Skip to main content

Elena Maure renuncia á Delegación de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo

O tenente de Alcalde e home forte dos nacionalistas no goberno municipal vigués, Santiago Domínguez Olveira, sinalou que existen varios posibles substitutos da concelleira dimisionaria se ben como queira que a decisión debe ser ratificada polo Consello local do Bng agarda que poida coñecerse o sucesor no prazo de vinte días. En tanto, as competencias de Patrimonio Histórico van ser asumidas polo concelleiro de Cultura, Xesús López.

Elena Maure, arquitecta e urbanista ten colaborado co estudio do arquitecto Cesar Portela, co de Salvador Fraga, e formou parte do equipo redactor do Plan xeral de Ordenación do Concello de Vigo.
R.