Skip to main content

Ferrol celebra a II Semana de Poesía Salvaxe

Todos eles, espazos públicos que mudarán a súa faciana habitual para se converter en improvisados escenarios onde poder escoitar e participar do máis granado da poesía contemporánea española.

Máis polo miúdo e respeto do programa da II Semana de Poesía Salvaxe, a responsable das políticas culturais da Administración local explicaba que o mércores, a partir das seis e media da tarder, arrancará a actividade da man dos propios Guillermo Ferrández e Carlos González “Karlotty” no Quiosco do Cantón. Nesta mesma xornada, o escritor e dramaturgo Carlos Santiago porá en escea o seu espectáculo pornopoético e portátil “Textículos”. No Pub Cazadores, a partir das once da noite. Xa na xornada do xoves, a lírica chegará da man da actriz e escritora ourensá Déborah Vukusic, que actuará no marco do Mercado da Magdalena a partir da unha do mediodía. E, pola tarde, tocaralle o turno ao economista e antropólogo, Marcos Lorenzo, ás 18 horas, na rúa Real. Pola noite, a Capela do Torrente Ballester acollerá o espectáculo poético-musical Sin Red, onde música e poesía, voz e música, se mixturan dende unha perspectiva contemporánea baseada na improvisación libre.

A terceira xornada da II Semana de Poesía Salvaxe achegará á cidade á poeta vasca Leire Bilbao. A súa actuación dará comezo ás cinco do serán no peirao de Curuxeiras. E unha hora máis tarde, pero esta vez na praza de Amboaxe, fará o propio o artista multidisciplinar Paco Pestana. A viveirense Olaia Cocinha, da man de Carlos Oroza, pecharán a xornada no pub Carteles a partir das 23 horas. Será o propio Oroza o que ofreza na última xornada da Semana de Poesía Salvaxe un vermut poético no Pub Cazadores. No serán, ás 18 horas, haberá un encontro de tódolos poetas convidados e poetas locais no Teatro Jofre, aberto ao público en xeral.

E como broche de ouro, o Teatro Jofre acollerá o concerto homenaxe a Golpes Bajos. Un espectáculo que correrá a cargo do líder da formación viguesa e dos músicos de Comando Delta. Será o propio sábado 18 de abril, a partir das oito e media da tarde e con entradas a 15, 12 e 6 euros. E, ao fío, Mercedes Carbajales lembraba unha das letras que facían famoso a este grupo musical, “Malos Tiempos para la lírica”, para asegurar que esta non só é necesaria senón que ten o seu lugar na sociedade actual.
R.