Skip to main content

El presidente de la Xunta pide al ministro de Fomento que termine el AVE Vigo-Tui en 2013 cuando Portugal acabará el trazado desde Oporto

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aseguró que urgirá al ministro de Fomento, José Blanco, a "activar" el calendario del AVE entre Vigo y Tui para que este tramo pueda estar listo en 2013, año en el que el Gobierno de Portugal prevé tener finalizado el trazado de alta velocidad desde Oporto. Así lo anunció tras reunirse con el embajador de Portugal en España, Álvaro José de Mendonça e Moura, quien indicó al máximo mandatario gallego que la previsión de su Gobierno es finalizar el trazado portugués de la conexión de alta velocidad que unirá Vigo y Oporto en el año 2013.

"Si Portugal llega a Tui en 2013, nosotros tenemos que llegar", sentenció Feijóo al término de su encuentro con el embajador luso y prometió que aprovechará su próxima reunión con Blanco -aún sin fecha- para trasladar este mensaje al Gobierno central, debido a la "importancia" de la infraestructura. "Una vez que tenemos la autopista hasta Tui y desde Tui hasta el Algarve, nos falta el AVE con Oporto; ese es el objetivo", incidió para advertir, al tiempo, de que ponerse a la altura del Gobierno portugués y terminar el trazado español en 2013 supone la "obligación" de "activar" el calendario del tramo entre Vigo y Tui.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comprometeuse a “relanzar, modernizar e actualizar” a Eurorrexión Galicia Norte de Portugal, e anunciou a aprobación dun plan estratéxico que recolla as principais liñas de actuación para os vindeiros 4 anos. O mandatario galego explicou que este novo impulso á Eurorrexión se plasmará nunha reunión que se celebrará en Porto dentro dos primeiros 100 días do novo Goberno galego. “Esta reunión xa se está preparando”, adiantou Feijóo á saída da súa primeira xuntanza co embaixador de Portugal, Álvaro José de Mendonça e Moura, esta mañá no Pazo de Raxoi.

“Temos unha vella relación de confianza que hoxe queremos reiterar, consolidar e actualizar”, asegurou o presidente da Xunta. “Somos 6 millóns de persoas que vivimos conxuntamente, sen fronteiras”, engadiu Núñez Feijóo, quen aceptou e agradeceu a invitación feita polo embaixador para visitar Lisboa nos vindeiros meses.

A Eurocidade Chaves- Verín, un proxecto “de especial interese”
O máximo mandatario galego referiuse tamén á Eurocidade Chaves- Verín como un proxecto “de especial interese que imos coidar”. “Imos ver como se poden eliminar fronteiras, para que non existan fronteiras sanitarias, de educación ou de transporte”, asegurou o presidente da Xunta, quen cualificou esta iniciativa de “proxecto piloto” que se poderá estender máis adiante a outros concellos transfronteirizos.

Feijóo destacou a importancia de colaborar en materia de medio ambiente e de turismo e, nesta liña, salientou a recente declaración do parque de Xures- Gerês como Reserva da Biosfera. O máximo mandatario galego asegurou que, este recoñecemento, pode ser un reclamo turístico para atraer visitantes nesta época de dificultades e formulou, ademais, a importancia da posta en valor do Camiño de Santiago ao seu paso por Portugal, especialmente de cara ao próximo Xacobeo.

O presidente da Xunta destacou, por último, a obriga de activar o calendario do AVE entre Vigo e Tui para poder acadar o obxectivo de conectar Galicia e Portugal por Alta Velocidade no ano 2013. “O embaixador acaba de comentarme que o seu país está en condicións de ter a conexión lista nese ano e eu, por suposto, levarei esta información a reunión que vou manter co ministro de Fomento”, concluíu.
R.