Skip to main content

La inversión del Estado se reduce un 5,2% en Galicia, según los Presupuestos Generales presentados

La inversión del Estado, que agrupa las partidas de los organismos autónomos, la Seguridad Social, las agencias estatales y otros organismos públicos, descenderá en el 2010 en trece comunidades autónomas. En Galicia el descenso será del 5,28%, al pasar la inversión estatal de los 2.114,43 millones de euros de este año a los 2.004,72 presupuestados para el 2010. Según el proyecto de Presupuestos Generales del Estado presentado, las inversiones totales se cifrarán en 23.652,61 millones de euros, un 5,45% menos que en el ejercicio anterior.

Los mayores descensos corresponden a Baleares (-24,61 por ciento) y Aragón (-11,42). Además, la inversión estatal cae más en la Comunidad Valenciana (-9,27%), Asturias (-9,21), Cantabria (-8,24), Murcia (-8,21), Madrid (-5,84) y Andalucía (-5,81), todas ellas con bajadas por encima de la media nacional, además de la ciudad autónoma de Melilla con -32,41%.

Por el contrario, las inversiones del Estado aumentarán en La Rioja (15,53%), Extremadura (6,19), Navarra (1,93) y País Vasco (0,89), además de Ceuta con 27,32 por ciento.

El total de la inversión territorializada se obtiene de sumar el presupuesto estimativo de las partidas de Puertos, AENA, Adif y Sociedad Estatal de Infraestructuras de Transporte Terrestre, y otras entidades al presupuesto limitativo (Estado, Organismos Autónomos, Seguridad Social, y otros organismos públicos).

El texto del proyecto de ley advierte de que la contribución del sector público estatal a la «formación de capital» en cada territorio es más amplia y recuerda que los datos no reflejan, por ejemplo, convenios de carreteras, transporte urbano, incentivos regionales o el tratamiento fiscal diferenciado de determinadas comunidades. Por ello, el Ejecutivo precisa que la interpretación de la información estadística debe realizarse «con enorme cautela».

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O deputado popular e coordinador dos parlamentarios galegos no Congreso, Celso Delgado, valora negativamente os Presupostos Xerais de 2010 que se asignan a Galicia posto que supoñen unha rebaixa da inversión na nosa comunidade con respecto aos Presupostos deste ano e ademais aumentan as cargas fiscais aos galegos.

Delgado lamentou profundamente que a asignación de fondos para investir na nosa comunidade no ano 2010 non medren nin se manteñan iguais aos deste ano, senón que se reducen de 2.145 milóns a 2.004.

Por iso, os deputados populares galegos no Congreso calificáronos de “malos para os galegos”, e, especialmente para os que menos teñen, posto que, aparte de ser máis reducidos, tamén aumentan as cargas fiscais sobre o consumo, o que implica que os cidadáns terán que aboar como mínimo 600 euros anuais en concepto de impostos.

Así mesmo, Delgado critica que a cantidade asignada a Galicia non compense aos galegos pola inexecución á que o Goberno central a someteu desde que Zapatero é presidente, é dicir, desde os últimos cinco anos, e que ascende a case 4.000 millóns de euros que poderían ter desbloqueado moitos proxectos clave para o desenvolvemento de Galicia. O popular engadiu que encima aínda hai que pensar que parte do diñeiro que se asignou este ano correrá a mesma sorte se continúa a dinámica dos últimos anos e quedará novamente sen gastarse.

Para Delgado, é o colmo que Zapatero lles volva a fallar aos galegos castigándoos con outra mala noticia en menos de catro meses. Trátase doutro varapao que se lle suma ao da deficiente financiación autonómica que Galicia recibirá do Estado e á débeda de 1.900 millóns que agora o Goberno central lle reclama aos galegos por culpa da falta de previsión e de atino do equipo de Zapatero nas estimacións presupostarias pasadas.

Galicia volve a saír perdendo cando é unha das comunidades autónomas que máis necesita dos fondos do Estado. A estas alturas, Delgado só agarda que a insufiente asignación de fondos para Galicia para o vindeiro ano se execute íntegramente e non se desvíen eses fondos a financiar infraestruturas en comunidades que non o necesitan só por ser da mesma cor política que o Goberno central.

Os deputados galegos no PPdeG no Congreso pedirán explicacións ao Goberno sobre o contido e alcance de cada unha das partidas presupostarias, no trámite de comparecencias que iniciaranse próximamente, para traballar próximamente na redacción e presentación de enmendas.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:

O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, afirmou que “de non se producir cambios significativos no proxecto de Orzamentos para o vindeiro 2010, o BNG votará en contra”. O deputado do BNG realizaba esta primeira avaliación das contas do Estado despois que a Ministra de Economía entregase os Orzamentos Xerais do Estado para o vindeiro ano no Congreso dos Deputados.

En primeiro termo, Jorquera explicou que “a estrutura xeral destes Orzamentos tamén afecta especificamente a Galiza como os cambios introducidos polo Goberno en materia fiscal. Os galegos e as galegas tamén pagaremos máis IVE, as rendas medias e baixas padecerán unha maior carga fiscal, e non as rendas altas como propoñía o BNG”.

O parlamentar nacionalista subliñou que o “BNG vai avaliar a estrutura final resultante dos Orzamentos para adoptar unha posición final porque a día de hoxe votaríamos en contra, a menos que se produzan cambios significativos”.

En segundo lugar, o portavoz do BNG no Congreso fixo referencia aos investimentos do Estado para Galiza neste proxecto. Jorquera salientou o feito de que por primeira vez “en moitos anos, prodúcese un descenso nos investimentos para o noso territorio. Contémplase un orzamento total de aproximadamente 2.000 millóns de euros, o que supón uns 113 millóns de euros menos que no exercicio anterior”. Afirmou que se trata dun descenso “moi negativo para o noso pais” e remarcou que se debe ter en conta que “por CC.AA, Galiza é a sexta en recepción de investimentos cando somos a quinta Comunidade por poboación”. Neste sentido, falou “dun trato insatisfactorio para o noso pais”.

En alusión concreta á cuestión do ferrocarril, o parlamentar do BNG sinalou que “só hai unha partida de 40 millóns de euros para o Lubián-Ourense e se deriva o groso do orzamento para vindeiros exercicios. Desde logo, non se corresponde coa promesa de millóns feita por Fomento”. Respeito ao Eixo Atlántico, puxo de manifesto que o Ferrol-A Coruña segue a ter cantidades menores para estudos, igual que o Vigo-Tui. “Con estes orzamentos no tema ferroviario, Galiza arríscase a non dispór do AVE até un horizonte indefinido”, indicou. Tamén criticou os escasos investimentos para a modernización da rede interior.

Fotografía: archivo GD.
R.