Skip to main content

Reunión en Moncloa: Zapatero y Núñez Feijóo acuerdan plasmar en un documento escrito plazos concretos y financiación para el AVE en Galicia

El presidente del Gobierno, José Luis Rodríguez Zapatero, y el presidente de la Xunta de Galicia; Alberto Núñez Feijóo, han acordado en su primera reunión en la Moncloa alcanzar un pacto por escrito que concrete los plazos y presupuestos para la llegada del tren de alta velocidad a la comunidad, así como un protocolo de seguimiento de las infraestructuras.

Tras reunirse con Zapatero en el Palacio de La Moncloa, Feijóo aseguró que el jefe del Ejecutivo "ha admitido retrasos" e "incumplimientos" en la llegada de la alta velocidad a Galicia. "Esto obliga a todos a superar la asignatura que no hemos aprobado y convertir los incumplimientos en cumplimientos y las incertezas en plazos", subrayó antes de insistir en la importancia de concretar todos los detalles en un acuerdo por escrito.

Feijóo, que se mostró "muy esperanzado", apuntó así que a partir de ahora no se hablará de ninguna fecha concreta hasta que no esté fijada antes por escrito y explicó que las reclamaciones de la Xunta se basarán en "respeto y rigor" en lo técnico y "ambición" en lo económico. "No vamos a pedir cosas que no se pueden hacer, pero sí que se doten económicamente las cosas posibles", argumentó. Núñez Feijoo ha valorado el hecho de se haya conseguido el «compromiso firme» del presidente del Gobierno y el 24 de junio con el ministro de Fomento, José Blanco, se avanzará en los contenidos del acuerdo institucional. En este sentido, el Gobierno, en una nota de prensa, ha informado de que con este acuerdo institucional se da la «máxima prioridad» a la llegada del AVE a Galicia.

Sobre la admisión por parte de Zapatero de incumplimientos y retrasos, Núñez Feijoo ha dicho que este pacto nos obligará a «superar la asignatura que no hemos aprobado en la anterior legislatura, y convertir los incumplimientos en plazos». El presidente gallego ha añadido que ha obtenido de Zapatero garantías para reunirse con la totalidad de los ministros en los próximos 45 días, y cumplir así el compromiso de la Xunta de mantener contacto con todo el Ejecutivo en sus primeros cien días de Gobierno.

En la reunión también se abordó la crisis en el sector lácteo, el voto en urna de los emigrantes, la aplicación de la Ley de la Dependencia y la situación que atraviesan los astilleros. El presidente de la Xunta ha añadido que también ha obtenido del presidente del Gobierno garantías para reunirse con la totalidad de los ministros en los próximos 45 días, para cumplir el compromiso de que la Xunta, en sus primeros cien días de Gobierno, ha tenido contacto con todo el Ejecutivo.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, acordou co xefe do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, establecer un pacto institucional “ao máis alto nivel” que fixe prazos “realistas e ambiciosos” para o desenvolvemento das infraestruturas galegas e a chegada da alta velocidade a Galicia; un acordo similar ao que fixaron os Gobernos de Manuel Fraga e Felipe González para as autovías. Así, na súa primeira visita institucional á Moncloa, Feijóo demandou que unha vez recoñecidos os incumprimentos nos prazos e a imposibilidade de que o AVE chegue á nosa comunidade en 2012, se estableza un novo horizonte “realista e ambicioso” para a posta en servizo do tren de alta velocidade e as autovías pendentes en Galicia.

Na xuntanza, ambos mandatarios coincidiron na necesidade de levar a cabo, de xeito inmediato, a constitución da Subcomisión de Seguimento das Infraestruturas, avalada polo Congreso dos Deputados e pendente de constituírse desde hai máis dun ano, co fin de traballar, “desde xa”, na confección dos próximos orzamentos, “que deberán reflectir este cambio de actitude ao que se ten comprometido o Goberno”, apuntou Feijóo. “É o noso futuro o que está en xogo”, recalcou, confiado en que na etapa que hoxe se abre Xunta e Goberno central obteñan “os mellores resultados da nosa colaboración leal”.

