Skip to main content

El portugués Miguel Von Hafe dará un enfoque más expositivo al CGAC que sufrirá una reformulación jurídica

El portugués Miguel Von Hafe Pérez, nombrado por el patronato del Centro Galego de Arte Contemporánea como su nuevo director, inicia su andadura en la institución con un programa que pretende dar más peso a la parte "expositiva" y "museística" del CGAC, que sufrirá además una "reformulación" para "dotarlo de personalidad jurídica". Así lo anunció el conselleiro de Cultura, Roberto Varela, quien presentó el nombre del nuevo director del CGAC, elegido a través de un concurso público internacional y ratificado por unanimidad por el Patronato el pasado viernes.

Roberto Varela incidió en la necesidad de que el proyecto de Von Haffe convierta al CGAG en "un centro de arte de referencia con perspectiva atlántica" y que lo "integre en la sociedad gallega" para "aumentar el número de visitantes". Además, anunció que el centro sufrirá una "reformulación jurídica" para convertirse en un "organismo autónomo administrativo" o "una fundación pública" con el objetivo de que goce de "mayor autonomía" de gestión.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Cultura e Turismo de la Xunta de Galicia:

O Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea deu traslado ao conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, do nome do candidato Miguel von Hafe Pérez para o seu nomeamento como novo director do CGAC para os próximos cinco anos. O candidato foi escollido polo Comité de Expertos que avaliou os méritos dos 15 candidatos/as do concurso internacional para cubrir dito posto tras a súa reunión do pasado venres 26.

Tras a reunión do Padroado do CGAC, o seu presidente Vicente Arias e o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, compareceron para anunciar o nomeamento do novo director do CGAC. O conselleiro Roberto Varela agradeceu ao Comité de Expertos o seu excelente traballo e resaltou a “altísima categoría” dos seu compoñentes. O titular de Cultura e Turismo resaltou o “gran coñecemento da realidade galega do novo director” e recordou que Miguel von Hafe participou en diversos proxectos en Galicia, entre eles o comisionado dunha das Bienais de Pontevedra.

O proxecto de Miguel von Hafe presenta unha nova proxección para o CGAC, “coa idea de converter este museo nun espazo museístico, mais que nunha produción artística”, segundo o conselleiro. Nesto sentido, Roberto Varela avanzou que se reunirá proximamente co novo director para analizar o futuro e os obxectivos do CGAC, entre eles, “ter moi en conta a cidade de Santiago e as súas características, o propósito de aumentar as visitas ao centro, traballar con artistas consagrados e vincularse coa cidadanía”. “É unha prioridade converter o CGAC nun referente internacional a vez que integralo dentro da sociedade galega”, engadiu. Roberto Varela subliñou a longa traxectoria de de Miguel von Hafe Pérez como “profesional no comisionado de exposicións e como docente en materias de arte e imaxe”.

Pola súa parte o presidente do Padroado do CGAC, Vicente Arias, destacou a elección do director como unha decisión tomada por unanimidade do Padroado, e cualificou o proxecto que presentou Miguel von Hafe como “equilibrado e atractivo”, onde se ve que o candidato “coñece moi ben a realidade do museo e de Galicia”. Vicente Arias, tamén afirmou que “o CGAC como edificio é un museo en si mesmo, que está moi ben adaptado a área, e debemos recuperar o centro como museo de arte galega e aberto á experimentación a súa vez”.

Esta é a primeira vez nos dezaseis anos de funcionamento do CGAC que se escolle a mediante un concurso internacional ao seu director. Este procedemento estableceuse en base ao Documento Cero de boas prácticas na xestión dos museos e centros de arte co único propósito de garantir a transparencia, a obxectividade e poñer o museo o servizo á sociedade.

Para a Consellería de Cultura e Turismo, o CGAC debe sustentarse sobre un proxecto cultural ben definido que procure o máximo consenso posible entre os expertos e interlocutores do mundo da arte e que relacione o proxecto artístico co esforzo económico esixido, tanto de construción ou rehabilitación do edificio, adquisicións, programas e persoal. Con esta premisa, pretendemos mellorar a imaxe pública do Museo, facer del un centro que achegue o arte moderno a tódolos galegos e que sexa cita obrigada para os visitantes de Santiago de Compostela por albergar programación de incuestionable calidade a nivel internacional.

