Skip to main content

Feijóo confirma en su primera visita institucional a Vigo que la principal inversión de la Xunta será la licitación del nuevo hospital

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, se entrevistó con el alcalde de Vigo, Abel Caballero, en la primera reunión que tuvo con este regidor desde que accedió a la jefatura del Ejecutivo autonómico. Según confirmaron fuentes de Presidencia de la Xunta y de la propia Alcaldía de Vigo, el encuentro tuvo lugar dentro de la ronda de contactos que Núñez Feijóo está manteniendo con los alcaldes de las grandes ciudades de Galicia.

El regidor de la ciudad olívica confirmó que, entre las cuestiones que trató con el presidente gallego, están los grandes proyectos de Vigo que dependen de la Xunta, como la nueva depuradora, el cuarto hospital o la Ciudad del Mar. También presentó una propuesta para iniciar "de forma inmediata" la tramitación de una "ley singular" de área metropolitana para Vigo.

El alcalde de Vigo, Abel Caballero, calificó su entrevista con el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo de "esperanzadora" al tiempo que señaló que se trata del "punto de partida" en la "hoja de ruta" de importantes proyectos de la ciudad. Tras el encuentro, el regidor afirmó que la conversación con el presidente gallego se produjo desde la "lealtad institucional" y reconoció tener "las mejores perspectivas" para la colaboración entre ambas Administraciones. Asimismo, recordó la situación de crisis que afecta a la economía viguesa y apuntó que la recuperación de esa economía es una "ambición conjunta" de Xunta y Ayuntamiento olívico.

Sobre proyectos concretos, Caballero mostró su "optimismo" con respecto a la construcción del nuevo hospital, para el que hay "un horizonte esperanzador", con el compromiso autonómico de licitar obra y proyecto antes de que acabe el año. "Está bien planteada la hoja de ruta", aseveró el alcalde de Vigo. Del mismo modo, el regidor se refirió a la necesidad de impulsar también la depuradora y una "ley singular" para el área metropolitana. Con respecto a ésto último, se declaró "convencido" de que se podrá avanzar en la creación de esa norma. "Lo más relevante -de la reunión- es el diálogo y la mano tendida, y espero que esta entrevista sea un primer punto de partida", concluyó Caballero.

Mucho más críticos se mostraron los socios de gobierno de Caballero. Así, el teniente de alcalde nacionalista, Santiago Domínguez, criticó la falta de concreción en las palabras del presidente Feijóo, a quien acusó de haber manifestado "voluntad política y poco más". En lo que respecta a la construcción del hospital, el BNG trasladó a Feijóo su deseo de que ese proyecto sea una "prioridad", aunque dijo echar en falta mayor concreción sobre su financiación. En ese sentido, recordó que el grupo nacionalista no va a renunciar a que sea un "hospital público". Domínguez instó a la Xunta a que busque la financiación necesaria para la depuradora, al igual que se hace con el hospital. También pidió al Gobierno gallego que propicie acuerdos con otras administraciones para ese proyecto, y puso como ejemplo la "foto" que Feijóo y el ministro de Fomento, José Blanco, se hicieron en Santiago.

En cuanto al área metropolitana, el teniente de alcalde aplaudió que se inicie la tramitación de la ley "con el trabajo ya hecho", es decir, con el consenso de los 14 Ayuntamientos que inicialmente ya se habían incluido, aunque precisó que la Xunta deberá aclarar cuál es la capacidad jurídica de esa área y el papel que jugará la Diputación de Pontevedra. Domínguez manifestó otras peticiones a Feijóo, como la necesidad de seguir apostando por el Casco Vello -asunto en el que el presidente "se mostró esquivo"- o por el mantenimiento de la red de servicios sociales.

Núñez Feijóo fue recibido por el alcalde y los miembros de la Corporación a su llegada al consistorio vigués y, posteriormente, mantuvo un encuentro con los portavoces de los grupos municipales, acompañado de la delegada territorial de la Xunta, Lucía Molares. Después, tras firmar en el Libro de Oro de la ciudad, se reunió con el alcalde, Abel Caballero.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a licitación conxunta do proxecto e obra do novo hospital de Vigo, por valor de 300 millóns de euros, antes de que remate o ano. Será, segundo destacou o presidente galego, “o investimento máis da importante en 2009, 300 millóns de euros para reequilibrar as necesidades dunha área sanitaria que atende a máis de 650.000 persoas”.

