Skip to main content

Automoción: la Xunta de Galicia concederá ayudas de entre 500 y 1.500 euros para la compra de coches, hasta un total de 6 millones de euros

El presidente Alberto Núñez Feijóo, anunció que la Xunta de Galicia destinará seis millones de euros a su plan de ayudas para incentivar la compra de vehículos, con aportaciones que oscilarán entre los 500 y los 1.500 euros. En declaraciones a los medios de comunicación tras mantener una reunión en Vigo con integrantes del Clúster de Empresas de Automoción de Galicia, Feijóo explicó que el plan de la Xunta, que entrará en vigor, busca "adaptarse" a la oferta de vehículos que se fabrican en Galicia, pero precisó que no va a haber "discriminación de marcas".

Para vehículos de menos de 10.000 euros las ayudas serán de 500 euros, y ascenderán a 700 euros para los valorados entre 10.000 y 27.000 euros. Por su parte, para los industriales ligeros, de hasta 3,5 toneladas, percibirán entre 1.000 y 1.500 euros. Estas ayudas suponen, según explicó Feijóo, para un turismo "un 40 por ciento más" que las ayudas del Gobierno central, y en el caso de los industriales, "se triplican". Podrán recibir las ayudas autónomos, pymes, y microempresas, dando prioridad a los sectores especialmente afectados por la crisis, como el textil, automoción, piedra ornamental y agroindustria. Los beneficiarios tienen que entregar los vehículos usados, con más de 10 años o más de 250.000 kilómetros.

Núñez Feijoo informó a representantes del Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA) de las aportaciones gallegas a la recuperación de este mercado, que el jefe del Gobierno autónomo dijo que eran un 40% superiores a las del Estado. El presidente gallego, que subrayó que se trataba de un plan «pensado para y por Galicia», informó de que la Xunta aportará, en el caso de los vehículos industriales ligeros, desde 700 euros a 1.500, en función de las circunstancias del comprador y las emisiones.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo presentou o Plan de reactivación do sector do automóbil, unha iniciativa, segundo avanzou, consensuada co sector e “pensada por e para Galicia, para reactivar o sector do automóbil e axudar simultaneamente aos sectores en crise”. O titular da Xunta adiantou que se trata dun Plan que supera o presentado polo Goberno de España, “é que supón un esforzo ata tres veces superior ao do Estado”.

Segundo explicou Alberto Núñez Feijóo o plan presentado pola Xunta prevé axudas que van desde os 500 ata os 1.500 euros no caso de vehículos industriais lixeiros que teñen un destino claro para os autónomos, microempresas e pemes dos sectores estratéxicos da nosa economía. “Pensamos que con isto cumprimos o compromiso de facer un plan por e para Galicia; o compromiso de axudar aos autónomos, ás microempresas e ás pemes en crise dos sectores estratéxicos da comunidade; e o compromiso de que os particulares, as persoas que queiran mercar o seu coche, teñan ata un 40 por cento máis de axudas que por parte do Estado”, afirmou.

“Superamos o plan do Goberno de España e enfocamos o plan cara ás empresas en crise en Galicia e cara á oferta de vehículos que se constrúen na comunidade porque entendemos que tamén é fundamental manter os 40.000 empregos do sector do automóbil. Por iso facemos un plan amoldado ás necesidades de Galicia”, insistiu Feijóo lembrando que esta mañá lle presentou os detalles desta iniciativa ao Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA), e que foi valorada “moi positivamente” por todos os sectores, tanto por PSA Citröen, como pola industria dos compoñentes e os concesionarios.

O presidente da Xunta resaltou que o Goberno que preside destinará un total de 6 millóns de euros para a posta en marcha desta iniciativa e animou a todos os potenciais compradores de vehículos a que o fagan “de xeito inmediato”. “Trátase de poñer 6 millóns de euros a disposición da reactivación do sector do automóbil sen poñer datas concretas porque ata que se esgoten os 6 millóns de euros temos este plan en vigor”, afirmou Feijóo insistindo en que o que teñen que facer os particulares, empresarios e pemes que queiran cambiar de automóbil o deben facer “canto antes para que se poidan acoller con seguridade a este plan”.

Na mesma liña, o máximo mandatario autonómico concretou que se trata dun plan de reactivación de compra do automóbil con axudas de 500 euros para o caso dos vehículos de particulares cun custe non superior aos 10.000 euros; de 700 euros para os que custan entre 10.000 e 27.000 euros, o que significa un 40 por cento máis que o Goberno central; e de entre 1.000 e 1.500 euros para os vehículos industriais lixeiros en función de se son para autónomos, microempresas ou pemes “que estean en crise e que sexan sectores especialmente coidados por parte da economía galega” como o téxtil, a automoción, a agroindustria, etc., é dicir, apuntou Feijóo, “tres veces máis que o Goberno central”.

Feijóo sinalou que desde hoxe mesmo estarán en vigor estas axudas autonómicas ás que, dixo, se poderán sumar as do Goberno central. “En Galicia, polo tanto, podemos chegar ata 3.000 euros de axuda entre as axudas dos fabricantes, do Estado e a importante axuda que hoxe pon a funcionar a Xunta”, aseverou ao respecto, indicando que “3.000 euros de axuda en vehículos industriais lixeiros dan unha idea moi clara da importancia que ten o sector do automóbil para Galicia”.

Segundo relatou Feijóo, o conselleiro de Economía e Industria dará conta mañá das características técnicas deste plan, que, dixo, a Xunta espera que teña unha boa acollida porque existen na comunidade preto de 500.000 vehículos de máis de 10 anos que poderían acceder ás axudas nel recollidas.

Así mesmo, o presidente galego precisou que os requisitos para acceder a esta orde de axudas serán os mesmos que os do Goberno central co obxectivo de “manter un mínimo de criterio común e non parcelar máis o mercado do automóbil nas comunidades autónomas”.
R.