Skip to main content

Touriño destaca la contribución de la Fundación para a Sociedade do Coñecemento para incrementar la competitividad gallega

El presidente de la Xunta en funciones, Emilio Pérez Touriño, destacó la contribución de la Fundación Galega para a Sociedade de Coñecemento (FSC) para aumentar la competitividad de las empresas gallegas y favorecer la innovación aplicada al tejido productivo. Así lo manifestó durante la reunión del Consejo Rector y del Patronato de la FSC, en la que participó, junto con el conselleiro de Economía en funciones, José Ramón Fernández Antonio. Touriño subrayó la labor de promoción de la cooperación empresarial llevada a cabo por la fundación, en la que se integran empresas punteras de Galicia, las tres universidades, las dos cajas, el Banco Pastor y la propia Administración autonómica, desde su creación en diciembre de 2006.

El jefe del Ejecutivo gallego agradeció en el encuentro el impulso dado a la 'triple hélice' -en referencia a la colaboración entre universidad, empresa y Gobierno- como elemento "estratégico" para aumentar la competitividad de Galicia.

Por su parte, los integrantes de la FSC señalaron la importancia de aplicar medidas anticíclicas para afrontar la crisis, pero reclamaron también proyectos "con visión a largo plazo" para superar la situación. Asimismo, reiteraron su apuesta por la filosofía de la fundación y la consideraron "vigente" como "orientación estratégica para mantener la competitividad".

La vocación fundamental de este organismo es la de convertirse en un instrumento de "cooperación, una plataforma de encuentro y un puente" entre la administración pública, las empresas innovadoras y las tres universidades.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta en funcións, Emilio Pérez Touriño, subliñou a contribución da Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento a que Galicia sexa hoxe un referente en transferencia de coñecemento, en innovación aplicada ao tecido produtivo e en excelencia competitiva. Así o asegurou esta mañá, durante a xuntanza do Consello Reitor e do Padroado da Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento (FSC), na que tamén participou o conselleiro de Economía e Facenda en funcións, José Ramón Fernández Antonio, e durante a cal Pérez Touriño lle agradeceu ás empresas, entidades e universidades colaboradoras o seu impulso á tripla hélice como elemento estratéxico para aumentar a competitividade en Galicia.

O presidente galego en funcións destacou, ademais, que desde a súa creación, en decembro de 2006, a Fundación para a Sociedade Galega do Coñecemento realizou importantes esforzos por impulsar a cooperación empresarial.

Pola súa banda, os participantes na xuntanza de hoxe agradeceron ao Goberno galego a creación da Fundación para a Sociedade do Coñecemento e manifestaron o consenso na vixencia do proxecto como orientación estratéxica para manter a competitividade da economía galega. Coincidiron, ademais, en que, en momentos de crise como o que estamos atravesando, son importantes as medidas anticíclicas pero tamén medidas con visión a longo prazo.

A Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento (FSC), integrada por un conxunto de empresas punteiras de Galicia, as tres universidades, as dúas caixas, o Banco Pastor e a propia Xunta de Galicia, naceu en decembro de 2006 co obxectivo primordial de acadar a converxencia de Galicia coas rexións e países máis avanzados, facendo unha aposta básica por incorporar Galicia ao desenvolvemento tecnolóxico e a I+D+i.

Así a fundación naceu coa vocación fundamental de converterse nun instrumento de cooperación, unha plataforma de encontro e unha ponte entre a administración pública, as empresas punteiras do país e as tres universidades que se erixiu como unha plataforma necesaria e imprescindible para que Galicia avance e mellore na incorporación á sociedade do coñecemento, á innovación e o desenvolvemento tecnolóxico.
R.