Skip to main content

15 empresas gestionarán la Ciudad de la Cultura que se inaugurará en 2010 sin terminar. Aportan el 51% del capital de la constituida Fundación Gaiás

El presidente del patronato de la Fundación Gaiás, Juan Manuel Urgoiti, ha afirmado, tras la reunión constitutiva de esta entidad, que la Ciudad de la Cultura ha de tener en el futuro unos contenidos con «una línea filosófica continuista, muy clara y definida; que se entienda lo que se hace». Urgoiti realizo estas declaraciones en el edificio del Arquivo Nacional, uno de los que integran el complejo cultural del monte Gaiás, tras reunirse los representantes de las empresas gallegas que integran el patronato de la Fundación Gaiás con el presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, y la conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo.

En el encuentro, al que también asistió el titular de Economía del Gobierno gallego, José Ramón Fernández Antonio, quedó constituida oficialmente la Fundación Gaiás y fueron presentados los objetivos de este nuevo organismo que gestionará parte del complejo de la Ciudad de la Cultura. Quince de las principales empresas gallegas participarán directamente en la gestión de la Cidade da Cultura (CdC) a través de su incorporación al Patronato de la nueva Fundación Gaiás, un organismo constituido con el 49% del capital aportado por la Xunta y el 51% restante por la iniciativa privada.

El patronato de la Fundación Gaiás posee un capital social de 23 millones de euros, de los que 11.250.000 euros (48,91%) corresponden a la Fundación Cidade da Cultura, y el 51,09% restante procede de las empresas Caixa Galicia, Caixanova, Unión Fenosa, Inditex, Inveravante, Fundación Pedro Barrié de la Maza, Banco Gallego, Grupo R, Gadisa (Grupo Tojeiro), Hijos de Rivera, Grupo Coren, Epifanio Campo, Mombus, Grupo Nossa Terra 21, Hijos de J. Barreras, S.A..

El presidente de la Xunta anunció que los edificios del Arquivo Nacional y la Biblioteca Nacional estarán a pleno rendimiento en el año 2009, y que en 2010 será presentado internacionalmente el complejo cultural aprovechando el Año Santo, si bien dos de sus edificios, el Escenario Obradoiro y el Centro Internacional de Arte, estarán aún sin terminar. Pérez Touriño aseguró que «hay programa, hay calendario y hay presupuesto» para el proyecto de la Ciudad de la Cultura, y que «nada está dejado al albur o a la improvisación». En palabras del presidente, la Ciudad de la Cultura ha de convertirse para Galicia en una «posibilidad de apertura al mundo» y también «una ocasión para que el mundo mire a Galicia». El máximo mandatario gallego indicó que el futuro proyecto cultural será «una apuesta por la inserción de Galicia en la primera fila de la modernidad y el abandono de la periferia».

En la misma línea se pronunció la conselleira de Cultura, que indicó que el complejo cultural del monte Gaiás «está llamado a ser un referente en la cultura internacional», y agregó que la Ciudad de la Cultura trasciende el elemento meramente cultural para convertirse también en un motor de valor añadido. Ánxela Bugallo dijo que el Gobierno autonómico cumplió los dos compromisos anunciados, como eran presentar en el Parlamento un proyecto con sus respectivos contenidos y dotar al complejo de un modelo de gestión que garantizase su viabilidad económica. La conselleira explicó además que la cifra de 475 millones de euros que estableció el Gobierno gallego «se mantiene invariable» hasta el final del proyecto de la Ciudad de la Cultura.

El presidente del nuevo patronato de la Fundación Gaiás, Juan Manuel Urgoiti, apostó por convertir la Ciudad de la Cultura en un referente internacional. Urgoiti indicó que la respuesta de los empresarios gallegos al proyecto fue unánime, «convencidos -dijo- de que es un proyecto con enorme trascendencia y de que socialmente va a ser un proyecto de enorme magnitud». El presidente del patronato de la Fundación Gaiás calificó de «impresionante» el complejo de edificios de la Ciudad de la Cultura; «una arquitectura valiente, audaz y rompedora», dijo, y agregó que «para vender la Ciudad de la Cultura, hay que visitarla».

