Skip to main content

Feijoo presidirá o luns o seu primeiro Consello

Desaparecerán o medio cento das delegacións provinciais das diversas consellerías da Xunta e só serán nomeados cinco Delegados da Xunta, catro con sede nas capitais de provincia e un para Vigo.

Alfonso Rueda Valenzuela, Secretario xeral do Partido Popular en Galicia, de 40 anos, avogado, será o novo Conselleiro de Presidencia, polo que -de acordo coa política anunciada por Núñez Feijoo- deixará o seu posto no Parlamento galego, que será ocupado por Alejandro Gómez Alonso, responsable de organización do PP en Galicia, que nas pasadas eleccións ocupaba o número 13 da candidatura da provincia de Pontevedra.
R.