Este compromiso coas infraestruturas foi unha das demandas que Feijóo trasladou a Rodríguez Zapatero nun dossier que lle entregou, con quince apartados, un por cada ministerio implicado, no que se recollen “os 61 asuntos pendentes que entendemos que o Goberno debe impulsar nos vindeiros meses”, e que a Xunta ten intención de abordar directamente cos ministros nos 100 primeiros días de Goberno, en xuntanzas nas que participará en ocasións o propio Feijóo e no resto, os conselleiros.

Así, o Presidente da Xunta valorou que a súa postura na reunión non foi pedir novos compromisos, senón pedir que se cumpriran os vellos compromisos incumpridos: “O novo é que se cumpra o vello incumprido”, dixo; ao tempo que lle pediu ao Presidente do Goberno que mirara cara ao mapa de España e fora consciente na súa acción de Goberno que hai moitas cousas que non hai en Galicia e si no resto de España.
O mesmo peso para Galicia no financiamento autonómico
No que respecta ao financiamento autonómico, o presidente da Xunta trasladoulle a Rodríguez Zapatero a posición de Galicia neste aspecto, baseada no feito de que a comunidade non perda peso. “Galicia non quere máis para si. A nosa postura se basea en que os galegos poidan recibir o mesmo, non en cartos, senón en calidade de servizos”, incidiu Feijóo. Non obstante, o presidente galego sinalou que “aínda queda moito traballo por facer” antes de cerrar un novo modelo de financiamento autonómico.

Así, Feijóo avogou por “non dar pasos en falso” e incrementar o financiamento das comunidades autónomas conforme ás dispoñibilidades anunciadas polo Goberno, ao mesmo tempo que avanzar na consecución dun novo modelo de financiamento, de forma “sosegada e rigorosa”. Neste contexto, Feijóo celebrou o compromiso do Goberno de incluír un fondo para aquelas comunidades cuxa poboación creza por debaixo da media, fondo que no caso de Galicia sumaríase ao de poboación cunha media de idade elevada.

Así mesmo, e sobre o desenvolvemento da Lei da dependencia, Feijóo trasladoulle ao presidente do Goberno que “Galicia necesita máis financiamento do Estado para facer fronte ás obrigas que nos impón a Lei da dependencia”. Nesa liña, incidiu na necesidade de axustar o financiamento ás circunstancias reais e ao custo efectivo dos servizos, que en Galicia “resulta ser moi superior ao da maioría das Comunidades Autónomas” dado o elevado índice de poboación envellecida, a alta dispersión e a singular orografía.

“Todos temos que facer un esforzo para garantir que os dependentes reciben a atención e as axudas ás que teñen dereito”, afirmou antes de lembrar que “a Xunta se implicará moi seriamente neste asunto” destinando unha parte importante dos 144 millóns de aforro do Plan de austeridade a ese fin.

Por outra banda, e dentro dos temas cualificados como “urxentes” na reunión, Alberto Núñez Feijóo explicou a necesidade de adoptar medidas extraordinarias de apoio ao sector lácteo, especialmente mediante a defensa dos seus intereses ante a Unión Europea. Así, reclamoulle ao Goberno que “se implique ao máximo” na resolución desta crise, para o que será necesario que o sector lácteo sexa “priorizado” no reparto dos fondos adicionais da PAC e que se impulse a Interprofesional do Sector Lácteo (INLAC) como “instrumento de ordenación dos mercados”, un organismo cuxa sede reivindicou para Galicia como principal zona produtora.

Núñez Feijóo lembrou que en Galicia están en xogo máis de 40.000 empregos e apelou a prantexar a crise do sector lácteo como un problema “de conxunto”. Por iso, demandou que o Executivo español defenda en Bruxelas o aumento dos prezos de intervención do leite ou, polo menos, que se creen “medidas adicionais de apoio aos gandeiros” en situacións excepcionais como a actual.