Núñez Feijóo, quen realizou unha visita institucional ao Concello de Vigo, asegurou, ademais, que o Goberno que preside actuará non só na “última porta do sistema”, o hospital, senón tamén “na porta de entrada”, os centros de saúde. Así, adiantou que despois do verán comezarán as obras do centro de San Paio de Navia, no que se investirán 3,3 millóns de euros; que a reforma do centro de saúde de Lavadores será adxudicada nas próximas semanas; e que o Goberno galego está a elaborar o proxecto do novo centro de saúde de Bouzas. “Prevemos un investimento total de 5 millóns de euros”, explicou.

Na súa comparecencia ante os medios, Feijóo amosou a vontade da Xunta de retomar o proxecto de área metropolitana de Vigo: “imos ver se somos capaces de facer un Vigo máis grande, de sumar poboación”. Nesta liña, o xefe do Executivo galego subliñou que “se os concellos queren, a Xunta quere” e remarcou a necesidade de reactivar o consenso co que en 1999 catorce concellos asinaron a Declaración de Soutomaior. “A Xunta será fiel a respectar a vontade dos concellos e a darlle corpo legal ao que decidan”, incidiu Feijóo aseverando que “o faremos con total respecto á autonomía local”.

O presidente galego afirmou que o importante é que a área metropolitana para Vigo se poña xa en marcha “porque levamos dez anos con este proxecto”. “A área metropolitana non será a solución a todos os problemas –matizou-, pero si unha ferramenta moi útil para o desenvolvemento dos concellos”.

Núñez Feijóo explicou que outro dos temas abordados na súa xuntanza cos voceiros dos grupos municipais e co alcalde de Vigo foi o obxectivo “irrenunciable” da Xunta de limpar a ría. “Hai que facelo e facelo con rigor. A Xunta está en disposición de facer todo para desatascar ese proxecto” sinalou, incidindo en que “se onte fomos capaces de desbloquear o investimento de máis de 4.600 millóns de euros, tamén poderemos desbloquear máis de 200”, dixo en referencia ao protocolo asinado co ministro de Fomento para o desenvolvemento do tren de Alta Velocidade.

Nesta liña, o presidente autonómico afirmou que a Xunta asume o seu compromiso na posta en marcha da depuradora e que aposta por manter as porcentaxes de financiamento, pero apelou á colaboración entre administracións para atopar financiamento coa maior brevidade posible neste momento de crise económica.

A primeira preocupación da Xunta, o mantemento do tecido produtivo
O mandatario autonómico destacou, ademais, o papel de Vigo como a cidade máis industrial de Galicia, un dos seus pulmóns económicos, e a que conta con máis poboación. “O crecemento e tamén a crise en Vigo repercute en toda a Comunidade Autónoma e por iso a primeira preocupación do Goberno é o mantemento do tecido produtivo, industrial e económico de Vigo e a súa comarca”, sinalou Feijóo, quen destacou a necesidade de pechar filas ante un outono que se prevé difícil.

Nese sentido, o presidente da Xunta remarcou a disposición do Executivo que preside a axudar a solucionar os problemas de Vigo e, en especial, dos sectores da automoción e do naval. “Espero e desexo que Vigo non volva ser noticia por un conflito excesivo que non soubemos xestionar”, aseverou Feijóo, quen insistiu na necesidade de manter unha relación de lealdade entre Xunta e Concello.

Na súa intervención, o titular do Goberno galego salientou que onte mesmo a Consellería de Cultura e Turismo tomou a decisión de incluír o Camiño Portugués pola costa como un dos Camiños de Santiago. Neste sentido, Feijóo explicou que A Guarda, Oia, Nigrán, Baiona, Vigo e Redondela pasarán a formar parte, por primeira vez, dun Camiño de Santiago recoñecido. “Vigo non podía quedar fóra do Xacobeo 2010”, remarcou o presidente galego, lembrando que ata o de agora a cidade olívica era a única de Galicia pola que non pasaba ningún Camiño de Santiago.

O mandatario autonómico amosou tamén a súa satisfacción por ver postos en marcha dous proxectos que empezou sendo conselleiro de Política Territorial: a rehabilitación do casco vello de Vigo e a construción do auditorio.

Por último, o presidente da Xunta destacou que coa visita a Vigo desta mañá cumpre co seu compromiso de percorrer, durante os seus primeiros 100 días de mandato, as sete cidades galegas. “Pero non é unha colección de fotos, senón outra forma de facer política, de tentar gobernar doutro xeito”, concluíu.
R.