Skip to main content

Dialéctica de alto nivel para cumprir o trámite

Duro foi o representante do Bng, que acusou a Feijoo de chegar ó goberno montado nun cabalo de mentiras, destacando que había máis votos detrás dos representantes da oposición que dos membros do partido maioritario. Atacou a Agustín Hernández para que deixase o seu escano no Parlamento por supostas incompatibilidades. E sobre a revisión que Feijoo pretende facer do concurso eólico preguntou a favor de quen se ía facer esa anunciada revisión. Carlos Aimerich anunciou un non rotundo á investidura de Núñez Feijoo como Presidente da Xunta.
O Psoe fará unha oposición seria e construtiva, que ademáis será intensa e dialogante, asegurou o seu voceiro, Xaquín Fernández Leiceaga, que estimou o discurso de Nuñez Feijoo decepcionante, con total falta de optimismo, rexeita o plan de choque de Feijoo, e esixe que as medidas a emprender non se queden en meros titulares, e no económico di que de nada servirá a rebaixa anunciada na situación de crise na que nos atopamos.
Recordou Feijoo que o seu discurso de investidura do pasado martes tiña 174 propostas, delas 104 de tema económico, e que gobernará para todos os galegos. Na súa intervención sinalou que na nova Xunta de Galicia haberá unha Secretaría Xeral de Igualdade que vai depender directamente da Presidencia, e unha Consellería de Industria e da Competencia, da que dependerá o Instituto Galego da Promoción Económica, que ata agora dependía da de Economía e Facenda. Abogou por pactos en relación cos medios da comunicación, pola educación - e con el pola lingua-, por un pacto pola economía, e pola reforma do Estatuto. Destacou finalmente que tanto como Touriño e Quintana son xa patrimonio de Galicia.
Eran as dezaoito horas trinta e sete minutos cando se fixo público o resultado da votación: 38 votos a favor, 36 en contra (Faltaba o deputado do Psoe, Roberto Pose, por enfermidade).Touriño felicitou o primeiro a Feijoo mentras os deputados do PP aínda aplaudían e os da oposición permanecían nos seus escanos. Feijoo é xa Presidente da Xunta de Galicia.
R.