Skip to main content

La Consellería de Educación de la Xunta de Galicia convoca 740 plazas para el cuerpo de maestros

La Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocará una Oferta Pública de Empleo (OPE) este año de 740 plazas en ocho especialidades -687 de acceso libre y 53 reservadas a personas con discapacidad-, de las cuales 57 son de nueva creación. Además, ofertará otras 13 para inspectores educativos.

La OPE, presentada por Educación a los sindicatos en Mesa Sectorial, incluye 400 plazas para reponer las vacantes por las jubilaciones previstas, 57 son de nuevo cupo y 238 se corresponden con puestos que hasta ahora estaba cubiertos por interinos -actualmente existen 641 en el cuerpo de maestros-. Así, la distribución de plazas se corresponde con 85 para Idioma extranjero inglés -79 de acceso libre-; 30 para francés -28 de acceso libre-; 100 para Educación Primaria -93 de acceso libre-; 260 para Educación Infantil -242 de acceso libre-; 60 en Pedagogía terapéutica -56 de acceso libre-; 55 en Audición y Lenguaje -51 de acceso libre-; 75 para Música -69 de acceso libre-; y otras 75 para Educación Física -69 de acceso libre-.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca unha Oferta de Emprego Público co obxectivo de cubrir un total de 740 prazas do corpo de mestres para o vindeiro curso escolar e 13 de inspectores de educación. Os responsables do departamento educativo da Xunta de Galicia presentáronlle hoxe o contido da OPE aos sindicatos durante a xuntanza da Mesa Sectorial de Educación, que se celebrou esta mañá en San Caetano baixo a presidencia do secretario xeral da Consellería, José Luis Vázquez Fernández.

A Oferta de Emprego Público presentada pola Consellería de Educación foi confeccionada logo dun minucioso estudo da actual composición do corpo de docentes e da análise das necesidades previstas para o vindeiro curso. Do devandito estudo despréndese que ao finalizar o presente curso escolar se producirán 700 xubilacións no total dos corpos docentes, das cales, a maioría, 400 se corresponden co corpo de mestres, 100 co corpo de mestres que imparten primeiro e segundo da ESO, e 200 cos diferentes corpos que imparten as ensinanzas distintas da educación infantil e primaria.

Das 740 prazas do corpo de mestres que convocadas na Oferta de Emprego Público, 400 reporán as prazas vacantes polas xubilacións previstas, 57 son prazas de novo cupo e 238 se corresponden con prazas que ata o de agora se cobren con interinos. No corpo de mestres existen actualmente 641 interinos, un sector que ten unha porcentaxe de aprobados do 50% sobre as prazas convocadas.

No corpo de mestres, a distribución de prazas convocadas por especialidades que se propón é a seguinte:

-Idioma estranxeiro (inglés): 85
-Idioma estranxeiro (francés): 30
-Educación primaria: 100
-Educación infantil: 260
-Pedagoxía terapéutica: 60
-Audición e linguaxe: 55
-Música: 75
-Educación física: 75

En relación co corpo de inspectores de educación, a Consellería decidiu convocar as 13 prazas que, das 95 que forman o corpo, están ocupadas provisionalmente en réxime de comisión de servizos. Educación considera que esas 13 prazas sexan cubertas definitivamente a través do proceso selectivo, posto que a función inspectora debe ser desempeñada por funcionarios de carreira do corpo correspondente, garantindo así en maior medida a imparcialidade e a obxectividade no seu labor.

Hai que ter en conta que os 13 inspectores en réxime de comisión de servizos foron seleccionados polo anterior goberno galego a través dun procedemento con certa subxectividade.

O vindeiro curso remata a implantación do novo sistema educativo na ESO e no bacharelato, o que permitirá apreciar con maior precisión as necesidades futuras de profesorado, momento no que se deberá convocar prazas en secundaria, profesores técnicos de formación profesional, escolas oficiais de idiomas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño, e profesores de música e artes escénicas.
R.