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, destacou que a Cidade da Cultura “quere ser unha das respostas coas que Galicia encara o futuro”, unha resposta “sostible e creativa, competitiva e innovadora, xestionada desde o rigor, a responsabilidade e a eficiencia. A resposta dun país que quere estar no centro, no corazón dos fluxos creativos e nos intercambios culturais”. Así o asegurou esta mañá o titular da Xunta que, cos conselleiros de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, presidiu a xuntanza constitutiva da Fundación Gaiás. Esta nova fundación, complementaria da actual, está presidida por Juan Manuel Urgoiti e nela participan as principais entidades financeiras e empresas galegas: Caixa Galicia, Caixanova, Unión Fenosa, Inditex, Inveravante, Fundación Pedro Barrié de la Maza, Banco Gallego, Grupo R, Gadisa Grupo Tojeiro, Hijos de J. Rivera, Grupo Coren, Epifanio Campo, Monbús, Grupo Nosa Terra-21 e Hijos de J. Barreras .

Na súa intervención, o xefe do Executivo galego remarcou que a participación da elite empresarial galega na recén creada Fundación Mixta da Cidade da Cultura é “un signo inequívoco de corresponsabilización na asunción dun reto do que o conxunto da sociedade galega debe saír beneficiada”. Engadiu que é tamén “unha manifestación do compromiso con Galicia e de confianza nos seus grandes proxectos de futuro. Un apoio público e sen ambigüidades que significa o compromiso con un proxecto de grande relevancia para o futuro de Galicia”, asegurou.

Nesta liña, agradeceu a todos e cada un dos membros do padroado a asunción da súa responsabilidade, “a xenerosidade, o compromiso e o traballo intenso que deberán despregar no organismo que hoxe se constituíu” e que supón, lembrou, un “paso de enorme importancia, pois –dixo-, significa a concreción dun modelo de xestión e a entrada en funcionamento do órgano reitor da fundación que se encargará de tomar as decisións e controlar os procesos que estou seguro –subliñou-, acabarán convertendo nun gran éxito colectivo, nun éxito de país, a Cidade da Cultura”.

A Fundación Gaiás constituída hoxe ten un carácter mixto, cunha participación case igualitaria do capital público e do privado. Para a constitución do novo organismo, o 49 por cento do capital foi achegado pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia e o 51 por cento restante, por quince das principais empresas e entidades financeiras galegas.

Emilio Pérez Touriño destacou, na súa intervención, que o complexo do Gaiás vai supoñer “unha nova posibilidade para a apertura de Galicia ao mundo e un motivo para que o mundo mire tamén cara Galicia”. En definitiva, remarcou, “unha aposta pola internacionalización e pola modernidade de Galicia” e “un lugar para o encontro, para o diálogo entre a cultura galega e a cultura universal”.

“A Cidade da Cultura é unha aposta pola inserción de Galicia na primeira fila da modernidade, polo abandono da periferia. E a cultura e todo o que ela trae consigo, será un dos instrumentos privilexiados co que lograr ese obxectivo, como xa o foi nos momentos máis brillantes da nosa historia”, engadiu ao respecto.

A Cidade da Cultura: “ponte entre España, Europa e América Latina”
O presidente da Xunta asegurou que, “Galicia quere estar no mundo que vén. Un mundo globalizado que está a procura de novos modelos de organización, de convivencia e de crecemento”. Nese mundo, dixo, “a comunicación, a creatividade, a innovación e a cultura van ter unha importancia crecente”.

Por iso, amosouse confiado en que a Cidade da Cultura se converterá nun elemento de “consolidación e enriquecemento da vida cultural en Galicia”. “A Cidade da Cultura deberá ser un factor de dinamización económica para o conxunto do país, un polo de vertebración territorial do corredor atlántico e un elemento de mobilización de grandes fluxos turísticos e un espazo para a internacionalización de Galicia, para a intensificación das nosas relacións con España, con Europa e con Latinoamérica”, concluíu.

Na súa intervención, a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, incidiu en que a Cidade da Cultura vai redundar en beneficio de toda a sociedade galega e cualificou esta iniciativa como “un auténtico proxecto de desenvolvemento endóxeno da Galicia do século XXI”. “A Cidade da Cultura está chamada a ser un referente internacional na cultura internacional”, engadiu lembrando que permitirá dar “visibilidade a Galicia no mundo enteiro”.

Así mesmo, Ánxela Bugallo lembrou que a constitución dunha fundación mixta, con capital público e privado, permitirá abrir “unha nova etapa: a da implicación real da sociedade civil no proxecto”.

Pola súa parte, Juan Manuel Urgoiti, presidente da Fundación Gaiás, dixo que a constitución deste organismo supón “un paso de xigante” no desenvolvemento da Cidade da Cultura, un proxecto que cualificou como “dunha enorme transcendencia” e “de primeirísima magnitude”. Juan Manuel Urgoiti insistiu en que este proxecto está chamado a converterse “nun novo faro da cultura” e nun novo camiño, “o do século XXI para Galicia, España, Europa e Latinoamérica”.
R.