Skip to main content

Gómez Besteiro ve a man de José Blanco na licitación da nova Ponte sobre o Río Miño

Diante desta publicación, o Presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, amosou a súa satisfacción pola publicación, indicando que “é o primeiro síntoma de José Blanco como responsable do Ministerio de Fomento. Sen dúbida, é unha consecuencia directa a menos dunha semana de tomar posesión como Ministro desde departamento. Non creo nas casualidades e esta, dende logo, non a é”.

O prazo de execución previsto da infraestrutura é de 38 meses e o orzamento ascende a 21.453.987 euros. Segundo reflicte a publicación oficial, o contrato podería ser financiado con Fondos FEDER. A data límite de presentación das ofertas ou das solicitudes será o próximo vintesete de maio.

A este respecto, o máximo mandatario provincial subliñou que “estou seguro de que ademais de velar polos intereses xerais de todo o territorio estatal, o Ministro de Fomento como bo coñecedor das necesidades de Galicia e, sobre todo, de Lugo, saberá adoptar decisións en consecuencia”.
R.