O Comité de Expertos estivo presidido por Manuel Borja-Villel, director do Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía, e composto por outros sete profesionais: Iñaki Martínez, director do Museo MARCO de Vigo, Simón Marchant Fiz, catedrático de Estética na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, Rosina Gómez Baeza, directora do Centro de Arte e Creación Industrial Laboral de Xixón, Joao Fernández, director da Fundación Serralbes de Porto, Chus Martínez, conservadora xefe do Museo de Arte Contemporáneo de Barcelona, Rafael Doctor, ex-director do Museo de Arte Contemporáneo de Castela e León e Lourdes Fernández, directora de ARCO. Os compoñentes de este xurando xa lle manifestaran o conselleiro Roberto Varela o pasado sábado 26, na súa visita á Cidade da Cultura, o seu desexo de participar, colaborar e axudar no funcionamento do CGAC na súa nova etapa.

Doutra banda, Roberto Varela anunciou que se abre “unha nova etapa tamén no estatuto xurídico do CGAC”. Neste sentido, avanzou o inicio dos trámites para o cambio do seu réxime xurídico de cara a alcanzar “unha maior flexibilidade” como organismo autónomo da administración ou como fundación de caracter público e con titularidade da Xunta de Galicia. O conselleiro de Cultura e Turismo apostou porque o CGAC teña un modelo propio e aproveitar as vantaxes dun novo estatuto.

Neste sentido, falou da “necesidade deste cambio para garantir a modernización do centro, poder traballar con máis eficiencia e dotar de máis autonomía ao museo”. “Con esta nova orientación felicitarase que o centro teña maior flexibilidade para recibir doazóns e patrocinio de entidades externas”, explicou. Esta decisión consultarase co novo director, para escoller a opción máis adecuada ás necesidades do CGAC.

Miguel von Hafe Pérez, de 42 anos e nacionalidade portuguesa, conta cunha larga traxectoria profesional no comisionado de exposicións e como docente en materias de arte e imaxe.

Licenciado en Historia na especialidade de Arte pola Universidade de Porto, iniciou a súa actividade profesional no Servizo Educativo da Fundación de Serralves en papel de coordinador e continuou cunha labor docente en diferentes materias do ámbito. Desde 1992 traballa ao longo da xeografía portuguesa e española e incluso brasileira como comisario en máis de medio centenar de exposicións e mostras chegadas da man de grandes artistas como Famalicão, Luís Palma, Andy Warhol, William Wegman, Luís Campos, João Tabarra, Christiane Erharter, Francisco Queirós, Lívia Flores, Costa Vece, Vanessa Jane Phaff, Graham Gussin, Filipa César, Helena Almeida, Maria Nordman, Cabelo, Runa Islam ou Antoni Abad. Todas elas localizadas en marcos de renome como o Goethe Institut (Porto), o Auditorio de Galicia, a Capela da Gandarinha (Cascais), o Palacio de Exposiciones e Congresos de Pontevedra, a Galeria Pedro Oliveira (Porto) ou a Feria Arco (Madrid).

Nestes anos, e ao marxe da súa densa labor como comisario, dirixe a Fundación Cupertino de Miranda en Vila Nova de Famalicão (1995/1998), é responsable da programación de Artes Plásticas da Fundación Ciencia e Desenvolvemento / Teatro de Campo Alegre e do proxecto Anamnese – o site e o livro (2003) para a Fundación Ilídio Pinho cun catálogo de mais de 400 obras e é responsable tamén da área de Artes Plásticas e Arquitectura de Porto 2001, Capital Europea de Cultura (1999-2001), presentando unha programación de máis de vinte exposicións.

No tocante aos seus traballos de creación, editou xunto con Luís Palma as “Confidências para o exilio” (1994-1998), publicación dedicada ao arte e a teoría da arte e crea en 2007 o seu libro “Propostas da arte portuguesa: posição 2007” editado polo Museo de Serralves e o periódico Público. Dende 2003 traballa como correspondente da revista austríaca Springerin.

Dende 1997 ata o día de hoxe desenvolve unha actividade profesional como docente en diferentes disciplinas do ámbito do arte e responsable de materias de másteres e pos-graos, primeiro na ESAP de Gimaraes e posteriormente, no Curso Superior de Debuxo da ESAP / Extensión de Guimarães, na Escola Superior Artística da Universidade Católica Portuguesa – Centro Rexional do Porto e na Facultade de Belas Artes da Universidade de Oporto.

Dada a súa relevancia no panorama cultural e artístico ibérico e incluso europeo, formou parte de numerosos xulgados de selección de diversos premios e nomeamentos como o Premio Amadeo de Souza Cardoso do Museo Amarente en 2001 e 2007, o Concurso de Apoios Puntuais do Instituto das Artes/Ministerio de Cultura en 2003, o Bes Photo en 2004 e 2008, o Premio União Latina de Lisboa en 2007 e o EDP Novos Artistas en 2009, ano no que participou como membro activo da sección portuguesa da Asociación Internacional de Críticos de Arte/AICA e do Consello Editorial da Editora da Universidade de Oporto.
R.