Skip to main content

Galicia sufrió 76 fenómenos meteorológicos adversos entre diciembre y enero. 7 de ellos alcanzaron el nivel rojo

Protección Civil de la Xunta ha gestionado, a través del Centro de Atención de Emergencias 112, un total de 76 fenómenos meteorológicos adversos durante los meses de diciembre y enero. La Consellería de Presidencia informó de que, de estos fenómenos, que en muchas ocasiones son de larga duración y pueden coincidir en el tiempo, 41 de ellos han sido de alerta naranja y siete de nivel rojo. Igualmente, se informó en 28 ocasiones de episodios de nivel amarillo.

La mayor parte de los avisos meteorológicos, un total de 40, estuvieron relacionados con fenómenos costeros: mar de fondo, mar de viento y viento en mar. Otros diez fueron de viento en tierra, 9 con nieve y 8 con temperaturas mínimas extremas.

En diciembre hubo 30 fenómenos adversos, mientras en enero se registraron 46 y, además, se contabilizaron en el primer mes de 2009 un mayor número por viento, nieve y temperaturas mínimas extremas. La Dirección General de Protección Civil envió entre diciembre y enero un total de 18.102 faxes con información meteorológica actualizada a los organismos de las administraciones estatales, autonómicas, locales y provinciales, así como a los recursos de emergencias y a las empresas que se pudiesen ver afectadas, a fin de tomar medidas de protección.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Medio Ambiente de la Xunta de Galicia:

MeteoGalicia, o servizo de predición meteorolóxica dependente da Consellería de Medio Ambiente, disporá dun radar de última xeración que lle permitirá anticipar en 6 horas fenómenos meteorolóxicos adversos, determinando dende o seu movemento ata a cantidade e tipo de precipitacións que se van producir. A instalación deste moderno dispositivo, que se ubicará na localidade pontevedresa de Cuntis e contará cun orzamento de arredor de 4 millóns de euros, permitirá coñecer con rapidez e fiabilidade os cambios metereolóxicos e anticipar situacións extremas.

O radar é a última innovación tecnolóxica que MeteoGalicia incorpora á súa rede de predición e observación, que nos últimos tres anos e medio viuse incrementada e mellorada. Así o puxo de manifesto o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, que xunto ao director xeral de Desenvolvemento Sostible, Emilio Fernández, e ao responsable de MeteoGalicia, Vicente Pérez, visitou hoxe as novas dependencias do servizo.

Manuel Vázquez subliñou que MeteoGalicia é “unha peza angular” no que respecta á predición meteorolóxica, pero tamén na investigación e observación vencelladas ao cambio climático. Neste senso o conselleiro lembrou que MeteoGalicia é un dos piares do Cinam, que nos vindeiros catro anos será “un dos centros de referencia da investigación ambiental en Galicia”.

O responsable autonómico salientou a “forte aposta” que o Goberno galego fixo durante estes últimos tres anos e medio por este servizo, incrementando nun 138% a asignación de recursos económicos a MeteoGalicia, que este ano conta cun orzamento de 3,7 millóns de euros. Así, as actuacións de MeteoGalicia nesta lexislatura centráronse en mellorar a capacidade de observación, instalando novas estacións terrestres e poñendo en marcha as redes oceanográficas. Concretamente, entre 2005 e 2009, o servizo pasou de dispor 60 a 72 estacións automáticas e a contar cunha nova rede de observación de montaña en puntos como Ancares ou Manzaneda. Tamén, se puxeron en funcionamento as primeiras estacións oceanográficas para mellorar as predicións marítimas en puntos como Rande, Cíes ou A Guarda-Baixo Miño. Esta rede está previsto que se estenda por toda a costa galega, mediante a colocación de novos dispositivos, en colaboración con outros organismos como Portos de Galicia e Portos do Estado.

Á rede de observación haberá que sumar, nun futuro próximo, o mencionado radar metereolóxico e tamén a rede de medición de raios, que conta xa con catro dispositivos, un en cada provincia: en Mabegondo (A Coruña); Alto do Rodicio (Ourense); Vigo; e Castro de Rei (Lugo).

Nos últimos tres anos e medio, MeteoGalicia tense consolidado tamén como o servizo metereolóxico de proximidade para os cidadáns de Galicia. Así, a nova páxina web acadou todo un record de visitas, ao contar con preto de 100 millóns de accesos. Igualmente, puxéronse en marcha novos servizos como o envío de previsións vía móbil e agora volve a renovarse a web para adaptarse novas demandas cidadáns.

Por último, cabe resaltar a actividade investigadora levada a cabo por MeteoGalicia nos últimos anos. Concretamente, o servizo participou en 8 proxectos de investigación, entre os que destacan “Cligal” e “Climas”, ambos relacionados cos impactos e evidencias sobre o cambio climático, e está prevista a súa participación noutros cinco novos proxectos na vindeira lexislatura.

A labor de investigación levou a MeteoGalicia a captar fondos da Unión Europea, ata 1,8 millóns de euros, a través da participación en proxectos Interreg III e IV ou programa Marco. Entre eles, cabe salientar o “Proxecto Raia”, en colaboración co Goberno de Portugal, que permitirá poñer en marcha un sistema de observación océano-meteorolóxica.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Presidencia e Administracións Públicas de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza concederá axudas por importe de 1.000.000 de euros para sufragar os gastos extraordinarios en que incorresen as entidades locais como consecuencia do temporal acaecido en Galicia a partir do 23 de xaneiro. Así o determina unha orde publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) que desenvolve o decreto de medidas urxentes aprobado polo Consello da Xunta.

Segundo recolle o texto, a natureza destas axudas terá carácter subsidiario respecto de calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, estatal ou internacional, do que poidan ser beneficiarios os afectados. Non obstante, cando estes sistemas non cubran a totalidade dos danos producidos, as indemnizacións previstas no texto concederanse con carácter complementario e serán compatibles en concorrencia con outras subvencións, ingresos ou recursos ata o límite do valor do dano producido.

Serán subvencionables ata o 100% os gastos extraordinarios derivados de actuacións inaprazables na situación de emerxencia -levados a cabo no mesmo tempo de se producir esta ou nos inmediatamente posteriores á súa finalización- que teñan por obxecto o funcionamento dos servizos públicos esenciais e imprescindibles para garantir a vida e a seguridade das persoas e sexan levadas a cabo con medios materiais propios ou alleos tales como vehículos, maquinaria ou ferramentas. Quedarán excluídas as infraestruturas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica.

Para acreditar a realización de tales gastos, os concellos interesados teñen que entregar unha solicitude segundo o modelo que aparece no DOG de hoxe acompañada da seguinte documentación: memoria breve dos danos ocasionados, certificación da entidade bancaria acreditando a titularidade da conta, certificación de intervención e unha declaración conxunta de todas as axudas solicitadas para o mesmo proxecto. As solicitudes poderán entregarse no prazo dun mes nas oficinas da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, así como nos lugares previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no decreto que determina e regula as oficinas de rexistro propias ou concertadas de Galicia, crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e regula a atención ao cidadán.

As axudas que se outorguen integraranse no Rexistro de Axudas e Subvencións -que será de acceso público- e publicarase, de acordo coa Lei de Transparencia e Boas Prácticas na Administración pública galega, na páxina web oficial da Consellería de Presidencia.
R.