Defensa da construción naval en Fene e desbloqueo do voto emigrante
Alberto Núñez Feijóo trasladou a necesidade de impulsar “en serio” as negociacións ante a UE para “levantar o veto á construción naval civil na ría de Ferrol”, unha oportunidade para crear emprego que permitirá aproveitar os 800.000 metros cadrados actualmente en desuso no estaleiro de Fene, cumprindo ademais cunha “reclamación unánime de todos os axentes sociais e económicos” e de todas as forzas políticas galegas. O presidente da Xunta lembroulle ao xefe do Executivo as súas afirmacións do Debate sobre o Estado da Nación, en que mostrou a súa disposición a “volcar todos os seus esforzos para buscar unha pronta solución”.

A entrevista desta mañá serviulle tamén a Feijóo para reivindicar ante o Goberno de España “a necesidade de que se desbloquee a reforma do voto emigrante”, para superar o “anacronismo democrático” e que todos os cidadáns voten coas mesmas garantías. O presidente da Xunta lembroulle a Zapatero o “apoio unánime” con que esta reforma conta en Galicia, e reclamoulle que se comprometa a facela efectiva “pola dignidade do noso sistema e pola propia dignidade dos emigrantes”.

Feijóo agradeceu a actitude de “respaldo e apoio” do Goberno ao Xacobeo 2010 e apuntou que a coincidencia do Xacobeo coa presidencia española da Unión Europea no primeiro trimestre do ano “abre un amplo campo de posibilidades”. Entre elas, o presidente da Xunta apuntou a posibilidade de organizar en Galicia algún Consello da UE ou a celebración dun cumio de xefes de Estado Iberoamericanos.

No que respecta á Cidade da Cultura, o presidente galego lle explicou a Rodríguez Zapatero a vontade da Xunta de acentuar a dimensión internacional deste proxecto e lembrou o compromiso adquirido no seu día polo Goberno central de considerar á Cidade da Cultura como “proxecto de Estado”. Por iso, explicou Feijóo, “trasladeille ao presidente a necesidade de que o Goberno amose o seu apoio ao proxecto a través dos orzamentos”, algo que non ten ocorrido ata agora. O titular da Xunta explicou, a modo orientativo, que esta contribución do Estado podería fixarse nunha terceira parte do custo total do proxecto.

O titular da Xunta trasladou a necesidade de impulsar os trámites para concretar o traspaso de transferencias sobre as que xa existe un acordo político (arquivos e bibliotecas, museos, saldo da débeda de superficie –bastante avanzadas-, ou Inspección de Traballo –en fase inicial-); e de iniciar negociacións co Goberno central para estudar a transferencia doutras competencias como: portos de interese xeral, ordenación do sector pesqueiro, investigación oceanográfica, expedición de titulacións e tarxetas de identidade acreditativas das titulacións profesionais náutico-pesqueiras, a inspección e vixilancia pesqueira e inspección en materia de seguridade a bordo, meteoroloxía, a transferencia da AP-9 e AP-53 ou a encomenda da xestión do dominio público marítimo-terrestre.

Nas súas declaracións, Alberto Núñez Feijóo referiuse á súa conversa con Rodríguez Zapatero sobre os asuntos que a Xunta de Galicia e o Goberno de España manteñen abertos no Constitucional, onde se tramitan dous recursos, un contra determinados artigos da Lei de dereito civil en Galicia e outro, máis recente, contra a Lei de vivenda de Galicia, no relativo á aplicación aos solos do núcleo rural galegos da redución da servidume de protección de costas. Nese sentido o presidente da Xunta fíxolle saber ao xefe do Executivo “a especial importancia e incidencia social” deste último asunto que afecta directamente á legalidade de numerosas vivendas de núcleos costeiros de Galicia.
R.