para prestar o servicio público da educación, sobre todo, e tamén, aunque en menor medida, da sanidade e dos servizos sociais. Así mesmo, o acordo permitirá valorar o encarecemento que supón a prestación da sanidade pública e dos servizos sociais a unha poboación envellecida.

“Coincidimos e acordamos politicamente que isto é moi importante para Galicia e para outras comunidades que teñen condicións semellantes, e acordamos que se vai ponderar de maneira significativa, con máis peso, estes elementos, que forman parte dun acordo unánime do Parlamento galego”, resaltou Pérez Touriño, quen considerou “de alto valor” a maneira en que este acordo se materialice.

O máximo mandatario autonómico valorou tamén positivamente o compromiso derivado da xuntanza desta mañá de que o novo modelo de financiamento conterá “garantía de financiamento de todas as competencias da Comunidade Autónoma”, ben sexa a través do fondo xeral co que se costean habitualmente os servizos educativos, sanitario e sociais, ou ben a través do fondo de suficiencia.

Touriño explicou que en virtude deste acordo, Galicia contará con “mellor financiamento”, xa que “por primeira vez”, co novo modelo, “cando falemos de poboación, falaremos de poboación axustada, cualificada por eses factores de dispersión e envellecemento”.

Na súa comparecencia ante os medios, Emilio Pérez Touriño declarouse “extraordinariamente satisfeito” ante a boa receptividade mostrada polo presidente do Goberno de España ante a proposta de “considerar por primeira vez o feito diferencial da lingua propia” das comunidades autónomas que a posúen, en tanto en canto constitúe un elemento “de custo diferencial significativo na prestación dos servizos públicos”.

Lembrou que prestar os servizos públicos en galego é unha obriga “derivada da Constitución e do Estatuto de autonomía”, que introduce un custo diferencial que nunca fóra considerado ata agora. Touriño asegurou que Rodríguez Zapatero estimou “razoable” a súa proposta, que será agora estudada por Economía, e o definiu como un feito “novidoso e de interese para as comunidades autónomas con lingua propia”.

O presidente da Xunta explicou que na xuntanza que esta mañá mantivo co presidente do Goberno ambos mandatarios tiveron ocasión tamén de repasar o estado das grandes infraestruturas do Estado en Galicia, seguindo o compromiso de realizar persoalmente o seguimento das mesmas. Nese sentido, Pérez Touriño subliñou que Rodríguez Zapatero “reiterou e ratificou en todos os seus termos” o compromiso de que en 2009 serán licitados os nove tramos pendentes do AVE galego.

O máximo mandatario autonómico lembrou que se trata de tres tramos da conexión entre Lubián e Zamora e seis tramos do enlace entre Ourense e Lubián, e asegurou que “seguimos tendo a garantía da súa licitación en 2009 tal e como estaba comprometido e anunciado”.

O xefe do Executivo autonómico resaltou que no encontro desta mañá se extraeu o compromiso de que “haberá solución para a AP-9”. Pérez Touriño lembrou que existe “unha demanda xeneralizada que eu encabezo” de ampliación da Autoestrada do Atlántico nas áreas urbanas de Vigo (ampliación da Ponte de Rande), na circunvalación de Santiago e na Coruña, e avanzou que esta se realizará.

“Dixen sempre e o reitero que hai que traballar, que hai que cumprir e hai que conseguir que as cousas avancen e melloren”, aseverou o presidente galego, quen reiterou ao respecto que “haberá solución para a AP-9”.

Nesa liña, o titular do Executivo autonómico avanzou que na actualidade “se está estudiando a fórmula”, dadas as presentes circunstancias derivadas do cambio de titularidade da empresa concesionaria, e anunciou que espera que esa fórmula sexa coñecida en xaneiro, “logo do período navideño”.
R.